Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45867

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a.

A base novena da Resolución do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 51, do 13 de marzo) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

Finalizado o prazo de presentación de documentación, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso oposición para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 1 de marzo de 2018.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto e pola orde que nel se establece, en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino definitivo.

O acto de elección de destino terá lugar o día 25 de outubro de 2019, ás 12.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposicion ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Enxeñeiro/a técnico/a

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

***5688**

Folgueira Meilan, Carlos

PI

43,375

4,930

18,330

0,000

66,635

2

***2028**

Castro Sánchez, Juan Carlos

PI

39,500

8,000

8,650

0,000

56,150

3

***4778**

López Gómez, Silvia

PI

37,125

8,000

3,860

0,000

48,985

4

***2036**

Freire Piñeiro, Juan Carlos

L

43,375

8,000

25,200

0,000

76,575

5

***6598**

Calvo Cheda, Víctor Manuel

L

47,000

6,370

19,200

0,000

72,570

6

***3539**

Juncal Pintos, Roberto

L

38,875

6,760

22,000

0,000

67,635

7

***5085**

Novoa Conde, Xavier

L

38,500

8,000

20,200

0,000

66,700

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Enxeñeiro/a técnico/a

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Localidade

Núm. prazas

EOXI A Coruña

EOXI Coruña

-

Coruña, A

2

EOXI Ferrol

EOXI Ferrol

-

Ferrol

1

EOXI Ourense-Verín-O Barco

EOXI Ourense-Verín-O Barco

-

Ourense

1

EOXI Pontevedra-Salnés

EOXI Pontevedra-Salnés

-

Pontevedra

1

EOXI Vigo

EOXI Vigo

-

Vigo

2