Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 18 de setembro de 2019 Páx. 40501

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora do convenio de Nea F3 Ibérica, S.L.U.

Visto o acordo da comisión negociadora do convenio de Nea F3 Ibérica, S.L.U. polo que se aproban incrementos salariais para o ano 2018, que se subscribiu entre a representación empresarial e os representantes dos traballadores na xuntanza celebrada o 26 de decembro de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta de acordo da comisión negociadora
do convenio de Nea F3 Ibérica, S.L.U.

En Vigo, 26 de decembro de 2018

Reunidos:

Por parte da empresa: César Rodríguez Roca.

Pola representación do traballadores: Juan Miguel Varela de la Torre, Modesto Martínez Montes, José Juan Vázquez López, José Ventura Veira Mosquera, Fernando Barcia Pérez, Ángel Manuel Gallego Romero.

Expoñen:

Que, tras varias reunións entre as partes da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U., se chegou ao seguinte acordo definitivo:

Primeiro. Incremento salarial

Ambas as partes acordan para o exercicio 2018 un incremento salarial do 1,5 por cento, aplicable a todas as categorías profesionais nos conceptos: «salario base integrado, pagas extras, condicións adquiridas máis beneficiosas actualizable e condicións adquiridas máis beneficiosas non actualizable». O incremento durante o ano 2018 da condición adquirida máis beneficiosa non actualizable non implica a perda da súa condición non actualizable, e non xera dereitos futuros nin obriga a empresa para realizar incrementos no devandito concepto en anos posteriores.

Establécese a seguinte táboa salarial con efectos desde o 1 de xaneiro de 2018:

Categoría

Salario base ano 2018 (16 pagas)

Grupo prof. 0

21.334,47 €

Grupo prof. I

18.758,13 €

Grupo prof. II

16.315,63 €

Grupo prof. III

15.570,28 €

Grupo prof. IV

15.329,38 €

Grupo prof. V

14.848,91 €

Grupo prof. VI

14.603,18 €

Grupo prof. VII

14.395,07 €

Segundo. Incremento adicional

Adicionalmente, establécese un incremento salarial do 0,5 por cento, no exercicio 2018, para os traballadores cuxos ingresos no ano 2017 fosen iguais ou inferiores a 17.000 € (dezasete mil euros brutos), a condición de que prestasen servizos durante todo o ano 2017, considerándose para avaliar este límite salarial a suma dos seguintes conceptos: «salario base, pagas extras, condicións adquiridas máis beneficiosas actualizable, condición adquirida máis beneficiosa non actualizable e comisións».

Este incremento do 0,5 por cento salarial aplicarase exclusivamente sobre os seguintes conceptos salariais:

– Salario base integrado.

– Pagas extras.

– Condicións adquiridas máis beneficiosas actualizable.

– Condicións adquiridas máis beneficiosas non actualizable.

O devandito incremento adicional realizarase da seguinte forma:

– Por unha banda, incrementarase un 0,5 por cento adicional calculado sobre a condición adquirida máis beneficiosas non actualizable incrementado este importe no devandito concepto salarial.

– E, doutra banda, calcularase o incremento do 0,5 por cento adicional calculado sobre o salario base integrado, pagas extras e da condición adquirida máis beneficiosa actualizable, aplicando este importe sobre o complemento de condición adquirida máis beneficiosa actualizable.

Terceiro. Devindicación de atrasos

Ambas as partes acordan que os atrasos devindicados pola sinatura do presente acordo os aboará a empresa aos traballadores coa mensualidade do mes de decembro de 2018.

Cuarto. Rexistro do acordo

As partes facultan expresamente a Alberto Pérez Domínguez para que proceda realizar os trámites necesarios para a inscrición, rexistro e publicación dos presentes acordos no Diario Oficial de Galicia incluída a presentación telemática ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria-Secretaría Xeral de Emprego-Subdirección Xeral de Relacións Laborais (Rexcon).