Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47456

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (PO 426/2018).

Eu, Marta de la Rubia Almuiña, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario 426/2018 seguido por instancia de Sacaferro, S.L. fronte a Solimusic Events, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal dun extracto desta é o seguinte:

«Sentenza

En Vigo, 16 de setembro de 2019

Maxistrado xuíz que a dita: Roberto da Cruz Álvarez

Demandante: Sacaferro, S.L.

Procuradora: Isabel Domínguez Quintas

Avogado: Ricardo Vidal Sampedro

Demandada: Solimusic Events, S.L.U. (rebelde procesual)

Obxecto do xuízo: (…)

Decido

Que estimando integramente a demanda presentada por Sacaferro, S.L. fronte a Solimusic Events, S.L.U., condeno a parte demandada a (…).

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, a interpoñer directamente neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (asecc. 6ª), no prazo de 20 días desde a súa notificación, e previa a constitución de depósito por 50 euros na conta de consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Santander.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose devandita demandada, Solimusic Events, S.L., en situación de rebeldía procesual e sendo descoñecido o seu domicilio, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 19 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza