Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Amaro (expediente IN407A 2018/033-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Rafael Pena Fernández, colexiado número 1903 Coeticor, en Ourense o 27 de setembro de 2018, con visado número 2927/18-CO do 27 de setembro de 2018.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT Piñeiro.

Situación: concello de San Amaro.

Características técnicas: LMT Piñeiro, a 20 kV, en condutor tipo LA-56 mm2 Al, de 229 m de lonxitude, con orixe no apoio existente na saída ALB804, nun tramo de liña derivada ao CT OSMO 32A192 (expediente 3342 AT) e final no apoio proxectado número 3 con designación C-1000-12. Orzamento: 19.385,60 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións, que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 11 de febreiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense