Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 37789

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; e dando cumprimento ao artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Dar publicidade á resolución de adxudicación das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019 que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2019

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 13 de maio de 2019 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2.

Crédito orzamentario: 686.741,00 €.

Esta axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) da UE ata un 50%, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) ata un 25 % e a porcentaxe restante a Xunta de Galicia en virtude do Regulamento (CE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e o Real decreto 930/2017, do 27 de outubro, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas nacionais anuais, e se modifica o Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.

c) Finalidade:

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

– Liña A. Prestar información e asistencia técnica a apicultores e organizacións de apicultores.

– Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea, en particular contra a varroose.

– Liña C. Racionalización da transhumancia.

– Liña E. Medidas de apoio á repoboación da poboación apícola española.

d) Destinatarios:

Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias e as cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas por apicultores.

e) Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de octubre).

Tamén poderá interpoñer directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

f) Beneficiarios e importe concedido:

Nº expediente

Entidade

Adxudicación

API/2019/32/0013

Benigno Basteiro Rodríguez

2.555,62 €

API/2019/15/0012

David Iriso Bernárdez

520,00 €

API/2019/15/0010

Mieles Anta, S.L.

7.202,90 €

API/2019/27/0021

Pazo de Lusío, S.L.

5.061,59 €

API/2019/27/0009

Gosto Productores, S.L.

287,75 €

API/2019/15/0004

Asociación Galega de Apicultura

223.513,80 €

API/2019/27/0007

Asociación Provincial Lucense de Apicultura

64.129,23 €

API/2019/32/0005

Asociación Abellas Nais

37.628,01 €

API/2019/32/0022

Asoc. Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande

10.148,00 €

API/2019/32/0017

Asociación Galega de Apicultores Profesionais

15.707,09 €

API/2019/15/0002

Asociación Casa do Mel

11.593,80 €

API/2019/27/0014

Euromel, S.C.

5.290,70 €

API/2019/32/0001

Aroamel, S.C.

1.581,80 €

API/2019/32/0006

Agrupación Apícola de Galicia

301.520,71 €