Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46436

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (653/2018).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de Xustiza de Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento pronunciouse a sentenza con data do 4 de xullo de 2019, que no seu encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo (Pontevedra).

Procedemento: xuízo verbal 653/2018.

Sentenza 153/2019.

Vigo, 4 de xullo de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 653/2019 se seguen por instancia de Becogalia Afines, S.L., que compareceu representada polo procurador José Antonio Fandiño Carnero e foi dirixida polo letrado José Daniel Cuadrado Ramos, contra DCAP Vigo, S.L., declara en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Resolución.

Estimo totalmente a demanda interposta por Becogalia Afines, S.L. contra DCAP Vigo, S.L., e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1. Condeno a DCAP Vigo, S.L. a pagarlle a Becogalia Afines, S.L. a cantidade de 4.724,74 euros, a cal reportará o xuro legal dos cartos, contando desde a data da reclamación xudicial.

2. Condeno a DCAP Vigo, S.L. a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente edicto notifícase a DCAP Vigo, S.L., baixo os apercibimentos contidos na devandita resolución.

Vigo, 17 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza