Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33981

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (PO 1574/2017).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, por medio deste edicto notifícaselle ao demandado Marcelo Damián Uriarte a sentenza ditada o 14 de xuño de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentencia número 239.

Vigo, 14 de xuño de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1574/2017, sobre xuízo ordinario sobre privación da patria potestade, en que actuou como demandante María Dolores Comesaña Fortes, representada pola procuradora dos tribunais Marta Pereira-Borrajo Rey e con asistencia letrada de Jaime Barreras González-Pastoriza, contra Marcelo Damián Uriarte Eberle, declarado en situación de rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito

Resolución.

Estimo na súa integridade a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pereira-Borrajo Rey, en nome e representación de María Dolores Comesaña Fortes, contra Marcelo Damián Uriarte Eberle, como demandado, declarado en situación procesual de rebeldía, e decreto a privación total da patria potestade de Marcelo Damián Uriarte Eberle respecto do seu fillo menor de idade Izán Uriarte Comesaña.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de nacemento do menor para os efectos oportunos, e déixese constancia diso nos autos».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Marcelo Damián Uriarte, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 1 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza