Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37276

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2019 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 9 de abril de 2019 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia nº 80, do 26 de abril, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 %.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (27.5.2019), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutras o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes para poder atender todas as solicitudes presentadas.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso das enerxías renovables atendendo á totalidade das solicitudes en cada unha das epígrafes da convocatoria.

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, redistribuíndose do seguinte xeito:

Medida: fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento
da biomasa térmica e outras tecnoloxías renovables

Liña de axuda

Destinatarios

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamentaria inicial (€)

Modificacións (€)

Dotación orzamentaria final (€)

Biomasa

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

775.000,00

-107.000,00

668.000,00

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.5

620.000,00

-236.000,00

384.000,00

Entidades sen fins de lucro

09.A2.733A.781.1

155.000,00

193.000,00

348.000,00

Xeotermia

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.6

250.000,00

230.000,00

480.000,00

Aerotermia

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.6

440.000,00

-86.000,00

354.000,00

Solar térmica

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.6

40.000,00

6.000,00

46.000,00

Total

2.280.000,00

0,00

2.280.000,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia