Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 24 de xuño de 2019 polo que se fai pública a resolución da concesión dunha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

En cumprimento do establecido na base décimo terceira da Resolución do 15 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), faise pública a Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se concede unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade:

Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se adxudica a bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade (PR770P):

1. A Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) convocou mediante a Resolución do 15.2.2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo) unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

2. Mediante a Resolución da directora da EGAP do 23.5.2019 nomeáronse as persoas integrantes da comisión de avaliación.

3. Terminado o prazo de presentación de instancias e emendadas as deficiencias observadas na documentación achegada polas persoas solicitantes, a dita comisión reuniuse para avaliar os seus méritos.

Logo de ser realizada a dita avaliación, publicouse na web da EGAP https://egap.xunta.gal e no seu taboleiro de anuncios a listaxe provisional de posibles bolseiros/as coas puntuacións obtidas.

4. O día 10.6.2019, a comisión de avaliación entrevistou aquelas persoas candidatas que acadaron a puntuación mínima establecida na avaliación de méritos e que se presentan á entrevista.

Como consecuencia das ditas entrevistas, con esa mesma data, a comisión elevou á directora da EGAP unha proposta de concesión para a designación de Ángela Fernández da Silva como titular da bolsa.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle á directora da EGAP, segundo o establecido na base décimo terceira da convocatoria.

Esta competencia atópase delegada no secretario xeral da EGAP en virtude do disposto polo punto primeiro, letra i), da Resolución do director da EGAP do 17 de decembro de 2007.

Segunda. De acordo co establecido na base décimo segunda da convocatoria, a comisión de avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista das persoas candidatas, e concluíu que a persoa con maior puntuación e que, polo tanto, debería de ser a titular da bolsa é Ángela Fernández da Silva, que obtivo un total de 23,59 puntos.

Esta conclusión foi recollida na proposta que se elevou á directora da EGAP de conformidade co exixido pola dita base.

Polo exposto e examinada a proposta da comisión de avaliación para a súa adxudicación,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar a bolsa de referencia a Ángela Fernández da Silva, NIF 39454798T, por ser a candidata a que lle corresponde por orde de puntuación. As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na EGAP e finalizarán o 31 de decembro de 2019.

Segundo. Lembrar á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, unha vez recibida a notificación desta resolución de concesión da bolsa, disporá dun prazo de dez días para comunicar á EGAP a súa aceptación ou renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa pola súa parte, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Lembrar á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, no prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, deberá incorporarse ao desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que a beneficiaria non se incorporase neste prazo, ou que renunciase expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da dita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a), 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2 de xaneiro de 2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública