Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 23 de outubro de 2019 Páx. 46411

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2019/20.

De conformidade co establecido no artigo 17 da resolución desta dirección xeral do 28 de marzo de 2019, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2019/20, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o programa PluriBach, bacharelato de especialización en idiomas.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Centros autorizados

Código centro

Nome do centro

Programa

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

PluriBach

15004526

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

PluriBach

15015378

CPR Plurilingüe Compañía de María

PluriBach

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

PluriBach

36018033

CPR Plurilingüe Vigo

PluriBach