Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36495

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se acorda revogar e deixar sen efecto a Instrución 2/2013, do 19 de marzo, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre a interpretación e aplicación do Regulamento de instalacións térmicas en edificios (RITE) respecto da temperatura e caudal de auga quente sanitaria (AQS) determinados polo Código técnico da edificación (CTE).

A Instrución 2/2013, do 19 de marzo, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre a interpretación e aplicación do Regulamento de instalacións térmicas en edificios (RITE) respecto da temperatura e caudal de auga quente sanitaria (AQS) determinados polo Código técnico da edificación (CTE) (DOG núm. 69, do 10 de abril), recolle os parámetros e as condicións en que se debe subministrar a temperatura e caudal de auga quente sanitaria (AQS).

Debido á evolución normativa, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, en virtude das atribucións que ten conferidas e conforme o establecido no artigo 19 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro (DOG do 25 de xaneiro de 2018), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria,

acorda:

Primeiro. Revogar e deixar sen efecto a Instrución 2/2013, do 19 de marzo, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre a interpretación e aplicación do Regulamento de instalacións térmicas en edificios (RITE) respecto da temperatura e caudal de auga quente sanitaria (AQS) determinados polo Código técnico da edificación (CTE) (DOG núm. 69, do 10 de abril), e aplicar o Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (BOE do 29 de agosto).

Segundo. Publicar esta resolución na páxina web e no DOG e informar que a partir deste momento se rexerá unicamente polo que estableza a normativa vixente en materia de instalacións térmicas nos edificios, sen que existan instrucións de carácter interno.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas