Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 9 de setembro de 2019 Páx. 39538

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e inadmitidas a trámite ao abeiro da Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLVE:

Dar publicidade das axudas concedidas e inadmitidas a trámite, ao abeiro da Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A), que figuran nos anexos I e II.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2019 con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00005, dotada con 500.000,00 €.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Axudas concedidas

Expediente

Entidade beneficiaria

Proxecto

Importe solicitado

Subvención concedida

Baremo

IN501A-2019-006

Asociación Forestal de Galicia (AFG)

Proxecto de actividades de formación e divulgación para a mellora da xestión dos montes galegos

52.804,25 €

46.723,45 €

360

IN501A-2019-005

Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo

Formación non regrada e actividades divulgativas no eido forestal

59.892,80 €

59.892,80 €

300

IN501A-2019-002

Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Maderas de Galicia (Fearmaga)

O noso monte, sustento e proveito II

60.000,00 €

59.302,87 €

235

IN501A-2019-004

Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga)

Divulgación da industria forestal en centros educativos de primaria

18.270,40 €

18.270,40 €

180

Asociación de Desenvolvemento Rural (Ódega)

14.810,40 €

14.810,40 €

IN501A-2019-001

Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia (COETFG)

Proxecto de accións formativas e divulgativas dirixidas á industria forestal de Galicia-2019

25.853,14 €

25.563,71 €

170

Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (PEFC Galicia)

22.389,91 €

22.294,80 €

IN501A-2019-008

Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

Proxecto de formación e divulgación 2019

31.900,19 €

31.767,11 €

150

IN501A-2019-007

Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia

Proxecto de divulgación do sector da madeira 2019

1.654,66 €

1.654,66 €

30

Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo

1.784,75 €

1.784,75 €

Asociación Galega Monte Industria

1.784,75 €

1.784,75 €

Asociación Forestal de Galicia

1.558,63 €

1.558,63 €

IN501A-2019-009

Asociación Frouma

Proxecto formativo

2.734,85 €

2.723,25 €

10