Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 508/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 508/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Estefanía Pérez Chas, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

Na cidade da Coruña, 28 de outubro de 2019.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos estes autos sobre reclamación de cantidade por instancia de Azucena Fernández Cobelo, que comparece asistida pola letrada María Luisa Pérez Pérez, contra Estefanía Pérez Chas e o Fogasa, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Azucena Fernández Cobelo contra Estefanía Pérez Chas e o Fogasa, se condena a demandada a aboarlle á Sra. Fernández a cantidade de sete mil oitocentos sesenta e cinco euros e un céntimo (7.865,01 €).

Así mesmo, débese absolver o Fondo e Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se efectúe a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou causa habente seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial. No caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Estefanía Pérez Chas, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza