Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50590

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2019 pola que se adxudican as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia (programa Innova Peme), a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 13 de agosto de 2019), convocadas pola Resolución desta axencia do 28 de decembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 8 de febreiro de 2019)-concesión lista de agarda.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 28, do 8 de febreiro de 2019) convocáronse as subvencións para as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3.

No seu artigo 20 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección establecida no artigo 17 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 18.

A comisión de selección, na súa sesión do 18 de xullo de 2019, informou favorablemente a concesión de axudas ás entidades seleccionadas no anexo I da acta e elaborar unha lista de agarda conforme o artigo 17.2 da convocatoria para as solicitudes que superan a puntuación mínima para ser beneficiaria destas axudas (50 puntos) por non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento relacionadas no anexo II da acta.

De acordo con isto, tendo en conta a renuncia recibida e resolta ata esta data, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, á entidade que figura no anexo I a esta resolución.

2. Nova adxudicación:

Aplicación orzamentaria

Ano 2019 (€)

Ano 2020 (€)

Total (€)

09.A3.561A.770.0

23.153,76

58.385,74

81.539,50

3. Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1, prioridade de investimento 1.2, obxectivo específico 1.2.1, actuación 1.2.1.2 (Desenvolvemento de medidas de fomento da capacidade de absorción das empresas de coñecementos orientados ao desenvolvemento de novos produtos ou á mellora de produtos existentes, propiciándolles acceso a activos e recursos tanxibles e intanxibles).

4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 28 da resolución da convocatoria.

5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada nos artigos 26 e 27 da resolución de convocatoria no prazo establecido no artigo 25 no seu punto 2.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Relación de solicitudes concedidas (primeira entidade da lista de agarda)

Aplicación orzamentaria: 09.A3.561A.770.0 (CP 2016 00007).

Nº de expediente

Razón social

NIF

Subvención 2019 (€)

Subvención 2020 (€)

Subvención total (€)

090_IN848D_2019_789073

Dirección por Implicación, S.L.

B36999308

23.153,76

58.385,74

81.539,50