Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 20 de agosto de 2019 Páx. 37044

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2019.

O 5 de febreiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se convocan subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2019.

O resolvo cuarto, punto primeiro desta resolución, establece que as subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 07.83.451A.760.0, por importe de 200.000 euros, e con cargo á anualidade 2019 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, no punto terceiro deste resolvo cuarto, prevese que a contía desta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), que terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tendo en conta que o importe das subvencións correspondentes ás solicitudes presentadas supera o previsto inicialmente na convocatoria, é necesario a súa ampliación para poder atendelas, tendo en conta a existencia de crédito para poder realizar a citada ampliación.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co resolvo cuarto da Resolución do 28 de decembro de 2018 é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

O incremento da dotación será de 90.000 euros, para a anualidade de 2019, polo que a contía máxima das subvencións que se poderán conceder con cargo a esta anualidade será de 290.000 euros.

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.A. (Artigo 13.3 do Decreto 97/2014)
Mª de los Ángeles Domínguez Franjo
Secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo