Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39543

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de maio de 2019.

Mediante a Resolución do 8 de maio de 2019 (DOG núm. 94, do 20 de maio), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A base VII da convocatoria establece que «Rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listas de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do lugar en que estarán a disposición das persoas interesadas».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes dos/das participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de «concurso de traslados».

A listaxe de solicitantes excluídos/as figura como anexo desta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberá presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e/ou oficinas comarcais da dita consellería ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para estes efectos, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.

Os/as solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídos.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Listaxe provisional de instancias excluídas

Concurso Trl.: F0119-Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do servizo de Gardacostas de Galicia.

1º Apelido

2º Apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Goce

Lemos

Jesús Fernando

***7243**

21

González

Arias

Francisco

***3950**

73

Piñeiro

Pouso

Ramón Javier

***7419**

21

Rodas

Chapela

Daniel

***0901**

47

Rodríguez

Cid

Benito

***3782**

4

Relación de causas de exclusión.

Cod. causa

Causa exclusión

4

Falta nomeamento para o corpo/categ. Desde o que concursa

21

Falta de sinatura da solicitude de participación

47

Falta de sinatura da solicitude de selección de postos

73

Non achega copia da solicitude do condicionado