Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51643

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 26 de novembro de 2019 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Mediante a Orde do 1 de abril de 2019 establecéronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras e convocáronse para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 78, do 24 de abril).

O artigo 4 da orde establecía que se podería ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria.

O incremento do crédito, conforme o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, está condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de remanentes doutras convocatorias do mesmo servizo e programa, así como de créditos incorporados do exercicio anterior en programas do mesmo servizo, e, coa finalidade de atender as solicitudes presentadas e o máximo número de persoas destinatarias finais posible, cómpre ampliar o crédito destas axudas.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado no artigo 61.1 para os programas I e II da Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, na contía de 157.240,68 euros.

Programa de axudas

Código de procedemento

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Importe da ampliación

Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social

TR356A

09.40.324C.470.5

2015 00561

154.240,68 €

Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social

TR356C

09.40.324C.470.5

2015 00561

3.000,00 €

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria