Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47454

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín

EDICTO (119/2018).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Verín, 9 de xullo de 2019

Vistos por Francisco José Lora Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 119/2018 por instancia de María Dolores Vázquez Francisco, Eulogia Vázquez Francisco, José Damián Vázquez Francisco e Sara Vázquez Francisco, representados polo procurador dos tribunais Antonio Álvarez Blanco e coa asistencia do letrado Modesto de Francisco Regueiro, contra Concepción Vázquez Paz, que se encontra en situación de rebeldía procesual, sobre unha acción de división de cousa común.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta polo procurador dos tribunais Antonio Álvarez Blanco, en nome e representación de María Dolores Vázquez Francisco, Eulogia Vázquez Francisco, José Damián Vázquez Francisco e Sara Vázquez Francisco, contra Concepción Vázquez Paz, e, na súa virtude, declárase o seguinte: en primeiro lugar, estímase a petición de división de cousa común e, en consecuencia, declárase o dereito da demandante a non permanecer na indivisión do terreo cuxa propiedade ten en común coa demandada e descrita no feito primeiro do escrito de demanda.

En segundo lugar, declárase que os inmobles con referencias catastrais 0501803 PG500S001WH e horta 32022A031000050000SU constitúen un único corpo certo “Casa de labranza tradicional” indivisible desde o punto de vista funcional e económico, e, por resultar materialmente indivisible, deberá procederse en fase de execución de sentenza á súa venda en pública poxa nun único lote como conxunto inmobiliario como corpo certo composto polos inmobles identificados coas referencias catastrais anteriormente referenciadas, poxa que se celebrará entre os comuneiros, con admisión de licitadores estraños, e posterior repartición do prezo obtido entre os integrantes da comunidade, segundo a súa porcentaxe de participación na comunidade, e, na súa falta, segundo o disposto na Lei de axuizamento civil para poxa de bens inmobles.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e contra esta cabe recurso de apelación, que se interpoñerá ante este xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación desta sentenza logo da constitución dun depósito de 50 €; recurso que será resolto pola Audiencia Provincial de Ourense.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Concepción Vázquez Paz, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Verín, 22 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza