Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 22 de novembro de 2019 Páx. 49759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 462/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 462/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Florin Constantineasa contra Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., María de los Ángeles Martínez Rial, Segaprel, S.L., Maderas y Leñas Arosa, S.L., Francisco Arosa Barbeira, Hermer Bernardo Lino Vásquez, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

En Santiago de Compostela o quince de outubro de dous mil dezanove.

Visto o estado das presentes actuacións, sinálase para os actos de conciliación/xuízo o día 20 de xaneiro de 2020, ás 10.30 horas, sala 1, planta baixa, Edificio do Xulgado da rúa Berlín, s/n, e esta serve de citación en legal formal ás partes coas advertencias e prevencións contidas na primeira citación que se dan por reproducidas, quedando as partes suxeitas ao acordado sobre a proba nas actuacións.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermer Bernardo Lino Vázquez e a Segaprel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza