Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 18 de setembro de 2019 Páx. 40496

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo polo que se aproba a revisión parcial do texto do convenio colectivo para o persoal laboral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e o anexo de táboas salariais.

Visto o texto do acordo polo que se aproba aproba a revisión parcial do texto do Convenio colectivo para o persoal laboral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia e anexo de táboas salariais, subscrito pola comisión negociadora do dito convenio colectivo, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta de sinatura de revisión do Convenio colectivo para o persoal laboral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, celebrado en Santiago de Compostela o día 23 de xullo de 2019

Asistentes:

CEN

Ramón Sarmiento Solla

76992874V

CEN

Yolanda Martínez Quintián

32652415M

CEN

Carmen Peteiro García

32784750K

Delegada Ferrol

Susana Martínez Sande

76410181H

Delegado A Coruña

José Ramón Grela Castro

32777832A

Delegada Vigo

Nieves Guantes Fernández

36095128D

Delegada Santiago

Margarita Sánchez Romero

33280571P

Delegado Lugo

Xosé Ramón Pérez Domínguez

35567275V

Delegada Ourense

Natalia Iglesias Ormaechea

34999342N

En Santiago de Compostela o 23 de xullo de 2019, reunidos os integrantes da Comisión Negociadora do Convenio colectivo para o persoal laboral do SN de CC.OO. de Galicia, acordan ratificar o preacordo alcanzado pola comisión negociadora. Unha vez ratificados os termos deste polo Comité de Dirección Nacional, celebrado o pasado día 10 de xullo de 2019 e consultada pola RLT o colectivo de traballadores e traballadoras, segundo escrito remitido o pasado día 24 de xuño.

As partes negociadoras asinan o presente acordo para a revisión parcial do texto do convenio que modifica os seus artigos 2º, 5º, 11º, 40º e anexo de táboas salariais nos termos que se reproducen a continuación, pasando a formar parte integramente como texto consolidado para todos os efectos do convenio en vigor.

Artigo 2. Vixencia, duración e denuncia

Este convenio entrará en vigor o 1.1.2019, independentemente da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e terá unha duración dun ano, finalizando o 31.12.2019.

Este convenio prorrogarase de forma automática por períodos anuais, salvo que fose denunciado por escrito por calquera das partes, con dous meses de antelación á data de vencemento do período inicial ou de calquera das prórrogas. Mentres non se produza o asinamento dun novo, este manterá a súa vixencia, calquera que sexa o tempo transcorrido desde a súa finalización.

Artigo 5. Salario base

O salario base, para cada grupo e especialidade profesional e nivel retributivo, será o que se detalla na táboa salarial anexa. Establécense dúas pagas extras: a de xuño (pagadoira o 30 de xuño) e a de decembro (pagadoira do 15 ao 24 de decembro). A contía das pagas extra será dunha mensualidade do salario base para cada unha delas. Por elección de cada traballador ou traballadora, estas pagas poderanse cobrar de xeito rateado durante os doce meses do ano. Antes do remate do ano, cada persoa afectada comunicará o xeito en que desexa percibir o seu salario (12 ou 14 pagas).

Artigo 11. Incremento retributivo base

Incremento salarial con efectos do 1 de xaneiro de 2019: un 1,4 % fixo + un 0,4 % condicionado a que os ingresos por cotas de afiliación no ano 2019 sexan superiores aos do ano 2018 + un 0,1 % condicionado a que a facturación (comprende ingresos reais e bonificacións por afiliación, por grupo ou por campañas feitas polo sindicato) nas asesorías xurídicas no ano 2019 sexa superior á do ano 2018. Os conceptos variables serían aboados na nómina de xaneiro de 2020.

Artigo 40.a) Xubilación especial aos 64 anos

O Sindicato Nacional obrígase a substituír simultaneamente os traballadores e traballadoras de 64 anos que voluntariamente se xubilen -ao abeiro do RDL 1194/1985, do 17 de xullo, e demais disposicións legais concordantes-, por outro traballador ou traballadora inscrito/a como desempregado/a na correspondente oficina de emprego.

Artigo 40.b) Xubilación obrigatoria a partir da idade legal de xubilación

Todas as persoas traballadoras do Sindicato Nacional que cumpran a idade ordinaria de xubilación e teñan cumpridos os requisitos exixidos pola normativa da Seguridade Social para ter dereito ao 100 % da pensión de xubilación na súa modalidade contributiva, xubilaranse de xeito obrigatorio. As peticións das persoas traballadoras que desexen seguir prestando servizos presentarán solicitude en RRHH e darase traslado á CPIC (Comisión Permanente de Interpretación do Convenio) para a súa valoración e serán aceptadas ou rexeitadas por parte da CEN.

O establecido no anterior parágrafo está vinculado a unha procura de estabilidade e calidade no emprego do persoal laboral. Neste sentido, as persoas traballadoras que cumpran os requisitos legalmente establecidos e que estean interesadas en pasar á situación de xubilación parcial presentarán a súa solicitude ao departamento de RRHH e a CPIC, e serán concedidas todas aquelas solicitudes de xubilación parcial entre o 25 % e o 50 % da xornada. As propostas que superen a dita porcentaxe poderán ser solicitadas a RRHH e CPIC e serán recoñecidas ou rexeitadas pola CEN.

Agás acordo en contrario de ambas as partes, as persoas xubiladas parcialmente realizarán a porcentaxe de xornada recoñecida en xornadas acumuladas, diarias e completas, inmediatamente despois de acceder á xubilación parcial.

Non se admitirán xubilacións parciais nin se prorrogarán de telas recoñecidas unha vez alcanzada a idade legal de xubilación ordinaria e que se teñan adquiridos os requisitos exixidos pola normativa de Seguridade Social a ter dereito ao 100 % de pensión de xubilación.

ANEXO

Táboas salariais

Nivel

Salario total anual

Salario base mensual con prorrata de pagas extras

Salario base mensual

Prorrata pagas extras

14

19.377,96

1.614,83

1.384,14

230,69

13

20.314,59

1.692,88

1.451,04

241,84

12

21.567,87

1.797,33

1.540,56

256,77

11

22.800,36

1.900,03

1.628,60

271,44

10

23.181,26

1.931,77

1.655,80

275,97

9

24.996,35

2.083,03

1.785,45

297,58

8

23.265,66

1.938,81

1.661,83

276,97

7

23.380,03

1.948,34

1.670,01

278,33

6

24.996,35

2.083,03

1.785,45

297,58

5

26.160,94

2.180,08

1.868,64

311,44

4

29.206,33

2.433,86

2.086,16

347,69

3

33.018,29

2.751,53

2.358,45

393,08

2

37.178,74

3.098,23

2.655,63

442,60

1

39.829,81

3.319,15

2.844,99

474,17

A porcentaxe fixa de incremento reflectida neste acordo para o ano 2019 que equivale ao 1,4 % será aboada a partir da nómina do mes de agosto de 2019. Os atrasos desde xaneiro ata xullo de 2019 serán aboados na nómina do mes de setembro de 2019.

Durante a segunda metade do mes de outubro de 2019 iniciaranse as negociacións para a revisión do presente convenio colectivo segundo o acordado entre a dirección e a RLT.

As partes acordan proceder ao rexistro do presente acordo con vixencia ata o 31 de decembro de 2019 segundo o texto anexo á presente acta e en cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, acórdase proceder ao seu rexistro e ante a Consellería de Economía, Traballo e Industria para o seu depósito e posterior publicación no Diario Oficial de Galicia.

A este respecto e en cumprimento do estipulado no artigo 6.a) do citado real decreto pola presente acórdase designar como representante para a tramitación e solicitude de inscrición e rexistro ao Consello Galego de Relacións Laborais.

Non tendo máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión coa sinatura dos asistentes en proba de conformidade do contido desta.