A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 no Diario Oficial de Galicia núm. 167, do 3 de setembro de 2018.
Segundo o número 2 do artigo 50 da Orde do 13 de agosto, de producirse remanentes de crédito na asignación inicial para o financiamento de cada programa, procederase á reasignación das contías sobrantes para atender as necesidades de crédito doutros programas.
No Programa III (axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego), non existe crédito suficiente para atender todas as solicitudes. Unha vez concedidos todos os expedientes dos programas I e II, existen remanentes de crédito para atender as solicitudes do Programa III, polo que procede reasignar os créditos consignados na convocatoria para a anualidade 2019.
En consonancia co parágrafo anterior, o artigo 31 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Por todo o exposto e co fin de atender todas as solicitudes presentadas no Programa III da Orde do 13 de agosto de 2018,
RESOLVO:
Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019, redistribuíndo o crédito asignado en cada programa de axudas para a anualidade 2019 e sen variar o orzamento inicial.
Aplicacións |
Minoracións do Programa I |
Minoracións do Programa II |
Incremento no Programa III |
2019.09.40.324C.470.3 |
140.892,72 |
170.297,24 |
|
2019.09.40.324C.470.4 |
311.189,96 |
||
2019.09.40.324C.481.3 |
31.811,97 |
20.745,10 |
|
2019.09.40.324C.481.4 |
52.557,07 |
||
Total |
172.704,69 |
191.042,34 |
363.747,03 |
Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego