Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45870

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

A base novena da Resolución do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 51, do 13 de marzo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

Finalizado o prazo de presentación de documentación, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 1 de marzo de 2018.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto e pola orde que nel se establece, en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino definitivo.

O acto de elección de destino terá lugar o día 25 de outubro de 2019, ás 12.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposicion ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Grupo técnico da función administrativa

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***5451**

Vilanova Álvarez, María Mercedes

PI

41,875

8,000

17,050

0,000

66,925

2

***1370**

Lombao Iglesias, María Otita

PI

35,750

8,000

16,450

0,000

60,200

3

***1175**

Ézara Agulleiro, Gerardo

PI

38,875

8,000

11,850

0,000

58,725

4

***7416**

Mallo Poy, Ana María

PI

37,375

8,000

10,550

0,000

55,925

5

***7775**

García González, María Soledad

PI

35,750

8,000

10,550

0,000

54,300

6

***2622**

Rosales Fernández, Eugenia Justina

L

45,125

8,000

4,760

0,000

57,885

7

***5692**

Lema Fernández, Natalia

L

37,625

8,000

5,700

0,000

51,325

8

***7163**

Santalla Vázquez, Alberto

L

35,125

8,000

7,000

0,000

50,125

9

***1994**

Abuín Ratón, Pablo

L

35,000

4,600

0,000

0,000

39,600

Grupo de xestión da función administrativa

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***5577**

Vázquez Campo, María Elena

PI

36,625

8,000

26,100

0,000

70,725

2

***4784**

Rodríguez García, Ana María

PI

44,750

8,000

9,100

0,000

61,850

3

***7206**

Varela Vigo, Carlos

PI

36,125

8,000

17,000

0,000

61,125

4

***3298**

Chas Ares, Divina Concepción

PI

40,250

8,000

12,000

0,000

60,250

5

***7416**

Mallo Poy, Ana María

PI

41,125

8,000

10,550

0,000

59,675

6

***0134**

Raviña Díaz, Luz María

PI

42,000

6,180

10,550

0,000

58,730

7

***1550**

Roibas Candal, Lucía

PI

38,625

8,000

12,050

0,000

58,675

8

***5486**

Martín Muñiz, Emilia

PI

38,125

8,000

11,800

0,000

57,925

9

***9826**

Barca Ferrín, Francisco Javier

PI

37,500

7,560

12,250

0,000

57,310

10

***2622**

Rosales Fernández, Eugenia Justina

L

46,875

8,000

4,760

0,000

59,635

11

***3051**

González Ramos, Daniel

L

45,000

8,000

5,900

0,000

58,900

12

***1748**

Cal Oliveira, Helena María

L

36,750

8,000

10,550

0,000

55,300

13

***9952**

Ulloa Sánchez, Cristina

L

32,500

8,000

10,750

0,000

51,250

14

***8338**

García Suárez, Patricia

L

35,875

8,000

4,600

0,000

48,475

15

***2978**

Pérez Rodríguez, René

L

38,375

8,000

0,000

0,000

46,375

16

***1994**

Abuín Ratón, Pablo

L

40,000

4,600

0,000

0,000

44,600

17

***8963**

Carbia Blanco, Martín

L

36,125

8,000

0,000

0,000

44,125

18

***6858**

Vidal Pailos, María

L

33,000

7,750

0,000

0,000

40,750

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Grupo técnico da función administrativa

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Localidade

Núm. prazas

EOXI A Coruña

Hospital Virxe da Xunqueira

-

Cee

2

EOXI Ourense-Verín-O Barco

EOXI Ourense-Verín-O Barco

-

Ourense

2

EOXI Ourense-Verín-O Barco

Hospital de Valdeorras

-

Barco de Valdeorras, O

2

EOXI Vigo

EOXI Vigo

-

Vigo

3

Grupo de xestión da función administrativa

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Localidade

Núm. prazas

EOXI A Coruña

Hospital Virxe da Xunqueira

-

Cee

1

EOXI Ferrol

EOXI Ferrol

-

Ferrol

2

EOXI Lugo-Cervo-Monforte

EOXI Lugo-Cervo-Monforte

-

Lugo

4

EOXI Lugo-Cervo-Monforte

Hospital da Costa

-

Burela

1

EOXI Lugo-Cervo-Monforte

Hospital de Monforte

-

Monforte de Lemos

1

EOXI Ourense-Verín-O Barco

Hospital de Valdeorras

-

Barco de Valdeorras, O

1

EOXI Pontevedra-Salnés

EOXI Pontevedra-Salnés

-

Pontevedra

2

EOXI Vigo

EOXI Vigo

-

Vigo

6