Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50581

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2019 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 9 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.

A Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2019) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 9 de maio de 2019 (DOG núm. 95, do 21 de maio), concédense as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo III.

No artigo 19 da orde de convocatoria indícase que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción do contrato laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, e que en ambas as modalidades se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2019. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

No caso das axudas cofinanciadas co FSE, deberán cumprirse as obrigas establecidas no artigo 20.3.b) da orde de convocatoria.

A competencia para adxudicar unha nova axuda procedente da lista de espera da Secretaría Xeral de Universidades correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, de acordo co artigo 19 da Orde do 31 de decembro de 2018.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polas universidades do SUG ás axudas de apoio á etapa predoutoral das modalidades A e B correspondentes ás persoas seleccionadas que se relacionan no anexo III.

Segundo. Aceptar as renuncias das listas de agarda que se indican a seguir:

Nº expediente

Modalidade

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

ED481A-2019/262

A

UDC

Souto

Arias

Luis Antonio

***3148**

ED481A-2019/237

A

UVigo

Pequeño

Valtierra

Ana

***6520**

Nº expediente

Modalidade

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

ED481A-2019/265

B

USC

Vaz

Álvarez

Martín

***6647**

ED481A-2019/040

B

USC

Formoso

Silva

María

***9806**

ED481A-2019/171

B

USC

Gómez

Rey

Gonzalo

***3210**

ED481A-2019/140

B

USC

Ordóñez

Miguéns

Ismael

***0863**

Terceiro. Adxudicar as axudas ás entidades e persoas candidatas das listas de agarda das modalidades A e B que se relacionan no anexo IV.

Cuarto. Declarar extinguidas as listas de espera das modalidades A e B das universidades do SUG.

Quinto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións.

Modalidade A (universidades do SUG): 50 axudas.

Modalidade A

Aplicación orzamentaria

Univ.

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

2023

Total

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UDC

10

79.482,48

213.157,56

216.770,40

139.515,84

0,00

648.926,28

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

USC

25

212.013,48

529.281,06

541.926,00

348.940,14

1.806,42

1.633.967,10

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UVigo

15

126.449,40

323.349,18

325.155,60

186.482,76

0,00

961.436,94

Total FSE 

417.945,36

1.065.787,80

1.083.852,00

674.938,74

1.806,42

3.244.330,32

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

10

16.206,37

79.925,78

28.229,60

11.145,30

0,00

135.507,05

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

25

45.069,78

185.510,63

70.574,00

29.169,64

151,91

330.475,96

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVigo

15

25.547,76

98.192,49

42.344,40

14.833,96

0,00

180.918,61

Total FP

86.823,91

363.628,90

141.148,00

55.148,90

151,91

646.901,62

Total modalidade A SUG

50

504.769,27

1.429.416,70

1.225.000,00

730.087,64

1.958,33

3.891.231,94

Modalidade B (universidades do SUG): 40 axudas.

Modalidade B

Aplicación orzamentaria

Univ.

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

Total

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

7

39.337,49

167.666,68

150.500,00

108.194,44

465.698,61

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

22

217.984,69

556.458,35

473.000,00

280.793,07

1.528.236,11

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVigo

11

95.986,10

264.791,67

236.500,00

134.787,51

732.065,28

Total modalidade B SUG

40

353.308,28

988.916,70

860.000,00

523.775,02

2.726.000,00

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO I

Condicións xerais

Primeiro. Establecer as condicións xerais e particulares da subvención que se especifica nos anexos III e IV.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran nos anexos III e IV desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. Todas as entidades beneficiarias presentaron a declaración de ter capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 1 de decembro de 2019, agás para as persoas non comunitarias que poderán asinar o contrato ata o 29 de febreiro de 2020.

Quinto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sexto. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

ANEXO II

Condicións particulares

Primeiro. Na modalidade A desta convocatoria o importe dos contratos das persoas seleccionadas no ámbito das universidades do SUG, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente; prioridade de investimento 10.02: a mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para os grupos desfavorecidos; obxectivo específico 10.02.01: aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres, e liña de actuación 102: axudas á etapa de formación predoutoral.

Segundo. De acordo co modelo de custos simplificados vinculado a esta convocatoria establecido con base no disposto no artigo 67.1.b) do Regulamento (UE) número 1303/2013, o Fondo Social Europeo financiará ata un máximo de 21.677,04 € anuais do custo total de cada axuda da modalidade A no ámbito das universidades do SUG.

Terceiro. As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A están obrigadas ao cumprimento da normativa comunitaria aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) número 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) número 1083/2006, do Consello; no Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) número 1081/2006, do Consello, modificados ambos os dous polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo de 2018, sobre normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) número 1296/2013, (UE) número 1301/2013, (UE) número 1303/2013, (UE) número 1304/2013, (UE) número 1309/2013, (UE), número 1316/2013, (UE) número 223/2014 e (UE) número 283/2014 e a Decisión número 541/2014/UE, e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) número 966/2012; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020 e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Cuarto. As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A quedan obrigadas a asegurarse de que os gastos declarados son conformes coas normas aplicables, se é o caso, e que non existe dobre financiamento do gasto con outros réximes comunitarios ou nacionais, así como con outros períodos de programación do Fondo Social Europeo.

Quinto. Requírese a concreción do adecuado rexistro dos datos de seguimento e avaliación da actuación, tanto para a acreditación da realidade da actuación, como para recoller datos completos das persoas participantes e entidades beneficiarias polas operacións precisos para dar cumprimento aos requisitos de subministración de información a través dos indicadores de execución e de produtividade (UE) nº 1304/2013 (anexo I de especificacións de indicadores de esta autorización), garantindo que se indisporá de datos dos destinatarios últimos das actuacións a nivel de microdato, así como se poderá realizar un adecuado seguimento do cumprimento dos indicadores de resultados recollidos no anexo I do Regulamento 1304/2013.

Sexto. Infórmase a persoa ou entidade beneficiaria de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, que será obxecto de publicación electrónica ou por outros medios, segundo o previsto no artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Sétimo. No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, coa primeira xustificación deberase achegar información dos indicadores de execución e de produtividade sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo. Do mesmo xeito, coa última xustificación, as universidades beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) número 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo. A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde a última xustificación, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Oitavo. Obriga de manter un sistema de contabilidade diferenciado para todos os ingresos relacionados coas operacións.

Noveno. Require acreditar ante a autoridade de xestión ou, se é o caso, o organismo intermedio a realización da actividade e facilitar as comprobacións encamiñadas a garantir a correcta realización do proxecto ou acción obxecto da axuda, achegando para o efecto canta documentación lle fose requirida no seu procedemento de verificación, tanto administrativa como sobre o terreo, un conxunto representativo das actuacións e operacións que se están levando a cabo.

Décimo. Comporta, así mesmo, someterse a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que realice a unidade administradora do Fondo Social Europeo, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das súas intervencións delegadas, o Consello de Contas de Galicia, os órganos de control da Comisión Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, de acordo co establecido na normativa aplicable á xestión das axudas cofinanciadas con fondos comunitarios, para o cal achegarán canta información lles sexa requirida.

Décimo primeiro. Conforme o artigo 140 do Regulamento (UE) número 1303/2013, comporta conservar e custodiar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

Décimo segundo. Comporta a obriga de colaborar co organismo intermedio na elaboración dos informes de execución anual e final correspondentes.

ANEXO III

Renuncias ás axudas concedidas

Modalidade A.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Data de renuncia

ED481A-2019/250

UVigo

Otero

Millán

Luis

***7357**

3

Non asinou o contrato

ED481A-2019/103

USC

Fernández

Varela

Carmen

***6291**

3

30.6.2019

ED481A-2019/190

USC

Álvarez

Lorenzo

Aitor

***0193**

2

22.9.2019

ED481A-2019/007

USC

Escudero

Pérez

Adriana

***2174**

3

22.9.2019

ED481A-2019/056

USC

Lomba

Castro

Julián

***7390**

2

22.9.2019

ED481A-2019/114

USC

López

Estévez

Ana María

***8495**

3

22.9.2019

ED481A-2019/038

USC

Rioboo

Vidal

Alicia

***0806**

3

22.9.2019

ED481A-2019/075

USC

Silveira

Loureiro

María

***0837**

2

22.9.2019

ED481A-2019/049

USC

Veiga

Rúa

Sara

***1087**

2

22.9.2019

ED481A-2019/233

UDC

Salamini

Montemurri

Martín

***7361**

3

29.9.2019

Modalidade B.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Data de renuncia

ED481A-2019/256

USC

Rivas

Cabanelas

Raquel

***7923**

2

30.6.2019

ED481A-2019/091

USC

Álvarez

Díaz

Beatriz

***8207**

2

22.9.2019

ED481A-2019/116

USC

Castro

Táboas

Iago

***0964**

2

22.9.2019

ED481A-2019/092

USC

Costas

Sánchez

Celia

***6995**

2

22.9.2019

ED481A-2019/031

USC

Fontán

Amoedo

María Dolores

***2224**

2

22.9.2019

ED481A-2019/166

USC

García

Docampo

Laura

***9186**

2

22.9.2019

ED481A-2019/174

USC

González

Bernárdez

Sara

***1012**

2

22.9.2019

ED481A-2019/013

USC

Tacón

García

Antía

***6164**

2

22.9.2019

ED481A-2019/102

UDC

González

Flores

María

***7994**

3

29.9.2019

ED481A-2019/214

UDC

Rodríguez

Llorente

Carolina

***7463**

3

29.9.2019

ANEXO IV

Axudas da lista de espera concedidas

Modalidade A.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2019/087

USC

Alonso

Rego

Cecilia

***8535**

2

8,8731

ED481A-2019/006

UDC

Álvarez

González

Sara

***9639**

3

8,8640

ED481A-2019/137

USC

Piñeiro

Pomar

César Alfredo

***9816**

2

8,8504

ED481A-2019/290

UVigo

Costas

Selas

Cecilia

***6643**

2

8,8498

ED481A-2019/263

USC

Fernández

Canto

Nerea

***4958**

-

8,8482

ED481A-2019/112

USC

Senande

Rivera

Martín

***4011**

3

8,8160

ED481A-2019/141

USC

Reza

Ramos

David

***6141**

2

8,8048

ED481A-2019/069

UDC

Concheiro

Moscoso

Patricia

***4409**

3

8,7850

ED481A-2019/055

USC

Leirós

Lorenzo

María

***7016**

2

8,7712

ED481A-2019/022

USC

Díaz

Jiménez

Dafne

***2143**

3

8,6933

Modalidade B.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2019/004

UDC

Sarymsakova

 

Albina

****6318*

1

8,2016

ED481A-2019/002

UDC

Barsaglini

Castro

Anabella Soledad

***5849**

2

8,1878

ED481A-2019/184

USC

Hita

Millán

Isabel del Mar

***6581**

2

8,1847

ED481A-2019/217

USC

Agrelo

Janza

Luis Martín

***9839**

2

8,0507

ED481A-2019/306

UVigo

García

Fuentes

Olalla

***9368**

1

8,0335

ED481A-2019/139

USC

Alonso

Pena

María

***2076**

3

7,9943

ED481A-2019/009

UDC

Jimeno

Rodríguez

Juan Antonio

***0200**

2

7,9616

ED481A-2019/259

USC

Rodríguez

Alonso

Guillermo

***9344**

-

7,8973

ED481A-2019/028

UDC

Castro

García

Marina

***0383**

2

7,8826

ED481A-2019/241

USC

González

Quinzán

Serafín

***0053**

2

7,8753