Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50154

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 22 de novembro de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará determinado persoal da Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde os días 27 e 28 de novembro de 2019.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se encontra a sanidade.

O desempeño público da prestación de asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Representantes dunha asemblea de persoal médico de Atención Primaria de Galicia comunicaron a convocatoria dunha folga que abranguerá, segundo o seu teor literal, «todo o persoal médico de familia e pediatras que realizan o seu labor na Atención Primaria de Galicia, con independencia da súa vinculación contractual». A dita folga iniciarase ás 8.00 horas do día 27 de novembro e finalizará ás 8.00 horas do día 29 de novembro de 2019.

Con base no que antecede e logo da audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria da folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde.

Os servizos mínimos establecidos resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. Ao propio tempo responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

De acordo co anterior, deben fixarse os servizos mínimos necesarios para garantir a atención aos usuarios/as que non se pode aprazar sen consecuencias negativas para a saúde. E con esa finalidade establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións sanitarias afectadas pola folga:

1º. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención das unidades e servizos de atención primaria prestarán a asistencia urxente ou inaprazable da respectiva unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación.

A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, establecendo a seguinte dotación mínima de persoal médico de familia e pediatra:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

2º. Polo que respecta ao tramo de asistencia nos puntos de atención continuada, deben fixarse, asemade, os servizos mínimos necesarios para garantir a atención urxente aos usuarios/as, que non se pode aprazar sen consecuencias negativas para a saúde. Con esa finalidade, para a determinación dos servizos mínimos establécese como criterio reitor a cobertura do 100 % da actividade urxente.

Artigo 2

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar debidamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios de cada centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos necesarios para garantir a totalidade da actividade urxente ou inaprazable que cabe prever nos días da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada pola dirección de cada xerencia de área sanitaria e notificada aos profesionais afectados.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes sobre garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base, asemade, nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

– Área Sanitaria da Coruña e Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de familia de UAP/SAP

98

32

-

Pediatra

28

9

-

Médico/a de familia de PAC

-

22

18

– Área Sanitaria de Ferrol.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de familia de UAP/SAP

38

12

-

Pediatra

14

5

-

Médico/a de familia de PAC

-

12

11

– Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de familia de UAP/SAP

96

18

-

Pediatra

39

8

-

Médico/a de familia de PAC

-

22

22

– Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de familia de UAP/SAP

92

10

-

Pediatra

24

1

-

Médico/a de familia de PAC

-

29

25

– Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de familia de UAP/SAP

114

13

-

Pediatra

16

4

-

Médico/a de familia de PAC

-

25

24

– Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de familia de UAP/SAP

59

10

-

Pediatra

18

3

-

Médico/a de familia de PAC

-

13

12

– Área Sanitaria de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de familia de UAP/SAP

86

36

-

Pediatra

36

13

-

Médico/a de familia de PAC

-

19

19