Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 246/2019).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 246/2019

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán, Manuel Cerdeira Campos

Graduada social: Pilar Concheiro Filgueira

Demandadas: Fogasa, Maderas Galifor, S.L., Procesado de Biomasa del Norte, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán e Manuel Cerdeira Campos contra Fogasa, Maderas Galifor, S.L. e Procesado de Biomasa del Norte, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 246/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Maderas Galifor, S.L. e Procesado de Biomasa del Norte, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 21 de xaneiro de 2020, ás 12.10 e ás 12.15 horas, na planta 1, sala 1, no edificio da Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que tenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención aos demandantes, poidan estes estar representados tecnicamente por graduado social colexiado ou representados por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Maderas Galifor, S.L. e a Procesado de Biomasa del Norte, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 26 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza