Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37273

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V).

BDNS (Identif.): 470689.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas que teñan a consideración de peme ou grande empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que proporcionen este tipo de servizos. Para poderen ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican na letra a), repercutindo en todo caso a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.

Segundo. Obxecto

A convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2019-2020 do Programa estatal para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industria. Convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Medida 1: mellora da tecnoloxía en equipamentos e procesos industriais.

Medida 2: implantación de sistemas de xestión enerxética.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Real decreto 263/2019, do 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial.

Resolución do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V).

Cuarto. Contía

1. As subvencións previstas nesta convocatoria financiaranse con cargo á partida orzamentaria 09.A2.733A.773.1 recollida nos orzamentos do Inega. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 16.157.120,35 euros.

O orzamento por anualidade poderá redistribuírse tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A contía das axudas para cada unha das actuacións vén establecida no anexo I do Real decreto 263/2019, do 12 de abril, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial. A contía da axuda será o mínimo entre o 30 % do investimento elixible do proxecto e a cantidade que resulte de aplicar ao custo subvencionable o 35 % para grande empresa, o 45 % para mediana e o 55 % para pequena empresa.

Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 2.000.000 euros naquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético. Na seguinte táboa establécese o valor máximo de axuda en función do aforro enerxético anual xustificado.

Aforro enerxético anual

Axuda máxima (€)

AE<500 tep/ano

1.000.000

AE≥500 tep/ano

2.000 × AE

Onde AE = aforro enerxético anual en (tep/ano) xustificado en fase solicitude

Establécese unha axuda máxima por empresa no conxunto da convocatoria de 5 millóns de euros. Non obstante, se no último trimestre de vixencia da convocatoria (a partir do 1 de outubro de 2020), logo de atender a demanda do resto de empresas, queda dispoñibilidade orzamentaria poderá asignarse unha axuda total por empresa superior a 5 millóns, co único límite da dispoñibilidade orzamentaria.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 12 de setembro de 2019 ás 9.00 horas e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2020.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia