Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 21 de xuño de 2019 polo que se fai pública a resolución da concesión dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2018 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2019. Corrección de erros DOG núm. 19, do 28 de xaneiro) convocouse unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

En cumprimento do establecido na base décimo segunda da dita Resolución do 26 de decembro de 2018, a Comisión de Avaliación elaborou unha listaxe de suplentes por orde decrecente de puntuación que sería operativa, entre outros casos, no suposto de que o/a bolseiro/a seleccionado/a manifestase expresamente a súa non aceptación da bolsa.

De acordo coa base décimo terceira da Resolución do 26 de decembro de 2018, a bolsa foi adxudicada en virtude de resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e de acordo coa proposta de adxudicación elevada pola Comisión de Avaliación, á persoa con maior puntuación no proceso de selección que, porén, comunicou expresamente a súa non aceptación da bolsa. Por tal motivo procedía ditar unha nova resolución de adxudicación en favor da primeira persoa con maior puntuación da listaxe de suplentes.

Esta resolución de adxudicación foi ditada por delegación en virtude do disposto no punto 1º.i) da Resolución da Dirección da EGAP do 17 de decembro de 2007, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base décimo terceira da Resolución do 26 de decembro de 2018, faise pública a Resolución da directora da EGAP, do 20 de xuño de 2019, pola que se concede unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo, que literalmente di:

«En vista de todo o que antecede, da listaxe de suplentes elaborada pola comisión de avaliación da bolsa e da proposta do secretario xeral da EGAP,

RESOLVO:

1. Adxudicar a bolsa de referencia a Nidia Esther Aquino Aquino, NIF 51271893V-F, por ser a candidata á que lle corresponde por orde de puntuación. As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na EGAP e finalizarán o 31 de decembro de 2019.

2. Lembrarlle á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, unha vez recibida a notificación desta resolución de concesión da bolsa, disporá dun prazo de dez días para comunicar á EGAP a súa aceptación ou renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa pola súa parte, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Lembrarlle á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, no prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, deberá incorporarse ao desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que a beneficiaria non se incorporase neste prazo, ou que renunciase expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da antedita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG. núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública