A Consellería de Política Social convocou no ano 2019, a través da Orde do 6 de agosto de 2019 (DOG núm. 157, do 21 de agosto), as bases do procedemento de concesión de axudas a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020).
De conformidade co disposto no artigo 17 desta orde, a resolución dos expedientes de axudas corresponde a director xeral de Inclusión Social. As resolucións recaídas notificaranse ás entidades interesadas no prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración.
Dado que a subvención está cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, na resolución de concesión informarase o beneficiario do cofinanciamento comunitario, con expresión do obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico e porcentaxe de cofinanciamento.
Ademais, na resolución de concesión estableceranse as condicións da axuda a que quedan sometidas as persoas beneficiarias derivadas da aceptación da axuda, en especial os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución. Así mesmo, informaráselle de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.
No seu artigo 13 establece que os actos administrativos e a correspondente resolución ditada no procedemento para a concesión de subvencións publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 25 de outubro de 2019, ditada no procedemento BS623C de concesión de axudas a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, que se xunta no anexo.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019
Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social
ANEXO
Resolución do 25 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Inclusión Social,
pola que se resolve o procedemento BS623C de concesión de axudas a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social
da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020)
Antecedentes:
1. A Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social emitiu o 18 de outubro de 2019 certificado que constata o cumprimento por parte da entidade dos requisitos establecidos para acceder á subvención.
2. A Comisión de Valoración asinou a acta de valoración conxunta das solicitudes, segundo o procedemento e a ponderación establecidos no artigo 15 da orde, e elevou a proposta con data do 18 de outubro de 2019.
3. A Intervención Delegada da Consellería de Política Social fiscalizou de conformidade a disposición do gasto o 22 de outubro de 2019.
Consideracións legais e técnicas:
A convocatoria réxese polo establecido na Orde do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020),
RESOLVO:
1º. A concesión de subvencións ás seguintes corporacións locais polas seguintes tipoloxías (relación no anexo I).
2º. A denegación/inadmisión ou aceptación de renuncias das solicitudes que se relacionan (relación no anexo II).
3º. A redución das horas solicitadas por exceder o programa da contía máxima prevista na convocatoria procedendo a reducir as horas das actuacións solicitadas tendo en conta, de conformidade co previsto no artigo 16.5 da orde reguladora da convocatoria, a prioridade establecida na solicitude dos seguintes concellos:
• Concello de Pontevedra, a actuación afectada é a preparación de ensinanza secundaria para adultos (ESA) do programa de exclusión social, redúcense as horas solicitadas no ano 2020 en 15 horas pasando de 96 a 81 e non se conceden as solicitadas no ano 2021.
• Concello de Vigo, procédese a reducir as horas solicitadas na actuación de inclusión social dos/das mozos/as perceptores/as de Risga do CMSS Rivera Atienza de Vigo. Neste caso concédense inicialmente 57 horas para o ano 2019 e 88 para o ano 2020, fronte as 57, 688 e 399 solicitadas para os anos 2019, 2020 e 2021, sen prexuízo da redución posterior das horas do 2019 de acordo coa puntuación obtida.
• Concello de Santiago de Compostela. No programa de inclusión residencial. Nel concédense 289 horas na anualidade 2021 en vez das 1.003 horas solicitadas.
4º. Informar as corporacións locais beneficiarias de que as contías correspondentes aos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables sinalados no artigo 4.1 das bases reguladoras están subvencionadas nun 80 % polo FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación»; prioridade de investimento 9.1 «A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego»; obxectivo específico 9.1.1 «Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción», e deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, nos regulamentos (UE) 1301/2013 e 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo, polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1081/2006 do Consello e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020. O método utilizado para a estimación dos custos é o de baremos estándar de custos unitarios.
5º. A aceptación da subvención implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, así como na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
Tamén implica aceptar a obriga de aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión e cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica, en particular, a normativa en materia de subvencións (RDC art. 125.4.c).
A detección de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade deberán ser comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea.
6º. Dispón de dez (10) días para comunicar a súa aceptación. No caso de non facelo, entenderase tacitamente aceptada.
7º. O pagamento das axudas farase segundo o establecido no artigo 25 da orde.
8º. Deberán xustificar cada anualidade independentemente nos seguintes prazos: a primeira anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de novembro ata o 30 de novembro de 2019 e a data límite de xustificación será o 5 de decembro de 2019. A segunda anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2019 ata o 30 de novembro de 2020 e a data límite de xustificación será o 5 de decembro de 2020. A terceira anualidade comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021 e a data límite de xustificación será o 5 de xullo de 2021.
9º. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento das obrigas establecidas na orde. Polo que deberá:
a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e condicións ante o órgano concedente.
As actuacións prestaranse de acordo co establecido no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de inclusión.
b) Manter de forma separada os apuntes contables relativos á axuda.
c) Conservar a documentación relativa á subvención durante un período de tres (3) anos, que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación perante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.
d) Asumir a responsabilidade de adoptar medidas para facer chegar ao publico información sobre as operacións financiadas polo programa operativo FSE, segundo o artigo 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
Deberá constar na publicidade e información das actuacións a condición de subvencionadas pola Consellería de Política Social e polo PO FSE Galicia 2014-2020, segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
Nas medidas de información e comunicación, o participante deberá recoñecer o apoio recibido ao proxecto, debendo figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, referencia ao Fondo FSE que dá apoio ao proxecto e ao lema do Fondo.
Durante a realización do proxecto e o período dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, deberá informar do apoio dos fondos a través dun cartel de tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible.
Tamén informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.
As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento de execución (UE) núm. 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, a presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos.
e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos.
Como mínimo, deberán figurar os emblemas nos partes de asistencia e participación, nas enquisas de avaliación e nos certificados de asistencia.
f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade ás fórmulas propostas pola Consellería de Política Social.
Se for requirido, deberán acceder á aplicación informática para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020.
Deberán recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións para os indicadores de produtividade e resultados, enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
Os indicadores de produtividade relativos a participantes refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas. Os indicadores de resultado inmediato refírense ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.
A Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis (6) meses desde que finalice a vinculación do participante, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo. Para estes efectos, seralles facilitado o acceso á aplicación informática Participa 1420.
g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que estableza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. Coa periodicidade coa que sexa requirida, deberá comunicar á Dirección Xeral de Inclusión Social o cumprimento das accións subvencionadas polas persoas participantes, facendo constar a información precisa para cumprir os requirimentos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultado do FSE.
Con respecto ás persoas participantes, solicitará información sobre os indicadores de produtividade e resultado para FSE. Deberá solicitar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para ou seguimento da súa intervención social.
h) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuación, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, o cumprimento das obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada pola actuación no período subvencionado.
i) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de aproveitamento para os participantes que teñan asistido como mínimo ao 60 % das horas.
j) Solicitar, se é o caso, ao órgano concedente a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco (5) días.
k) Remitir, no prazo de dez (10) días, os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.
l) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar a información requirida polo órgano concedente, e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
m) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades e nos desprazamentos para a asistencia.
n) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións da subvención e nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
ñ) A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, xunto cos correspondentes xuros de demora.
o) Someterse ás actuacións de control e análise de riscos que poida efectuar a autoridade de xestión do programa operativo e, se for o caso, os órganos competentes do organismo intermedio con axuda de ferramentas informáticas específicas da Unión Europea, en particular, a aplicación informática Arachne.
p) Deberá introducir os datos e os documentos de que sexa responsable, así como as súas actualizacións, nos sistemas de intercambio electrónico de datos de acordo coas especificacións determinadas na convocatoria de axudas, en cumprimento do artigo 122, número 3, parágrafo primeiro, do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 e o artigo 10.1 do Regulamento 1011/2014, do 22 de setembro.
q) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.
10º. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.
Potestativamente e con anterioridade a interposición do recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución. Non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto, expresamente ou por desestimación presunta, o recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (artigo 17.1 da Orde do 6.8.2019; DOG núm. 157, do 21 de agosto); Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.
ANEXO I
Axudas concedidas
a) Programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.
NIF |
Entidade local |
Actuación |
Puntuación |
Adxudicado 2019 |
Adxudicado 2020 |
Adxudicado 2021 |
Total adxudicado |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Reforzo educativo |
47 |
0,00 € |
3.939,94 € |
3.182,26 € |
7.122,20 € |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Formación dixital |
40 |
0,00 € |
1.262,80 € |
1.010,24 € |
2.273,04 € |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Preparación para obtención do título de ESA |
40 |
0,00 € |
5.682,60 € |
3.030,72 € |
8.713,32 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Área da vivenda. Erradicación do chabolismo |
62 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Apoio á inclusión básica |
57 |
2.381,28 € |
23.812,80 € |
17.101,92 € |
43.296,00 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Mediación |
57 |
770,88 € |
8.479,68 € |
5.588,88 € |
14.839,44 € |
P3204600E |
Concello de Maside |
Servizo de apoio residencial |
64 |
432,96 € |
4.957,39 € |
3.052,37 € |
8.442,72 € |
P3204600E |
Concello de Maside |
Inclusión socio-laboral |
49 |
2.597,76 € |
29.744,35 € |
18.314,21 € |
50.656,32 € |
P2703100D |
Concello de Monforte de Lemos |
Apoio residencial |
64 |
0,00 € |
15.759,74 € |
9.395,23 € |
25.154,97 € |
P2703100D |
Concello de Monforte de Lemos |
Inclusión básica |
59 |
0,00 € |
16.885,44 € |
10.066,32 € |
26.951,76 € |
P2703100D |
Concello de Monforte de Lemos |
Formación competencias clave |
59 |
0,00 € |
0,00 € |
3.030,72 € |
3.030,72 € |
P2703100D |
Concello de Monforte de Lemos |
Formación dixital |
59 |
0,00 € |
4.546,08 € |
0,00 € |
4.546,08 € |
P2703100D |
Concello de Monforte de Lemos |
Mediación social e/ou intercultural |
59 |
0,00 € |
1.002,14 € |
597,43 € |
1.599,57 € |
P2703100D |
Concello de Monforte de Lemos |
Reforzo socioeducativo menores |
49 |
0,00 € |
9.849,84 € |
5.859,39 € |
15.709,23 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Inclusión básica |
53 |
1.515,36 € |
9.373,58 € |
5.368,70 € |
16.257,64 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Promoción e acceso e mantemento da vivenda |
51 |
303,07 € |
3.030,72 € |
1.731,84 € |
5.065,63 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Inclusión e transición ao emprego |
46 |
320,80 € |
6.086,70 € |
3.308,54 € |
9.716,04 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Reforzo educativo para menores |
46 |
303,07 € |
2.576,11 € |
1.969,97 € |
4.849,15 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Formación en competencias clave 1 |
46 |
404,10 € |
2.525,60 € |
0,00 € |
2.929,70 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Formación dixital |
46 |
0,00 € |
378,84 € |
0,00 € |
378,84 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Formación en competencias clave 2 |
46 |
0,00 € |
1.111,26 € |
2.828,67 € |
3.939,93 € |
P3202000J |
Concello do Carballiño |
Apoio á inclusión básica |
39 |
0,00 € |
6.234,62 € |
3.420,38 € |
9.655,00 € |
P3202000J |
Concello do Carballiño |
Formación dixital |
32 |
0,00 € |
378,84 € |
0,00 € |
378,84 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Apoio á inclusión de transición ao emprego |
37 |
0,00 € |
10.961,10 € |
6.617,07 € |
17.578,17 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Reforzo educativo |
37 |
0,00 € |
1.060,75 € |
15.557,70 € |
16.618,45 € |
P2705000D |
Concello de Quiroga |
Reforzo socioeducativo para menores |
44 |
0,00 € |
6.566,56 € |
3.965,19 € |
10.531,75 € |
P2705000D |
Concello de Quiroga |
Preparación ESO |
44 |
0,00 € |
8.334,48 € |
4.849,15 € |
13.183,63 € |
P2705000D |
Concello de Quiroga |
Formación en competencias clave |
44 |
0,00 € |
10.607,52 € |
6.187,72 € |
16.795,24 € |
P3207000E |
Concello de Ribadavia |
Apoio á inclusión residencial |
58 |
432,96 € |
5.195,52 € |
3.030,72 € |
8.659,20 € |
P3207000E |
Concello de Ribadavia |
Mediación social e/ou intercultural |
56 |
385,44 € |
4.625,28 € |
2.698,08 € |
7.708,80 € |
P3207000E |
Concello de Ribadavia |
Inclusión e transición ao emprego |
53 |
808,19 € |
9.723,56 € |
5.657,34 € |
16.189,09 € |
P3207000E |
Concello de Ribadavia |
Inclusión sociolaboral básica |
53 |
930,86 € |
11.105,42 € |
6.472,75 € |
18.509,03 € |
P1507900G |
Concello de Santiago de Compostela |
Programa de desenvolvemento do colectivo xitano |
52 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P3208600A |
Concello de Verín |
Itinerarios Inclusión |
43 |
0,00 € |
33.186,38 € |
19.353,31 € |
52.539,69 € |
P3606000B |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
Vivenda: promoción e mantemento coa etnia xitana |
49 |
346,37 € |
11.819,81 € |
7.468,56 € |
19.634,74 € |
P3606000B |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
Inclusión básica coa etnia xitana |
44 |
0,00 € |
14.222,74 € |
8.291,18 € |
22.513,92 € |
P3606000B |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
A por ESO: reforzo socioeducativo coa etnia xitana |
44 |
0,00 € |
16.189,10 € |
10.178,17 € |
26.367,27 € |
P3606000B |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
Mediación intercultural: interculturalidade e acción |
44 |
0,00 € |
4.047,12 € |
2.312,64 € |
6.359,76 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Itinerarios de inserción |
41 |
0,00 € |
20.204,80 € |
10.102,40 € |
30.307,20 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Formación dixital |
41 |
0,00 € |
1.010,24 € |
1.010,24 € |
2.020,48 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Educación primaria II |
34 |
0,00 € |
0,00 € |
2.020,48 € |
2.020,48 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Educación secundaria I |
34 |
0,00 € |
2.222,53 € |
0,00 € |
2.222,53 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Reforzo educativo verán |
34 |
0,00 € |
1.212,29 € |
0,00 € |
1.212,29 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Educación primaria I |
34 |
0,00 € |
2.172,02 € |
0,00 € |
2.172,02 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Educación secundaria II |
34 |
0,00 € |
0,00 € |
2.222,53 € |
2.222,53 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Formación en competencias clave 2 |
34 |
0,00 € |
1.515,36 € |
1.515,36 € |
3.030,72 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Formación en competencias clave |
34 |
0,00 € |
1.969,97 € |
1.868,94 € |
3.838,91 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Formación preparación ESO |
34 |
0,00 € |
1.591,13 € |
1.742,66 € |
3.333,79 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Promoción, acceso e mantemento da vivenda |
53 |
324,72 € |
3.896,64 € |
2.273,04 € |
6.494,40 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Itinerarios personalizados de transición ao emprego |
48 |
1.237,54 € |
14.901,04 € |
8.713,32 € |
24.851,90 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Itinerarios personalizados de inclusión básica |
48 |
909,22 € |
11.105,42 € |
6.494,40 € |
18.509,04 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Formación en competencias clave |
48 |
0,00 € |
1.767,92 € |
1.818,43 € |
3.586,35 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Formación preparación ESA |
48 |
0,00 € |
2.172,02 € |
2.222,53 € |
4.394,55 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Formación dixital |
48 |
404,10 € |
1.010,24 € |
0,00 € |
1.414,34 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Apoio e reforzo escolar |
41 |
0,00 € |
3.788,40 € |
2.273,04 € |
6.061,44 € |
b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.
NIF |
Entidade local |
Actuación |
Puntuación |
Adxudicado 2019 |
Adxudicado 2020 |
Adxudicado 2021 |
Total adxudicado |
P2706800F |
Concello de Burela |
Asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría |
76 |
541,20 € |
5.628,48 € |
3.247,20 € |
9.416,88 € |
P3602400H |
Concello de Lalín |
Servizo de atención ás migracións |
69 |
0,00 € |
27.276,48 € |
17.047,80 € |
44.324,28 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Formación para o coñecemento dos valores da sociedade de acollida |
68 |
0,00 € |
1.919,46 € |
1.919,46 € |
3.838,92 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia |
68 |
0,00 € |
6.061,44 € |
6.061,44 € |
12.122,88 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Mediación intercultural e social |
66 |
1.426,13 € |
14.743,08 € |
8.788,03 € |
24.957,24 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Asesoría xurídica |
65 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Servizo de apoio á inclusión básica |
63 |
779,33 € |
7.944,82 € |
5.065,63 € |
13.789,78 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Servizo de inclusión e transición ao emprego |
63 |
909,22 € |
10.531,75 € |
7.172,70 € |
18.613,67 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Reforzo educativo menores inmigrantes |
63 |
1.010,24 € |
10.001,38 € |
6.920,14 € |
17.931,76 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida |
63 |
0,00 € |
1.262,80 € |
1.262,80 € |
2.525,60 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida 2 |
63 |
0,00 € |
606,14 € |
0,00 € |
606,14 € |
P3602400H |
Concello de Lalín |
Reforzo socioeducativo de menores inmigrantes |
59 |
0,00 € |
27.276,48 € |
17.047,80 € |
44.324,28 € |
P3602400H |
Concello de Lalín |
Formación dixital |
59 |
0,00 € |
757,68 € |
0,00 € |
757,68 € |
P3602400H |
Concello de Lalín |
Servizo de mediación social intercultural |
59 |
0,00 € |
22.933,68 € |
15.899,40 € |
38.833,08 € |
P3602400H |
Concello de Lalín |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia |
59 |
0,00 € |
5.051,20 € |
5.051,20 € |
10.102,40 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Itinerarios de inclusión básica |
58 |
692,74 € |
8.312,83 € |
4.849,15 € |
13.854,72 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais |
58 |
505,12 € |
5.000,69 € |
3.460,07 € |
8.965,88 € |
P3208600A |
Concello de Verín |
Itinerarios de inclusión básica |
57 |
2.121,50 € |
23.596,32 € |
15.002,06 € |
40.719,88 € |
P3208600A |
Concello de Verín |
Mediación intercultural e social |
57 |
327,62 € |
3.237,70 € |
2.042,83 € |
5.608,15 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Itinerarios de inclusión |
57 |
2.323,55 € |
25.559,07 € |
15.052,58 € |
42.935,20 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Reforzo escolar |
57 |
1.010,24 € |
10.354,96 € |
6.010,93 € |
17.376,13 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Mediación social e/ou intercultural |
57 |
115,63 € |
3.546,05 € |
809,42 € |
4.471,10 € |
P3602400H |
Concello de Lalín |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida |
56 |
0,00 € |
1.010,24 € |
0,00 € |
1.010,24 € |
P1500011J |
Consorcio As Mariñas |
Asesoría xurídico-social |
55 |
1.623,60 € |
16.236,00 € |
11.365,20 € |
29.224,80 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Mediación intercultural |
55 |
2.466,82 € |
30.353,40 € |
17.209,90 € |
50.030,12 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Asesoramento legal en materia de estranxeiría |
55 |
2.424,58 € |
25.458,05 € |
15.759,74 € |
43.642,37 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Asesoramento legal en materia de estranxeiría |
55 |
865,92 € |
9.092,16 € |
4.546,08 € |
14.504,16 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais |
54 |
454,61 € |
5.455,30 € |
2.727,65 € |
8.637,56 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida |
54 |
202,05 € |
2.424,58 € |
1.212,29 € |
3.838,92 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Asesoramento en trámites de estranxeiría |
54 |
0,00 € |
12.382,66 € |
7.879,87 € |
20.262,53 € |
P1507900G |
Concello de Santiago de Compostela |
Programa de asesoramento técnico especializado |
54 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Formación preparación ESA |
53 |
0,00 € |
5.556,32 € |
3.283,28 € |
8.839,60 € |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Formación dixital inmigrantes |
53 |
0,00 € |
1.363,82 € |
909,22 € |
2.273,04 € |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Mediación intercultural e social |
53 |
0,00 € |
5.781,60 € |
2.890,80 € |
8.672,40 € |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia |
53 |
0,00 € |
1.010,24 € |
1.010,24 € |
2.020,48 € |
P1500500B |
Concello de Arteixo |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida |
53 |
0,00 € |
1.010,24 € |
1.010,24 € |
2.020,48 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Itinerarios personalizados de inclusión básica inmigrantes |
53 |
1.104,05 € |
13.335,17 € |
7.771,63 € |
22.210,85 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Itinerarios personalizados de transición ao emprego inmigrantes |
53 |
808,19 € |
9.723,56 € |
5.657,34 € |
16.189,09 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Programa de mediación intercultural |
51 |
0,00 € |
13.490,40 € |
14.588,90 € |
28.079,30 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Programa de asesoramento e atención xurídico, legal, social e administrativa |
51 |
0,00 € |
8.074,70 € |
6.559,34 € |
14.634,04 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Formación dixital inmigrantes |
51 |
606,14 € |
1.414,34 € |
0,00 € |
2.020,48 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida inmigrantes |
51 |
0,00 € |
1.010,24 € |
555,63 € |
1.565,87 € |
P3604600A |
Concello de Ribadumia |
Orientación laboral |
50 |
0,00 € |
41.091,51 € |
23.664,87 € |
64.756,38 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Mediación intercultural e social |
49 |
0,00 € |
1.676,66 € |
982,87 € |
2.659,53 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Apoio e reforzo escolar inmigrantes |
48 |
0,00 € |
4.040,96 € |
2.273,04 € |
6.314,00 € |
P1505700C |
Concello de Negreira |
Mediación intercultural no Concello de Negreira |
47 |
0,00 € |
33.147,84 € |
19.329,82 € |
52.477,66 € |
P1505700C |
Concello de Negreira |
Programa de asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría en Negreira |
47 |
0,00 € |
15.370,08 € |
9.698,30 € |
25.068,38 € |
P3203300C |
Concello de Xinzo de Limia |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia para inmigrantes |
47 |
0,00 € |
3.485,33 € |
3.485,33 € |
6.970,66 € |
P1507400H |
Concello de Ribeira |
Asesoramento xurídico en trámites de estranxeiría |
46 |
0,00 € |
3.896,64 € |
2.273,04 € |
6.169,68 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Programa de reforzo educativo primaria |
45,5 |
0,00 € |
3.283,28 € |
2.475,09 € |
5.758,37 € |
P3202000J |
Concello do Carballiño |
Plan poboación inmigrante |
43 |
0,00 € |
6.234,62 € |
3.420,38 € |
9.655,00 € |
P3202000J |
Concello do Carballiño |
Curso de alfabetización dixital migración |
43 |
0,00 € |
378,84 € |
0,00 € |
378,84 € |
P1507400H |
Concello de Ribeira |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida |
43 |
0,00 € |
1.010,24 € |
0,00 € |
1.010,24 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Itinerarios de inclusión e transición ao emprego |
42,5 |
0,00 € |
11.365,20 € |
9.546,77 € |
20.911,97 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Programa de reforzo educativo secundaria |
42,5 |
0,00 € |
3.283,28 € |
2.475,09 € |
5.758,37 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Formación dixital inmigrantes |
42,5 |
0,00 € |
505,12 € |
505,12 € |
1.010,24 € |
P2706500B |
Concello de Vilalba |
Asoramento técnico profesional nos trámites de estranxeiría |
40 |
0,00 € |
3.290,50 € |
2.597,76 € |
5.888,26 € |
P3604600A |
Concello de Ribadumia |
Programa de reforzo, orientación e apoio escolar |
40 |
0,00 € |
21.922,21 € |
12.628,00 € |
34.550,21 € |
P3604600A |
Concello de Ribadumia |
Mediación social e intercultural |
40 |
0,00 € |
14.627,45 € |
8.421,86 € |
23.049,31 € |
P1505700C |
Concello de Negreira |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais |
37 |
0,00 € |
2.828,67 € |
2.020,48 € |
4.849,15 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores da sociedade de acollida |
37 |
0,00 € |
1.212,29 € |
1.035,50 € |
2.247,79 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia |
37 |
0,00 € |
1.212,29 € |
959,73 € |
2.172,02 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Programa de reforzo educativo verán |
35,5 |
0,00 € |
1.212,29 € |
0,00 € |
1.212,29 € |
P1505700C |
Concello de Negreira |
Formación dixital |
34 |
0,00 € |
2.525,60 € |
0,00 € |
2.525,60 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores de acollida |
32,5 |
0,00 € |
3.662,12 € |
2.677,14 € |
6.339,26 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Accións formativas de alfabetización nas linguas oficiais |
32,5 |
0,00 € |
8.258,71 € |
5.985,67 € |
14.244,38 € |
c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión.
NIF |
Entidade local |
Actuación |
Puntuación |
Adxudicado 2019 |
Adxudicado 2020 |
Adxudicado 2021 |
Total adxudicado |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Diagnose personalizada das persoas en risco de exclusión social |
53 |
0,00 € |
32.472,00 € |
21.648,00 € |
54.120,00 € |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Acompañamento sociolaboral das persoas en risco de exclusión social |
53 |
0,00 € |
69.454,00 € |
41.672,40 € |
111.126,40 € |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Formación dixital |
40 |
0,00 € |
1.262,80 € |
0,00 € |
1.262,80 € |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Formación en competencias clave |
40 |
0,00 € |
7.400,01 € |
0,00 € |
7.400,01 € |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Prevención do abandono escolar |
40 |
0,00 € |
7.273,73 € |
4.849,15 € |
12.122,88 € |
P2702800J |
Concello de Lugo |
Servizo de inclusión e transición ao emprego |
50 |
0,00 € |
43.440,32 € |
25.331,77 € |
68.772,09 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Itinerarios de inclusión básica |
59 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Itinerarios Inclusión |
59 |
0,00 € |
20.457,36 € |
50.663,54 € |
71.120,90 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Inclusión e transición ao emprego Risga Pontevedra |
58 |
7.248,47 € |
86.880,64 € |
50.663,54 € |
144.792,65 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Itinerarios inclusión básica Risga |
55 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Formación preparación ESA |
45 |
0,00 € |
2.045,74 € |
0,00 € |
2.045,74 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Formación en competencias clave nivel 2 |
45 |
0,00 € |
5.000,69 € |
3.864,17 € |
8.864,86 € |
P3603800H |
Concello de Pontevedra |
Formación en competencias clave nivel 1 |
45 |
0,00 € |
2.424,58 € |
1.944,71 € |
4.369,29 € |
P1507900G |
Concello de Santiago de Compostela |
Programa local de inclusión social de colectivos en risco de exclusión (Transición ao emprego) |
67 |
3.611,61 € |
43.440,32 € |
25.331,77 € |
72.383,70 € |
P1507900G |
Concello de Santiago de Compostela |
Programa de inclusión residencial |
67 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
6.256,27 € |
46.586,49 € |
P1507900G |
Concello de Santiago de Compostela |
Programa local de inclusión social de colectivos en risco de exclusión (Básicos) |
57 |
1.537,01 € |
18.617,28 € |
10.867,30 € |
31.021,59 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Obradoiro de reforzo educativo para menores |
51 |
3.419,97 € |
43.440,32 € |
25.331,77 € |
72.192,06 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Programa de inclusión sociolaboral de persoas perceptoras da Risga do CMSS |
47,5 |
0,00 € |
26.064,19 € |
15.204,11 € |
41.268,30 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Programa de desenvolvemento persoal perceptores Risga Princesa |
39,5 |
0,00 € |
18.617,28 € |
10.845,65 € |
29.462,93 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Programa dirixido á inclusión social dos/das mozos/as perceptores/as da Risga do CMSS Rivera Atienza de Vigo |
39 |
0,00 € |
1.905,02 € |
0,00 € |
1.905,02 € |
P1500011J |
Consorcio As Mariñas |
Gabinete de Inserción Sociolaboral |
81 |
7.248,47 € |
86.880,64 € |
50.663,54 € |
144.792,65 € |
P1500011J |
Consorcio As Mariñas |
Formación en competencias clave |
71 |
0,00 € |
5.682,60 € |
3.788,40 € |
9.471,00 € |
d) Programas dirixidos á inclusión social de persoas sen fogar.
NIF |
Entidade local |
Actuación |
Puntuación |
Adxudicado 2019 |
Adxudicado 2020 |
Adxudicado 2021 |
Total adxudicado |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Transición á vida autónoma das persoas sen fogar |
44 |
0,00 € |
6.494,40 € |
4.329,60 € |
10.824,00 € |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Diagnose individualizada das persoas sen fogar do Concello de Ferrol |
39 |
0,00 € |
25.977,60 € |
17.318,40 € |
43.296,00 € |
P1503700E |
Concello de Ferrol |
Acompañamento para a mellora da empregabilidade das PSF |
39 |
0,00 € |
28.413,00 € |
18.942,00 € |
47.355,00 € |
P1507900G |
Concello de Santiago de Compostela |
Programa de apoio á inclusión de persoas sen fogar |
35 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Programa básico de inclusión activa de PSF |
30 |
3.442,03 € |
37.884,00 € |
20.652,19 € |
61.978,22 € |
e) Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.
NIF |
Entidade local |
Actuación |
Puntuación |
Adxudicado 2019 |
Adxudicado 2020 |
Adxudicado 2021 |
Total adxudicado |
P3200022F |
Mancomunidade de Concellos do Carballiño |
Programa de educación familiar |
66 |
7.122,19 € |
95.229,55 € |
61.805,04 € |
164.156,78 € |
P2706700H |
Concello de Viveiro |
Educación familiar |
31,5 |
0,00 € |
19.331,66 € |
11.603,33 € |
30.934,99 € |
P3209000C |
Concello de Vilar de Barrio |
Programa complementario de educación familiar |
28 |
0,00 € |
17.036,98 € |
627,79 € |
17.664,77 € |
P2706500B |
Concello de Vilalba |
Educación e apoio familiar |
38 |
0,00 € |
35.784,14 € |
20.240,88 € |
56.025,02 € |
P3605800F |
Concello de Vilaboa |
Programa de educación e apoio familiar |
43 |
0,00 € |
16.625,66 € |
10.910,59 € |
27.536,25 € |
P3605700H |
Concello de Vigo |
Programa socioeducativo e de apoio familiar |
43 |
0,00 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
58.947,50 € |
P1509000D |
Concello de Vedra |
Rede de familias educadoras |
27 |
0,00 € |
19.916,16 € |
11.473,44 € |
31.389,60 € |
P3605600J |
Concello de Valga |
Programa de apoio e integración familiar |
31 |
0,00 € |
3.896,64 € |
2.273,04 € |
6.169,68 € |
P3208200J |
Concello de Toén |
Programa de educación e apoio familiar |
29,5 |
0,00 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
58.947,50 € |
P2705900E |
Concello de Sober |
Programa de educación familiar municipal |
34 |
0,00 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
58.947,50 € |
P1507900G |
Concello de Santiago de Compostela |
Programa de inclusión de menores a cargo |
46 |
646,01 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
59.593,51 € |
P1507800I |
Concello de Santa Comba |
Reforzo educativo |
31 |
0,00 € |
6.234,62 € |
6.234,62 € |
12.469,24 € |
P1507800I |
Concello de Santa Comba |
Ciclos formativos para pais e nais |
31 |
0,00 € |
1.385,47 € |
1.385,47 € |
2.770,94 € |
P3207400G |
Concello de Rubiá |
Programa de educación e apoio familiar para a inclusión |
30 |
0,00 € |
32.601,89 € |
18.833,76 € |
51.435,65 € |
P1507500E |
Concello de Rois |
Aula de apoio educativo |
34 |
0,00 € |
13.421,76 € |
9.308,64 € |
22.730,40 € |
P1507400H |
Concello de Ribeira |
«Express-arte». Programa de ocio comunitario e educación en valores para menores en risco de exclusión social |
40,5 |
0,00 € |
5.801,66 € |
3.355,44 € |
9.157,10 € |
P1507400H |
Concello de Ribeira |
Proxecto de reforzo educativo para menores de familias vulnerables |
34 |
0,00 € |
5.715,07 € |
3.636,86 € |
9.351,93 € |
P3207000E |
Concello de Ribadavia |
Programa de educación e apoio familiar |
57 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P1507200B |
Concello de Porto do Son |
Intervención socioeducativa de menores |
30 |
0,00 € |
19.742,98 € |
9.871,49 € |
29.614,47 € |
P1507100D |
Concello das Pontes de García Rodríguez |
Programa de educación e apoio familiar |
30 |
0,00 € |
37.234,56 € |
19.483,20 € |
56.717,76 € |
P2704700J |
Concello da Pobra do Brollón |
Programa de educación familiar |
32,5 |
0,00 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
58.947,50 € |
P2704100C |
Concello de Pantón |
Programa de educación e apoio familiar |
32,5 |
0,00 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
58.947,50 € |
P1506600D |
Concello de Padrón |
Programe complementario de educación e apoio familiar Aula Apoio |
38,5 |
0,00 € |
9.611,71 € |
7.013,95 € |
16.625,66 € |
P3202000J |
Concello do Carballiño |
Apoio educación familiar |
33 |
0,00 € |
34.138,90 € |
21.648,00 € |
55.786,90 € |
P1505800A |
Concello de Noia |
Programas complementarios de educación e apoio familiar |
37 |
0,00 € |
13.898,02 € |
8.118,00 € |
22.016,02 € |
P3205300A |
Concello de Nogueira de Ramuín |
Programa complementario de educación apoio familiar do Concello de Nogueira de Ramuín |
51,5 |
1.515,36 € |
16.668,96 € |
10.607,52 € |
28.791,84 € |
P1505500G |
Concello de Narón |
Programa de educación familiar |
27 |
0,00 € |
2.597,76 € |
1.515,36 € |
4.113,12 € |
P2703100D |
Concello de Monforte de Lemos |
Educación e apoio familiar |
29 |
0,00 € |
38.879,81 € |
23.185,01 € |
62.064,82 € |
P2703000F |
Concello de Mondoñedo |
Programa de educación e apoio familiar |
61 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P3204600E |
Concello de Maside |
Programa de educación e apoio familiar |
33,5 |
0,00 € |
34.701,74 € |
21.366,58 € |
56.068,32 € |
P3204400J |
Concello de Maceda |
Programa complementario de educación e apoio familiar |
45,5 |
0,00 € |
20.782,08 € |
11.040,48 € |
31.822,56 € |
P1504200E |
Concello da Laracha |
Educa en positivo |
33 |
0,00 € |
8.312,83 € |
5.390,35 € |
13.703,18 € |
P2702200C |
Concello de Guitiriz |
Programa educación e apoio familiar de Guitiriz: «Inmegui» |
34,5 |
0,00 € |
6.494,40 € |
4.329,60 € |
10.824,00 € |
P2701600E |
Concello de Chantada |
Programa de educación e apoio familiar: fomentando á parentalidade |
45,5 |
0,00 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
58.947,50 € |
P3600048G |
Concello de Cerdedo-Cotobade |
Programa «Educador familiar» |
55,5 |
3.398,74 € |
35.221,30 € |
20.284,18 € |
58.904,22 € |
P3202300D |
Concello de Castrelo de Miño |
Educar en familia |
46 |
0,00 € |
37.234,56 € |
0,00 € |
37.234,56 € |
P1501900C |
Concello de Carballo |
Programa complementario de educación e apoio familiar (PCEAF) |
44 |
0,00 € |
35.394,48 € |
21.279,98 € |
56.674,46 € |
P2700900J |
Concello de Carballedo |
Programa de educación e apoio familiar |
27 |
0,00 € |
28.575,36 € |
16.668,96 € |
45.244,32 € |
P3600800A |
Concello de Cangas |
Programa de reforzo educativo en áreas instrumentais (Rais) |
34 |
0,00 € |
7.901,52 € |
6.775,82 € |
14.677,34 € |
P1501700G |
Concello de Cambre |
Proxecto Prisma-Educación familiar |
47 |
3.030,72 € |
36.346,99 € |
21.301,63 € |
60.679,34 € |
P1501700G |
Concello de Cambre |
Proxecto Píllara. Apoio e educación familiar |
40 |
0,00 € |
36.346,99 € |
21.301,63 € |
57.648,62 € |
P1501500A |
Concello de Cabanas |
Programa complementario de educación e apoio familiar |
29 |
0,00 € |
15.586,56 € |
7.793,28 € |
23.379,84 € |
P2706800F |
Concello de Burela |
Servizo de educación e apoio familiar |
38 |
0,00 € |
24.873,55 € |
15.586,56 € |
40.460,11 € |
P3600400J |
Concello de Bueu |
Educación e apoio familiar |
30 |
0,00 € |
104.776,32 € |
45.157,73 € |
149.934,05 € |
P1501100J |
Concello de Boiro |
Educando en familia III |
31,5 |
0,00 € |
0,00 € |
1.731,84 € |
1.731,84 € |
P1500900D |
Concello de Betanzos |
Programa de autonomía e competencias persoais e sociais |
37 |
0,00 € |
22.513,92 € |
13.421,76 € |
35.935,68 € |
P3200800E |
Concello de Baños de Molgas |
Programa de educación e apoio familiar |
34 |
0,00 € |
13.032,10 € |
7.663,39 € |
20.695,49 € |
P3200200H |
Concello de Allariz |
Educación e apoio familiar |
33 |
0,00 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
58.947,50 € |
P3208400F |
Concello da Veiga |
Programa de educación e apoio familiar |
47 |
3.095,66 € |
37.234,56 € |
21.712,94 € |
62.043,16 € |
P3201500J |
Concello da Bola |
Programa de educación y apoio familiar do Concello da Bola |
45 |
0,00 € |
29.094,91 € |
16.322,59 € |
45.417,50 € |
ANEXO II
Solicitudes inadmitidas/denegadas
Expediente |
NIF |
Entidade local |
Colectivo |
Actuación |
Estado |
Motivo da denegación |
BS623C 2019/26 |
P3207400G |
Concello de Rubiá |
Exclusión social |
Programa de inclusión social para persoas en situación de risco |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa |
BS623C 2019/27 |
P3600048G |
Concello de Cerdedo-Cotobade |
Exclusión social |
Programa «Acompáñote» |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa |
BS623C 2019/27 |
P3600048G |
Concello de Cerdedo-Cotobade |
Exclusión social |
Programa «A por ESO» |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa |
BS623C 2019/38 |
P3205500F |
Concello de Ourense |
Poboación inmigrante |
Fortalecemento das capacidades persoais |
Denegada |
Non está solicitada dentro de prazo |
BS623C 2019/39 |
P2700500H |
Concello de Barreiros |
Exclusión social |
Apoio á inclusión básica |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa |
BS623C 2019/41 |
P3200200H |
Concello de Allariz |
Exclusión social |
Programa educativo para a obtención da ESO |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa |
BS623C 2019/52 |
P2705700I |
Concello de Sarria |
Exclusión social |
Apoio educativo |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa |
BS623C 2019/56 |
P1504900J |
Concello de Miño |
Exclusión social |
Aprendendo a aprender |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para desenvolver o programa |
BS623C 2019/56 |
P1504900J |
Concello de Miño |
Exclusión social |
Formación preparación ESA |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos Sociais para desenvolver o programa |
BS623C 2019/60 |
P3604600A |
Concello de Ribadumia |
Exclusión social |
Orientación laboral (exclusión) |
Denegada |
Non cumprir o requisito previsto no artigo 3.c) da convocatoria por dispoñer o concello do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar |
BS623C 2019/65 |
P3605400E |
Concello de Tomiño |
Familias en exclusión social |
Programa complementario dirixido á educación e apoio familiar |
Desistiu |
Desiste da solicitude por subcontratar a actividade |