Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33512

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (575/2019).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 575/2019

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 13/2018 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Vicente Prieto García

Avogado: Jaime Bouza Bouzamayor

Procurador: Alejandro Reyes Paz

Recurridos: Instituto Nacional de la Seguridad Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Herbrey, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 575/2019-BPB desta sección, seguidos por instancia de Vicente Prieto García contra a empresa Herbrey, S.L. e outros, sobre incidentes de execución, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo executante Vicente Prieto Barcia contra o auto con data do 18 de setembro de 2018, desestimatorio á súa vez do recurso de reposición interposto contra o auto do 7 de marzo anterior, ditados ambos os dous polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, no presente incidente de execución tramitado por instancia do dito recorrente fronte á Mutua Galega de Accidentes de Traballo, debemos confirmar e confirmamos a referida resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aos cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza, de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social ante esta sala. E unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Herbrey, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza