Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38554

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grado medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018.

En sesión que tivo lugar o 29 de xullo de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), acordou, de conformidade co disposto nas bases que rexen a presente convocatoria:

Primeiro. Visto que este tribunal en sesión que tivo lugar o día 23 de xullo de 2019, co fin de resolver as alegacións presentadas ao abeiro da base II.1.2.7, estimou a alegación presentada contra a pregunta 63 do exame de acceso libre e a 43 do exame de promoción interna que se substitúen pola pregunta 3 de reserva do exame de acceso libre e pola pregunta 1 de reserva do exame de promoción interna.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 superaron o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos e están entre os trinta aspirantes coas mellores puntuacións. Para estes efectos nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo Tribunal en sesión do 4 de xullo de 2019 e publicados no portal web da Xunta de Galicia, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións, ata completar o número máximo de 30, sempre que obtivesen un número mínimo de 45 respostas correctas na quenda libre e un número mínimo de 35 respostas correctas na quenda de promoción interna (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta). As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa declarada apta que marque o corte consideraranse igualmente aptas aínda que se superarase o número de aspirantes antes indicado (30).

Asignarase a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha puntuación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 11 aspirantes no conxunto de todas as quendas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Cuarto. De acordo coa base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

Beatriz Díaz Rodríguez
Presidenta do tribunal