Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 8 de novembro de 2019 Páx. 48018

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019.

A Orde do 28 de maio de 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño), modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 201, do 22 de outubro), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto da modalidade B do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia, para dar continuidade á formación das persoas investigadoras que obtiveron unha praza na convocatoria do ano 2016 da modalidade A do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral e daquelas persoas investigadoras da convocatoria do ano 2014 ás cales se lles concedeu un aprazamento da avaliación, que acabaron o contrato e que acadaron unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato dun máximo de dous anos de duración.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e, no artigo 2 do anexo II, os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas da modalidade B do Programa de apoio á etapa posdoutoral.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Gain, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación entregóuselle á comisión de selección definida no artigo 10 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e a lista de agarda para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e á persoa titular da Presidencia da Gain, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da comisión de selección reunida o día 23 de outubro de 2019, a través da Secretaría Xeral de Universidades e da Gain,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade B de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 28 de maio de 2019 ás universidades do SUG que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no anexo I.

No caso das demais entidades do artigo 2 da convocatoria, non se conceden axudas debido a que no proceso de avaliación e selección a única solicitude presentada non alcanzou a puntuación mínima establecida no artigo 5 do anexo II da convocatoria.

Segundo. Establecer unha lista de agarda para as universidades do SUG, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios recollidos no artigo 10. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 5 do anexo II da convocatoria.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 15 de novembro de 2019.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución, segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 14 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 20 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021 e 2022 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

Total

10.40.561B.444.0

UDC

3

112.566,66

117.000,00

4.433,34

234.000,00

10.40.561B.744.0

30.000,00

45.000,00

0,00

75.000,00

UDC

142.566,66

162.000,00

4.433,34

309.000,00

10.40.561B.444.0

USC

10

375.222,20

390.000,00

14.777,80

780.000,00

10.40.561B.744.0

100.000,00

150.000,00

0,00

250.000,00

USC

475.222,20

540.000,00

14.777,80

1.030.000,00

10.40.561B.444.0

UVigo

7

262.655,54

273.000,00

10.344,46

546.000,00

10.40.561B.744.0

70.000,00

105.000,00

0,00

175.000,00

UVigo

332.655,54

378.000,00

10.344,46

721.000,00

Total SUG

950.444,40

1.080.000,00

29.555,60

2.060.000,00

Sexto. As universidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da presidencia da Gain nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

Carmen Pomar Tojo

Conselleira de Educación,
Universidade e Formación profesional

Francisco Conde López

Conselleiro de Economía, Emprego e Industria e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481D 2019/004

UDC

Parga

Dans

Eva

Ciencias Sociais e Xurídicas

84

ED481D 2019/022

UDC

Valdiglesias

García

Vanessa

Ciencias da Saúde

95

ED481D 2019/032

UDC

Veloso

Freire

Javier

Ciencias

87

Universidade de Santiago de Compostela

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481D 2019/026

USC

Blanco

Rotea

Rebeca

Artes e Humanidades

91

ED481D 2019/005

USC

Cañón

Voirin

Julio Lisandro

Artes e Humanidades

85

ED481D 2019/013

USC

Dubert

Pérez

Javier

Ciencias da Saúde

90

ED481D 2019/009

USC

Ferreiro

Domínguez

Nuria

Enxeñaría e Arquitectura

87

ED481D 2019/015

USC

Iglesias

Amorín

Alfonso

Artes e Humanidades

85

ED481D 2019/025

USC

Lendoiro

Belío

Elena

Ciencias da Saúde

91

ED481D 2019/019

USC

López

Moreira

Iván

Enxeñaría e Arquitectura

88,5

ED481D 2019/014

USC

Regos

Sanz

Adrián

Ciencias

91

ED481D 2019/024

USC

Sobral

Bernal

María del Mar

Ciencias

93

ED481D 2019/016

USC

Varela

Río

Zulema

Ciencias

85

Universidade de Vigo

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481D 2019/017

UVigo

Álvarez

Álvarez

María Salomé

Enxeñaría e Arquitectura

85

ED481D 2019/007

UVigo

Arenas

Lago

Daniel

Ciencias

90

ED481D 2019/020

UVigo

Díaz

Vilariño

Lucía

Enxeñaría e Arquitectura

95

ED481D 2019/001

UVigo

Figueiredo

González

María

Ciencias da Saúde

83,5

ED481D 2019/008

UVigo

Gómez

Yepes

Alejandro

Enxeñaría e Arquitectura

91

ED481D 2019/002

UVigo

Reboredo

Rodríguez

Patricia

Ciencias da Saúde

83,5

ED481D 2019/021

UVigo

Sartal

Rodríguez

Antonio

Ciencias Sociais e Xurídicas

95

ANEXO II

Lista de espera

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481D 2019/030

UVigo

Del Val

García

Jesús

Enxeñaría e Arquitectura

82

ED481D 2019/023

UVigo

Copena

Rodríguez

Damián

Ciencias Sociais e Xurídicas

80

ED481D 2019/033

UDC

Nalakath

Abubackar

Haris

Ciencias

80

ED481D 2019/006

USC

Costa

García

José Manuel

Artes e Humanidades

78

ED481D 2019/028

UVigo

Fontán

Bouzas

Ángela

Ciencias

75

ED481D 2019/018

USC

Cortina

Orero

Eudald

Artes e Humanidades

75