Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47059

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (PO 516/2016-N).

Procedemento ordinario 516/2016-N.

Procedemento de orixe: monitorio 140/2016.

Sobre outras materias.

Demandante: Frutas Nieves, S.L.

Procuradora: Olga María Veiga Silva.

Avogado: José Javier Romano Egea.

Demandado: María Tania Nieto Costas.

Eu, Francisco Rascado González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 29 de setembro de 2017.

Demandante: Frutas Nieves, S.L.

Avogado: José Javier Romano Egea.

Procuradora: Olga María Veiga Silva.

Demandada: María Tania Nieto Costas.

Procedemento: ordinario 516/2016-N (E).

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora Olga Mª Veiga Silva, en nome e representación da mercantil Frutas Nieves, S.L., fronte a Mª Tania Nieto Costas, debo condenar e condeno esta a aboarlle a cantidade de 25.225,71 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente ES5500493569920005001274 sinalando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María Tania Nieto Costas, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en forma.

Vigo, 9 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza