Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51695

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR440D).

O Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, mediante o que se crea unha organización común de mercados dos produtos agrarios, e polo que se derogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007, completado polo Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016, e polo Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, regula os programas nacionais de apoio no sector vitivinícola que os Estados membros poden presentar á Comisión.

O Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, recolle o conxunto de disposicións que desenvolven o programa de apoio do sector vitivinícola español para o período 2019 a 2023. Entre estas medidas de apoio figura a relativa á promoción do viño en mercados de terceiros países.

Posteriormente, o día 26 de outubro de 2019 o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou o Real decreto 608/2019, do 25 de outubro, polo que se modifica o Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español. Este real decreto introduce diversas modificacións de tipo técnico e para mellorar a comprensión da normativa anterior.

Por iso, é necesario adaptar as ordes de axudas ás modificacións realizadas e, para iso, considérase aconsellable volver publicar na súa integridade as bases reguladoras das axudas e a convocatoria correspondente ao ano 2020.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2020. O código do procedemento é o MR440D.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras para a concesión das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 2. Tipos de accións e duración dos programas

1. As medidas de información e promoción dos viños en terceiros países mencionadas no artigo 45 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 poderán incluír calquera das accións e actividades relacionadas no anexo III desta orde.

2. As ditas accións deberanse levar a cabo no marco dun programa de información e de promoción, entendendo como tal o conxunto de accións de promoción coherentes que se desenvolven nun ou en varios terceiros países, cuxo alcance sexa suficiente para contribuír a aumentar a información sobre os produtos en cuestión, así como a súa comercialización.

3. Para cada período de programación, os programas poderán ter unha duración máxima de tres anos para un determinado beneficiario nun terceiro país ou mercado dun terceiro país. Non obstante, se para os efectos do programa o xustifican, poderase prorrogar unha vez por un máximo de dous anos, ou dúas veces por un máximo de un ano cada prórroga, logo de solicitude, de acordo co previsto no artigo 9.

Para estes efectos, considerarase como mercado dun terceiro país o referido ao tipo de mercado obxectivo e/ou ao ámbito xeográfico onde se desenvolven os programas. Por tipo de mercado obxectivo entenderanse as actividades e o público obxectivo a que se dirixen. Os ámbitos xeográficos serán os definidos no anexo III do Real decreto 1363/2018. para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, modificado polo Real decreto 608/2019.

Para os efectos de contabilizar a duración máxima da axuda teranse en conta os programas executados desde o exercicio Feaga 2018 inclusive, salvo o programa en execución que se terá en conta o aprobado e/ou modificado a data de presentación das novas solicitudes.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas que máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño ou cuxa produción supere os 1.000 hl, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.

b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo cos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas no ámbito nacional de acordo cos artigos 157 e 158 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e recoñecidas por España segundo o disposto na Lei 38/1994, do 30 de decembro, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.

d) Organizacións profesionais: entenderase como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, que estean recoñecidas no ámbito nacional de acordo coa normativa vixente, e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.

e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.

f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño. Entenderanse como tales as agrupacións de viticultores e/ou produtores, persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades para os que se agruparon. Actuarán de conformidade co artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

No caso das asociacións temporais ou permanentes de produtores, designarase un representante da agrupación, que deberá ter poderes suficientes para poder cumprir as obrigas que corresponden á citada agrupación como beneficiaria das axudas, tal e como establece o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. Todos os membros da agrupación obterán a condición de beneficiarios, e manteranse na agrupación desde o momento de presentación da solicitude ata o cesamento das obrigas de control financeiro establecidas pola Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. Os beneficiarios deberán demostrar, en función do persoal da que dispoñen e, de ser o caso, do tamaño da empresa e a súa experiencia profesional nos últimos anos, que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e que contan cos recursos financeiros e de persoal suficientes para asegurar que a medida se aplica o máis eficazmente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.

Artigo 4. Produtos e países admisibles

1. Poderán ser obxecto das accións de información e promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

a) Viños con denominación de orixe protexida.

b) Viños con indicación xeográfica protexida.

c) Viños en que se indique a variedade ou variedades de uva de vinificación.

2. Consideraranse elixibles para realizar accións de promoción todos os países terceiros, e serán prioritarios os recollidos no anexo VII.

Artigo 5. Características das accións e programas

1. As accións e programas estarán claramente definidos, especificando o terceiro país ou países ou mercados do terceiro país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as accións e actividades que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.

2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses, que comezarán o 1 de maio de cada ano.

3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto, e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinadas.

4. No caso dos viños que conten con calidade diferenciada, deberá especificarse a orixe do produto como parte das accións ou programas de información e promoción.

5. Sen prexuízo do disposto nos puntos 3 e 4, as referencias a marcas, se é o caso, poderán formar parte da mensaxe.

6. Anualmente, poderán establecerse directrices sobre as campañas de información e de promoción derivadas da aplicación da normativa básica estatal na materia, que se regularán polo disposto nesta orde.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, serán subvencionables os gastos necesarios para desenvolver as accións e actividades de promoción indicadas no anexo III desta orde, coas limitacións sinaladas nos puntos seguintes.

2. Serán subvencionables os gastos administrativos do beneficiario, sempre que os ditos gastos se consignen nunha partida específica do orzamento recapitulativo do programa. Estes gastos incluirán, de ser o caso, os correspondentes ao certificado dos estados financeiros.

3. Tamén se poderán considerar subvencionables os custos de persoal, se se producen con motivo da preparación, execución ou seguimento desa operación subvencionada concreta, incluída a avaliación. Os ditos custos de persoal inclúen os custos do persoal contratado polo beneficiario especificamente con motivo da operación e os custos correspondentes á proporción das horas de traballo invertidas na operación por parte do persoal permanente do beneficiario.

4. As condicións para a subvencionabilidade destes e doutros gastos son as establecidas no anexo VIII desta orde.

5. En todo caso, o gasto será subvencionable sempre que:

a) Se fixese a actividade promocional subvencionada que orixina o gasto dentro da anualidade do programa, isto é, entre o 1 de maio e o 30 de abril, e

b) O gasto fose efectivamente pagado polo beneficiario con anterioridade á finalización do prazo de xustificación, é dicir, antes do 1 de xuño.

6. Non se poderán considerar subvencionables os custos referidos no anexo IX desta orde.

Artigo 7. Outros requisitos

O solicitante debe garantir que todos os custos propostos do programa presentado non superan os prezos normais do mercado. En todo caso, e para os efectos da súa comprobación, o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores para todos os gastos superiores a 2.000 € en cada país, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Artigo 8. Forma e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Esta presentación por medios electrónicos será tamén obrigatoria para as persoas físicas, e en particular, para os empresarios autónomos, xa que así figura indicado no punto 1 do artigo 8 do Real decreto 1363/2018, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español modificado polo Real decreto 608/2019.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como a data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e contrasinal Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente.

Artigo 9. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

– Memoria, que deberá conter polo menos a información prevista no anexo II desta orde.

– Copia do poder ou acordo do órgano competente, se é o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes, na data da solicitude.

– Copia das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

– Copia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción solicitado. No caso de viños amparados por unha denominación de orixe, IXP ou ecolóxicos, debe acompañarse ademais, un certificado do Consello Regulador que indique o viño dispoñible.

– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo X debidamente cuberto, acompañado de todas as ofertas solicitadas.

– De ser o caso, certificación ambiental segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) Nº 1221/2009), a Norma ISO 14.001, e/ou o certificado Wineries for Climate Protection.

– No caso de prórroga dun programa, de acordo co punto 3 do artigo 2, os interesados deberán presentar un informe de resultados dos dous primeiros anos de execución para a súa avaliación. O referido informe conterá, polo menos, información relativa aos efectos no mercado de destino do programa desenvolto, ademais de detallar as razóns para solicitar a prórroga.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Entenderase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. As accións e programas presentados deberán conter, polo menos, a información prevista no anexo II memoria e:

– Cumprir o disposto nesta orde.

– Respectar a normativa da Unión Europea relativa aos produtos considerados e a súa comercialización.

– Incluír co suficiente grao de detalle todos os requisitos necesarios para que se poida avaliar a súa conformidade coa normativa aplicable e a súa relación calidade/prezo.

– Especificar os medios propios e/ou externos con que se contará para desenvolver as accións previstas.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda) de acordo co establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Os beneficiarios que teñan a intención de acompañar certificados dos estados financeiros coas súas solicitudes de pagamento, deberán notificalo á autoridade competente no momento da presentación da súa solicitude de axuda. Os ditos estados financeiros poderán consistir nas contas anuais do beneficiario, en función das obrigas contables correspondentes a este, segundo a súa personalidade física ou xurídica, ou noutro tipo de documentos.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento acreditativo da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI/NIE no caso de persoa física.

b) Certificado da renda (IRPF no caso de persoas físicas) dos 3 últimos anos soamente.

c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

f) Comprobación de que o solicitante ten o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Comprobación de que o solicitante non ten concedidas outras axudas incompatibles.

h) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter axudas públicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Instrución

1. Correspóndelle á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias a instrución do procedemento. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, a unidade correspondente da referida dirección xeral requirirá o interesado para que nun prazo máximo e improrrogable de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, se é o caso, o de emenda establecido no punto anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento, nin incluíndo novos países nin accións para as que se solicitase axuda.

3. A tramitación das solicitudes constará dunha primeira fase en que se verificará a súa admisibilidade mediante a comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos, en particular os establecidos no artigo 10 do Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, polo que se completa o Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no referente aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola e se modifica o Regulamento (CE) 555/2008 da Comisión. As solicitudes que non cumpran eses requisitos non serán admisibles.

As solicitudes que superen esta primeira fase pasarán a unha segunda de priorización, na cal se valorarán as solicitudes utilizando os criterios de priorización indicados no anexo V desta orde. Para estes efectos, as solicitudes serán valoradas por unha Comisión de Valoración constituída da seguinte forma:

– Presidente: o subdirector xeral de Industrias Agroalimentarias.

– Vogais: dous funcionarios do Servizo de Industrialización e Comercialización.

– Secretario: un funcionario do dito servizo, que actuará con voz e sen voto.

4. A Comisión de Valoración emitirá un informe coa valoración das solicitudes aplicando os criterios de priorización establecidos, que elevará á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Esta dirección xeral elaborará unha lista provisional coas accións e programas ordenados por puntos, que remitirá ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación antes do 15 de marzo de cada ano. Excluiranse os programas cuxa puntuación non acade 25 puntos.

5. Conforme o previsto na normativa básica estatal, no seo da Mesa de Promoción Alimentaria, aprobada na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 19 de febreiro de 2007, integrada por representantes do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e das comunidades autónomas, constituirase unha Comisión Nacional de Selección de Programas.

Esta Comisión Nacional poderá, para cada exercicio Feaga e a partir das listas provisionais remitidas polas comunidades autónomas, propoñer á Conferencia Sectorial, segundo proceda:

a) Cando o gasto total previsto nas solicitudes seleccionadas implique unha axuda (segundo o máximo previsto no artigo 14) que non exceda do límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida, elaborarase unha lista definitiva de programas e proporase para eles a axuda máxima prevista no artigo 14.

b) Cando o gasto total previsto nas solicitudes seleccionadas implique unha axuda (segundo o máximo previsto no artigo 14) que exceda do límite orzamentario inicialmente asignado a esta medida, optarase por unha das seguintes opcións:

1ª. Conceder a axuda máxima prevista no artigo 14, por orde de puntuación, dentro dos límites dos fondos dispoñibles para o programa de apoio.

2ª. Diminuír a axuda máxima prevista no artigo 14 ata nun máximo de 15 puntos porcentuais, ata esgotar o orzamento da ficha financeira.

En caso de empate, segundo as puntuacións obtidas de acordo co anexo V, serán prioritarios, en primeiro lugar, os programas con maior puntuación no punto 1.a). En caso de continuar o empate, priorizaranse os programas con maior puntuación de acordo á seguinte orde: punto 2.a), punto 2.c), punto 1.d), punto 2.b), punto 1.b), punto 1.c) e punto 3.

Artigo 12. Resolución

1. Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial a lista definitiva das accións e programas seleccionados e as condicións establecidas para eles, as solicitudes correspondentes á Comunidade Autónoma serán resoltas pola persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo máximo de 6 meses, contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Transcorrido o prazo de seis meses sen se ter notificado aos interesados resolución ningunha, estes poderán entender desestimada a súa solicitude de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Para o caso previsto no punto 5.b) do artigo anterior, as resolucións poderán facer referencia á aplicación dunha diminución na axuda máxima prevista e, en tal caso, cando haxa desistencias ou modificacións autorizadas de acordo co artigo 13, a Consellería do Medio Rural poderá realizar resolucións complementarias de acordo co previsto no punto 7 do presente artigo.

3. A resolución de concesión indicará os gastos considerados como subvencionables, así como as condicións xerais e particulares que se consideren necesarias para garantir o cumprimento dos obxectivos da axuda. Especificamente indicará o prazo máximo para a realización e a xustificación dos gastos efectuados.

A dita resolución de concesión indicará tamén expresamente a procedencia dos fondos.

4. As resolucións, expresas ou presuntas, dos expedientes tramitados en aplicación desta orde ou da respectiva orde de convocatoria anual esgotan a vía administrativa e, contra elas, cabe interpor os seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo do establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para os actos non expresos.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se a resolución é expresa.

5. No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicarán á Consellería do Medio Rural no prazo máximo dun mes, a aceptación da resolución nos termos establecidos, así como a xustificación da constitución dunha garantía, de acordo coas condicións previstas no Regulamento delegado (UE) 907/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no relativo aos organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro, por un importe non inferior ao 15 % do montante anual do financiamento da Unión Europea, co fin de garantir a correcta execución do programa.

No caso de resolución complementaria, o beneficiario deberá comunicar á Consellería do Medio Rural, de ser o caso, no prazo máximo de 10 días, a aceptación da dita resolución complementaria. A non presentación desta comunicación entenderase como a non aceptación por parte do beneficiario, manténdose o programa tal e como foi aprobado inicialmente.

6. A obriga, segundo o artigo 66, punto 1, do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 352/1978, (CE) nº 165/1994, (CE) nº 2799/1998, (CE) nº 814/2000, (CE) nº 1290/2005 e (CE) nº 485/2008 do Consello, será a execución de, polo menos, o 50 % do orzamento total do programa obxecto da última resolución favorable. Por debaixo deste procederase á execución total da garantía de boa execución, ademais de non pagar a parte executada independentemente da porcentaxe que sexa. Para estes efectos, deberase ter en conta o recollido no artigo 13.3.

7. No caso de producirse desistencias de beneficiarios con resolución estimatoria, ou de existir modificacións autorizadas de acordo co artigo 13, a comunidade autónoma enviará, como moi tarde o 15 de decembro de cada ano, a lista de programas revisada de acordo coas ditas desistencias e modificacións, para os efectos de coñecer os fondos que se liberen.

No caso de que se aplicase unha diminución na axuda máxima prevista e existan fondos sobrantes durante a execución dos programas, poderase propoñer á Comisión Nacional de Selección de Programas a repartición dos ditos fondos con ámbito nacional, co fin de mellorar a dotación financeira dos programas que non fosen obxecto de desistencia nin modificación, agás se son debidas a pequenas modificacións. Os criterios de repartición destes fondos serán establecidos pola Conferencia Sectorial para cada exercicio Feaga en función das necesidades.

Artigo 13. Modificacións

1. Antes da presentación da solicitude de pagamento final, antes dos controis sobre o terreo previos ao pagamento final e, en todo caso, antes da finalización da execución do programa, os beneficiarios poderán presentar modificacións dos programas inicialmente seleccionados, sempre que non comprometan os obxectivos dos programas no seu conxunto, non se modifiquen á alza os orzamentos dos programas, non supoñan cambios na admisibilidade, nin variacións da puntuación á baixa, estean debidamente xustificadas, se comuniquen á Consellería do Medio Rural antes do 30 de novembro do ano de aprobación da axuda e estean autorizadas por ela. En todo caso, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos países nin o incremento do orzamento aprobado para o total do programa.

A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural resolverá as solicitudes de modificación e notificaraas aos beneficiarios nun prazo máximo de 60 días desde a recepción completa da solicitude de modificación. Este prazo poderá quedar interrompido mediante notificación da Consellería do Medio Rural se se considera necesario recibir información adicional ou efectuar algunha verificación.

2. Non obstante, poderase permitir que se efectúen, de forma automática sen autorización previa da Consellería do Medio Rural, pequenas modificacións dentro do importe da axuda subvencionable autorizada na última resolución vixente, sempre que se cumpran os requisitos do parágrafo anterior.

3. Para os efectos previstos no punto 2, entenderanse como pequenas modificacións, entre outras, os seguintes supostos:

a) As transferencias financeiras entre as accións dun programa xa aprobado ata un máximo do 20 % do importe autorizado na última resolución vixente para cada acción, sempre que non se supere o importe total da axuda autorizada para o programa.

b) As modificacións á baixa do orzamento do programa autorizado na última resolución vixente, dentro do límite do 20 %, sempre que sexan debidas exclusivamente a aforros orzamentarios e se executen todas as accións.

Tales circunstancias deberán estar debidamente acreditadas, e comunicaranse á Consellería do Medio Rural en calquera momento ou, como máis tarde, no momento da solicitude de pagamento.

4. A comunidade autónoma comunicará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, antes do 15 de decembro de cada ano, as modificacións que se producisen e que afecten as anualidades en curso.

Artigo 14. Financiamento das axudas

1. O financiamento da Unión Europea das accións recollido nesta orde realizarase de conformidade co artigo 4 do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola comunitaria.

2. A participación financeira da Unión Europea nos programas seleccionados non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables. Nos programas de dous ou tres anos de duración o referido límite considerarase para cada ano de execución.

3. Só se concederá a porcentaxe de axuda aprobada na última resolución vixente cando o grao de execución do orzamento do programa obxecto de resolución acade, polo menos, o 70 %. Para estos efectos, teranse en conta as pequenas modificacións.

Se a execución do devandito orzamento se atopa entre o 50 e o 70 % se diminuirá en 5 puntos porcentuais a porcentaxe de axuda aprobada na última resolución vixente.

Non se concederá axuda e executarase a garantía depositada se o grao de execución está por debaixo do 50 %.

4. A contía máxima de axuda solicitada por beneficiario non poderá superar o 5 % do orzamento total destinado a esta medida na ficha financeira do programa de apoio para o exercicio Feaga correspondente. A dita limitación só será aplicable aos beneficiarios recollidos no punto 1.a) do artigo 3.

5. A achega económica dos beneficiarios poderá proceder de tarifas ou contribucións obrigatorias.

Artigo 15. Anticipos

1. O beneficiario poderá presentar á Consellería do Medio Rural unha solicitude de anticipo que poderá chegar ata o 80 % do importe da contribución anual da Unión Europea.

2. O pagamento dun anticipo supeditarase á constitución dunha garantía por un importe igual ao 100 % do dito anticipo, de conformidade co Regulamento delegado (UE) 907/2014 da Comisión, do 11 de marzo.

3. A garantía liberarase cando a Consellería do Medio Rural teña recoñecido o dereito definitivo a percibir o importe anticipado.

Artigo 16. Pagamentos

1. Poderase solicitar un único pagamento ou pagamentos intermedios da contribución anual da Unión Europea. As solicitudes referiranse ás accións realizadas e pagadas.

2. Todos os pagamentos deben realizarse a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusividade para este fin, agás as excepcións detalladas a seguir:

– Gastos de manutención: cando se soliciten a tanto global.

– Gastos xerais do beneficiario: sempre que se tivese reservado unha partida específica para eles no orzamento recapitulativo do programa aprobado.

– Gastos da Seguridade Social e do IRPF.

– Pagamentos de nóminas.

– Viño empregado como material promocional.

– Pagamentos por compensación. Xa que se trata dunha práctica comercial habitual no sector, poderase aceptar o pagamento das facturas de accións de promoción mediante compensación con outras facturas emitidas polo beneficiario ao executor das ditas accións, sempre que se achegue xunto coa solicitude de pagamento, a seguinte documentación:

• Un certificado do emisor da factura polas accións de promoción, que deixe constancia do seu cobramento, e en que se identifiquen:

◦ Os datos do beneficiario.

◦ As facturas obxecto de compensación.

◦ O importe compensado.

• Copia das facturas que teña emitido con cargo ao executor das medidas de promoción e que servisen para efectuar a compensación, a efectos da comprobación da veracidade dos pagamentos compensados.

3. As solicitudes de pagamentos intermedios deberán presentarse ante a Consellería do Medio Rural antes de que conclúa o mes seguinte a aquel en que expire cada período de catro meses, a partir do 1 de maio. Estes pagamentos terán o carácter de pagamentos á conta. Cando se tramite un pagamento á conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 €, o beneficiario deberá presentar con anterioridade ao pagamento da axuda unha garantía constituída por seguro de caución prestado por unha entidade aseguradora ou mediante aval solidario dunha entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá acadar, como mínimo, ata os dous meses seguintes ao final do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobado o cumprimento de todos os requisitos para o pagamento da axuda.

4. Os pagamentos intermedios e o pagamento do anticipo previsto no artigo anterior non poderán superar no seu conxunto o 80 % do total da contribución da Unión Europea.

5. Unha vez finalizadas as accións de cada anualidade, e antes do 1 de xuño dese ano, o beneficiario solicitará o pagamento da axuda e presentará a seguinte documentación:

a) Un informe resumo das accións desagregadas en actividades, co correspondente importe orzamentario e o custo final de cada unha delas, e unha avaliación dos resultados obtidos que poidan verificarse na data do informe.

b) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo XI, xunto cos orixinais das facturas e xustificantes dos pagamentos realizados. No caso de accións cuxa execución se subcontrate a provedores de servizo, deberase achegar factura do dito provedor e proba do seu pagamento efectivo.

c) Declaración responsable relativa á conta bancaria mencionada no punto 2 deste artigo (nome do banco, sucursal e codificación bancaria), así como extracto bancario desta en que se poida comprobar a realización dos pagamentos xustificados mediante as facturas citadas na letra b) anterior.

d) No caso de material promocional, de información e publicitario (catálogos, folletos, carteis, etc.), deberase presentar un exemplar orixinal deles. Ademais, o beneficiario deberá presentar unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material coa normativa da Unión Europea e que se cumpre a normativa de aplicación correspondente nos países de destino.

e) No caso de estudos de mercado e de avaliación de resultados, deberase presentar unha copia do estudo ou informe realizado.

f) No caso de incluírse novos gastos admisibles non recollidos na concesión da axuda, deberase achegar a relación das ofertas solicitadas e elixidas para estes gastos seguindo o modelo do anexo X, acompañada de todas as ofertas solicitadas incluídas na dita relación.

g) Declaración de concorrencia de axudas, seguindo o modelo do anexo VI.

6. Así mesmo, de cara á xustificación técnica das accións, poderanse solicitar ao beneficiario medios de proba da realización das accións promocionais.

7. A comunidade autónoma realizará o pagamento nun prazo máximo de 75 días desde a recepción completa da solicitude de pagamento. Este prazo poderá quedar interrompido se se considera necesario recibir información adicional ou efectuar algunha verificación.

Artigo 17. Incumprimento da resolución de concesión

Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executa e xustifica todos os conceptos dos gastos aprobados nos prazos establecidos e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, procederá aboarlle a totalidade da subvención concedida.

No caso contrario, existirá un incumprimento, polo que se aplicarán os seguintes criterios:

– Cando o beneficiario realice parcialmente e xustifique nos prazos establecidos as actuacións obxecto da axuda, aboaráselle a subvención proporcional correspondente, sempre que estea relacionada con actuacións finalizadas, xustifique polo menos o 70 % do orzamento total obxecto da resolución favorable e se cumpran o resto das condicións establecidas.

– Cando o beneficiario execute entre o 50 e o 70 % do orzamento total obxecto da resolución favorable e se cumpran o resto das condicións establecidas, a subvención que se aboará determinarase conforme a establecido no punto 3 do artigo 14 desta orde.

– Cando o beneficiario non realice ou xustifique nos prazos establecidos ningunha das actuacións obxecto da axuda, ou ben se a dita execución ou xustificación non acada, como mínimo, o 50 % do orzamento total obxecto da resolución favorable, existirá un incumprimento total e non se lle pagará ningunha axuda.

Artigo 18. Pagamentos indebidos e sancións

1. O beneficiario deberá reintegrar os pagamentos indebidos xunto cos xuros, segundo o establecido no artigo 40 do Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016. O tipo de xuro que se vai aplicar será o de mora, establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

2. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da vide e do viño; nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Artigo 19. Controis

1. A Consellería do Medio Rural adoptará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control que deberá establecer o Fondo Español de Garantía Agraria, en colaboración coas comunidades autónomas. Para eses efectos, os beneficiarios das axudas deberán conservar a documentación relacionada coas operacións obxecto de axuda.

2. Efectuaranse controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento.

3. Realizarase, anualmente, un plan de controis sobre o terreo que incluirá unha mostra de, polo menos, o 5 % das solicitudes seleccionadas, así como o 5 % dos importes para os que se solicite axuda. Esta mostra será seleccionada cada ano sobre a base dunha análise de riscos e de representatividade das solicitudes de axuda presentadas. A eficacia da análise de riscos avaliarase e actualizarase anualmente, de acordo co disposto no artigo 34.1 do Regulamento de execución (UE) 2016/1150.

A representatividade das solicitudes antes referidas garantirase seleccionando de forma aleatoria entre un 20 e un 25 % do número mínimo de beneficiarios que deban ser sometidos a controis sobre o terreo. Levarase un rexistro dos motivos que conducisen á selección dun beneficiario determinado para os controis sobre o terreo. O inspector que realice o control sobre o terreo será informado deses motivos antes de iniciar o control.

4. Os controis sobre o terreo terán por obxecto a verificación da realidade e subvencionabilidade dos gastos e consistirán no cotexo das facturas e xustificantes presentados cos rexistros contables e, se é o caso, outros documentos xustificativos.

Na contabilidade xeral do beneficiario comprobarase que non se perciben axudas recollidas no artigo 16.2 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, ou do Regulamento (UE) 1144/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 3/2008, do Consello.

5. Poderanse realizar controis sobre o terreo dos programas de información e promoción nas dependencias do beneficiario ou da entidade que executa as accións de promoción ás cales o beneficiario confiara a aplicación do programa de información ou promoción ou de partes dela. Os controis sobre o terreo poderanse anunciar cunha antelación máxima de 14 días.

Durante estes controis sobre o terreo, os inspectores poderán comprobar unha mostra equivalente, como mínimo, ao 30 % do importe da axuda solicitada e, como mínimo, ao 5 % do total das facturas ou outros xustificantes presentados ou cubertos polo certificado dos estados financeiros, achegados ata o momento en que se efectúa o control sobre o terreo.

6. Ademais dos controis indicados nos puntos anteriores, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

7. Antes do 15 de xaneiro de cada ano, a comunidade autónoma remitirá ao Fondo Español de Garantía Agraria un informe anual sobre os controis executados durante o exercicio financeiro anterior.

Artigo 20. Comprobación do material

Os beneficiarios da axuda deberán asegurarse da conformidade do material de información e promoción elaborado no marco dos programas, tanto coa normativa comunitaria como coa lexislación do terceiro país en que se desenvolve o programa. Para iso, o beneficiario presentará ante a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias unha declaración responsable en que indique a conformidade do dito material e o cumprimento da normativa de aplicación correspondente, así como evidencias da proba de chegada a destino do material promocional utilizado por parte do destinatario no terceiro país, sempre que sexa susceptible de ser utilizado noutro mercado distinto ao país de destino.

O beneficiario deberá presentar, así mesmo, un exemplar do material promocional, de información e publicitario subvencionado. No caso de que o seu tamaño ou formato o xustifique, no seu lugar poderán presentar fotos descriptivas deles.

Artigo 21. Obrigas do beneficiario

O beneficiario deberá cumprir coas obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

Artigo 22. Compatibilidade das axudas

1. Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que están recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (UE) 1305/2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural. Tampouco se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio os programas simples de información e de promoción de viño asociado a outros produtos agroalimentarios ou os programas múltiples de información e promoción do viño regulados ao abeiro do Regulamento (UE) 1144/2014, sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 3/2008.

2. A percepción das subvencións previstas nesta orde para financiar a operación presentada será incompatible coa de calquera outras que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 23. Comunicación relativa aos anticipos

Para os anticipos concedidos segundo o artigo 15, o beneficiario deberá presentar cada ano ante o organismo pagador antes do 1 de xuño xunto coa solicitude do pagamento do saldo da anualidade correspondente, unha declaración dos gastos que xustifiquen, o uso dos anticipos na anualidade correspondente e a confirmación do saldo restante do anticipo non utilizado. Esta declaración non será necesaria no caso de beneficiarios de operacións para os que a contribución da Unión Europea sexa inferior a 5.000.000 de euros.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, poideran impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 25. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, á conta de correo e/ou teléfono móbil que conste na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionárense por medios electrónicos.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. A notificación entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CAPÍTULO II

Convocatoria das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países

Artigo 26. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo primeiro desta orde, as axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países para o ano 2020.

Artigo 27. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o día 14 de xaneiro de 2020.

Artigo 28. Gastos atendibles na convocatoria de 2020

Para a convocatoria de 2020 serán atendibles os gastos realizados entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021.

Artigo 29. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase con cargo ao concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, cunha dotación de 1.100.000 €, e para o ano 2021, cunha dotación de 1.000.000 €.

Esta dotación poderá verse incrementada nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como cos fondos transferidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2020.

Así mesmo, a concesión de subvencións queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Disposición adicional primeira. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta do cidadán.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición adicional segunda

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e no Regulamento (CE) 555/2008 da Comisión, do 27 de xuño, e nas súas modificacións posteriores; no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, modificado polo Real decreto 608/2019, e noutras disposicións estatais complementarias; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Memoria

I. Formulario do beneficiario.

Cubrir un único formulario por beneficiario.

1. Beneficiario.

1.1. Presentación.

Nome, enderezo, enderezo de correo electrónico, teléfono, fax, persoa de contacto responsable do programa.

1.2. Tipo de beneficiario (de acordo co artigo 3 da presente orde).

Indicar, así mesmo, se o beneficiario é un produtor vitivinícola, considerando como tal a aquel que, independentemente da súa forma xurídica, sexa elaborador de viño.

1.3. Trátase dun novo beneficiario? SI/NON.

Para isto terase en conta que se consideran novos beneficiarios aqueles que non participasen nunca ou cuxos programas nunca formasen parte da lista de selección proposta pola Comisión Nacional de Selección de Programas, desde o exercicio Feaga 2018.

1.4. Características da organización ou empresa propoñentes.

– Representatividade (figuras de calidade a que pertence e número de tipos de viño que comercializa para cada unha).

– Importancia no sector (volume comercializado total e respecto á DOP/IXP a que pertence, valor da produción comercializada, valor da produción comercializada no exterior).

– A empresa utiliza marcas colectivas? SI/NON.

En caso afirmativo, indicar as marcas e as empresas amparadas por cada unha delas.

1.5. Tipo de empresa.

Especificar se se trata:

• Dunha entidade asociativa prioritaria ou unha entidade de base desta, ou dunha cooperativa ou outra entidade asociativa agroalimentaria (SAT, sociedade mercantil na que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT).

• Dunha entidade resultante dun proceso de integración acollida ao Real decreto 1009/2015, do 6 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas ao fomento da integración de entidades asociativas agroalimentarias de ámbito supraautonómico, nos dous últimos anos anteriores á solicitude.

• Dunha organización de produtores vitivinícolas recoñecida para os produtos mencionados no anexo IV.

• Dunha asociación participada maioritariamente (máis dun 50 %) por produtores dos produtos mencionados no anexo IV, sexa directamente o a través de sociedades.

1.6. O beneficiario é un grupo empresarial? SI/NON.

En caso afirmativo, especifíquese o diagrama do grupo empresarial (indíquense porcentaxes) e cales son as adegas do grupo que participan no programa.

2. Acreditación da dispoñibilidade de recursos suficientes.

2.1. Balance de contas e copia das declaracións do IRPF (persoas físicas) ou do imposto de sociedades (persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

2.2. Xustificación da dispoñibilidade de fondos suficientes para atender a parte do orzamento para a que se solicita cofinanciamento.

3. Acreditación da capacidade técnica.

3.1. Descrición dos recursos para a execución do programa (persoal, capacitación e medios).

Especificar se os recursos son propios ou alleos.

Se se seleccionaron varios organismos de execución, indicar as actuacións que realizarán cada un deles.

Definir a estrutura interna/externa (departamentos e funcións). Datos do departamento de comercio exterior (experiencia, persoal). Datos do departamento de márketing (experiencia, medios para o desenvolvemento das accións no país de destino, distribución no país de destino, carteira de produtos da empresa).

3.2. Xustificación da capacidade para executar o programa. Experiencia en actuacións de promoción.

4. Capacidade de resposta comercial.

4.1. Diversidade de tipos de viño e zonas xeográficas en que está presente. Indicar as marcas comerciais dos diferentes tipos de viño.

4.2. Volume de comercialización e volume exportado nos tres últimos anos (detallando o volume para os países obxecto do programa).

4.3. Volume de comercialización dispoñible para posible resposta comercial.

II. Formulario do programa.

Cubrir un formulario para cada programa.

1. Características do programa.

1.1. Produtos.

Especificar a carteira de produtos obxecto da promoción, indicando número e características.

1.2. Destino dos programas.

Especificar os países e os mercados do terceiro país de destino e detallar os motivos polos que foron seleccionados e as posibilidades de comercialización dos produtos nos destinos elixidos.

1.3. Trátase dun programa dirixido a un novo destino (país ou mercado)? SI/NON.

En caso afirmativo, especificar o novo tipo de mercado obxectivo e/ou o novo ámbito xeográfico.

1.4. Duración: 12-24-36 meses.

1.5. É continuación dun programa presentado no exercicio Feaga anterior? SI/NON.

1.6. Trátase dunha prórroga? SI/NON.

2. Obxectivo.

Especificar os obxectivos concretos e, se é posible, cuantificalos.

3. Estratexia.

Especificar que instrumentos de márketing e comunicación se utilizarán para acadar os obxectivos do programa.

4. Accións.

4.1. Descrición detallada de cada unha das accións e actividades por país ou mercado. Deben indicarse expresamente as canles elixidas previstas para cada público destinatario.

4.2. Calendario previsto.

Lugares e datas onde se levarán a cabo as actividades (mencionar a cidade ou, en casos excepcionais, a rexión; por exemplo, poñer «os Estados Unidos» non é suficientemente preciso).

5. Público obxectivo.

Para cada actividade do programa débese detallar o público obxectivo ao que se dirixe co fin de coñecer o orzamento destinado a cada un deles.

Especificar se vai dirixido a consumidor, distribuidor-supermercado, distribuidor-almacenista, distribuidor-comerciante polo miúdo especializado, distribuidor-restaurante, importadores, líderes de opinión-xornalistas, líderes de opinión-expertos gastronómicos, e escolas de hostalaría e restauración.

6. Mensaxes.

Sobre as calidades intrínsecas dos produtos; ou, no caso de tratarse de viños que contan cunha IXP/DOP, sobre a orixe do produto.

7. Repercusión previsible e método para medila.

Polo que se refire á evolución da demanda, a notoriedade e a imaxe do produto ou calquera outro aspecto vinculado aos obxectivos.

7.1. Especificar e cuantificar a repercusión previsible en termos de resultados realistas.

7.2. Especificar o método (cuantitativo e/ou cualitativo) e os indicadores que se utilizarán para medir os resultados ou repercusións.

8. Interese nacional e comunitario do programa.

Describir o posible interese para a comunidade autónoma de Galicia, España e/ou a Unión Europea.

9. Orzamento.

9.1. Cadro recapitulativo.

Elaborar conforme os modelos indicados:

– Un cadro recapitulativo de accións e actividades para cada país de destino e exercicio Feaga, onde conste a rexión, o público obxectivo e o orzamento.

– Un cadro xeral cos totais para cada un dos países xunto cos gastos administrativos e os custos de persoal.

A presentación do orzamento debe aterse á mesma estrutura e á mesma orde que a descrición das accións e actividades.

Orzamento do país:. . . . . . . . . .para o período 1.5.2020 a 30.4.2021

Acción

Actividade

Rexión

Público obxectivo

Importe (€)

a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade

Importe total acción «Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade»

b) Participación en feiras e exposicións

Importe total acción «Participación en feiras e exposicións»

c) Campañas de información

Importe total acción «Campañas de información»

d) Estudos de novos mercados

Importe total acción «Estudos de novos mercados»

e) Avaliación de resultados

Importe total acción «Avaliación de resultados»

Importe total das accións (a+b+c+d+e)

*Gastos administrativos

**Custos de persoal

Orzamento total do país.....

*O importe total dos gastos administrativos do país non pode superar o 4 % do importe total das accións do país.

**O importe total dos custos de persoal do país non pode superar o 13 % do importe total das accións do país.

Orzamento total do programa para o período 1.5.2020 a 30.4.2021

Grupo do país
(1, 2 ou 3)

País

Orzamento (€)

% do
orzamento total

Novo país (SI/NON)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Orzamento total programa

9.2. Xustificación de que os custos propostos non superan os prezos normais de mercado. Cando proceda, a través da comparación de diferentes ofertas.

10. Cadro resumo dos programas executados en anos anteriores nos mesmos países do presente programa.

Elaborar conforme o modelo adxunto un cadro para cada país obxecto do actual programa presentado, onde figuren as actividades, o público obxectivo e as rexións conforme á tipificación establecida no anexo VII desta orde e no anexo III do Real decreto 1363/2018 para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, modificado polo Real decreto 608/2019, que foron incluídas nos programas aprobados nas anteriores convocatorias de 2017 (pagada en 2018), 2018 (pagada en 2019), 2019 (que se pagará en 2020), así como na actual de 2020 (que se pagará en 2021).

País:

2017

2018

2019

2020

Rexións

Actividades

Público obxectivo

Rexións

Actividades

Público obxectivo

Rexións

Actividades

Público obxectivo

Rexións

Actividades

Público obxectivo

11. Outros datos pertinentes.

Indicar outros datos non citados anteriormente que se consideren relevantes para xustificar a idoneidade e interese do programa proposto.

ANEXO III

Accións e actividades de promoción

Accións

Actividades

a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos da Unión Europea en termos de calidade, seguridade alimentaria e respecto ao ambiente.

Misións comerciais.

Campañas publicitarias de natureza diversa (TV, radio, prensa, eventos, etc.).

Promocións en puntos de venda.

Portais web para promoción exterior, redes sociais.

Misións inversas.

Oficinas de información.

Gabinete de prensa.

Presentacións de produto, catas.

b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional.

Feiras e exposicións internacionais, etc., sectoriais ou xerais, profesionais e de consumidores. Catas.

c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas da Unión Europea de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e producións ecolóxicas.

Encontros empresariais, profesionais, líderes de opinión e consumidores.

Xornadas, seminarios, catas, degustacións, etc.

d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais.

Estudos e informes de mercado.

e) Avaliación dos resultados das medidas de promoción e información.

Estudos de avaliación de resultados das medidas de promoción.

ANEXO IV

Lista de produtos que poden ser obxecto de accións promocionais

1. Viño.

2. Viño de licor.

3. Viño espumoso.

4. Viño espumoso de calidade.

5. Viño espumoso aromático de calidade.

6. Viño de agulla.

7. Viño de agulla gasificado.

8. Viño de uvas pasificadas.

9. Viño de uvas sobremaduradas.

10. Viños ecolóxicos.

ANEXO V

Criterios de priorización

Criterios de priorización

Puntuación máxima

1. Características do propoñente:

45 puntos 

a) Programas presentados por novos beneficiarios.

20 puntos

b) Priorización dos solicitantes:

– Entidades asociativas prioritarias ou as súas entidades de base, ou cooperativas e outras entidades asociativas agroalimentarias (SAT, sociedades mercantís nas que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT).

7 puntos

– Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.

6 puntos

– Organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas para os produtos mencionados no anexo IV. No caso de que sexa unha forma recoñecida no punto anterior, non será acumulativo.

5 puntos

– Asociacións participadas maioritariamente (máis dun 50 %) por produtores dos produtos mencionados no anexo IV, sexa directamente ou a través de sociedades, e non recollidas no primeiro punto deste apartado.

3 puntos

c) Certificacións ambientais.

3 puntos

d) Beneficiarios que sexan produtores.

15 puntos

2. Características do programa:

45 puntos 

a) Programas que teñan como obxectivo un novo país.

20 puntos

b) Mercado de destino dos programas.

10 puntos

c) Alcance e cobertura do programa.

15 puntos

3. Interese para a Comunidade Autónoma:

10 puntos 

Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, IXP e ecolóxicos que indiquen a variedade.

10 puntos 

Valoración total xeral

100 puntos

1. Características do propoñente.

a) Programas presentados por novos beneficiarios (20 puntos), entendendo como tales aqueles que non participaran nunca ou cuxos programas nunca formaran parte da lista de selección proposta pola Comisión Nacional de Selección de Programas, desde o exercicio Feaga 2018.

b) Priorización dos solicitantes (máximo 7 puntos).

– Entidades asociativas prioritarias recoñecidas para o sector do viño (incluídas multisectoriais) de acordo co Real decreto 550/2014, do 27 de xuño, polo que se desenvolven os requisitos e o procedemento para o recoñecemento das entidades asociativas prioritarias e para a súa inscrición e baixa no Rexistro Nacional de Entidades Asociativas Prioritarias, previsto na Lei 13/2013, do 2 de agosto, de fomento da integración de cooperativas e doutras entidades asociativas de carácter agroalimentario. Así mesmo, serán priorizadas as súas entidades de base. Tamén serán priorizadas as entidades asociativas prioritarias rexionais ou figuras análogas reguladas no ámbito autonómico, así como as súas entidades de base (recoñecidas tamén para o sector do viño) (7 puntos).

– Cooperativas e outras entidades asociativas agroalimentarias (SAT, sociedades mercantís nas que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT) (7 puntos).

– Órganos de xestión e representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións (6 puntos).

– Organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas para os produtos mencionados no anexo IV. No caso de que sexa unha forma recoñecida no punto anterior, non será acumulativo (5 puntos).

– Asociacións participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores dos produtos mencionados no anexo IV, sexa directamente ou a través de sociedades, e non recollidas no primeiro punto deste apartado (3 puntos).

c) Certificacións ambientais. Priorizaranse aqueles solicitantes cuxas instalacións dispoñen de certificación ambiental (máximo 3 puntos):

– Segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) Nº 1221/2009) ou a Norma ISO 14.001 (2 puntos).

– Certificado Wineries for Climate Protection (1 punto).

As ditas certificacións deberán ser acreditadas e presentadas xunto coa solicitude.

d) Beneficiarios que sexan produtores vinícolas: entendendo como tales aqueles que, independentemente da súa forma xurídica, sexan elaboradores de viño (comercialicen ou non) (15 puntos).

2. Características do programa.

a) Programas que teñan como obxectivo un novo terceiro país (máximo 20 puntos): entendendo como tales aqueles programas que nunca teñan formado parte da lista de selección proposta pola Comisión Nacional de Selección de Programas, desde o exercicio Feaga 2018.

A puntuación repartirase de forma proporcional á porcentaxe de orzamento destinada aos novos terceiros países.

b) Destino dos programas (máximo 10 puntos):

Os 10 puntos repartiranse segundo o grupo ou grupos de países do anexo VII aos cales pertenzan os destinos elixidos para desenvolver os programas. A repartición da puntuación farase con base na porcentaxe (en tanto por un) do orzamento destinado aos ditos grupos de países prioritarios, asignando a puntuación da seguinte maneira, segundo proceda:

% do grupo 1 × 10 + % do grupo 2 × 5 + % do grupo 3 × 2,5 = puntuación por destino dos programas.

c) Alcance e cobertura do programa (máximo 15 puntos):

A puntuación concederase da seguinte forma:

• 7,5 puntos en función do alcance e cobertura en termos de actividades previstas. Outorgaranse as seguintes puntuacións: dúas actividades = 2,5 puntos; tres actividades = 5 puntos; catro ou máis actividades = 7,5 puntos.

• 7,5 puntos en función do alcance e cobertura en termos de público obxectivo (número de contactos previstos, etc.), entendendo por público obxectivo: consumidor, distribuidor-supermercado, distribuidor-grosista, distribuidor-retallista especializado, distribuidor-restaurante, importadores, líderes de opinión-xornalistas, líderes de opinión-expertos gastronómicos, e escolas de hostalaría e restauración. Outorgaranse as seguintes puntuacións: dous destinatarios = 2,5 puntos; tres destinatarios = 5 puntos; catro ou máis destinatarios = 7,5 puntos.

3. Interese para a comunidade autónoma:

Programas relativos á produción de viños con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e ecolóxicos que indiquen a variedade (10 puntos).

missing image file

ANEXO VII

Lista de países prioritarios e rexións

(Segundo o anexo III do Real decreto 1363/2018
modificado polo Real decreto 608/2019)

Grupo 1:

Estados Unidos (50 estados federais e 1 distrito).

Canadá (10 provincias e 3 territorios).

Xapón (47 prefecturas).

China (22 provincias, 2 rexións, 4 municipios e 5 rexións autónomas).

Suíza (estado unitario).

Rusia (11 rexións económicas).

México (32 entidades federativas).

Reino Unido (estado unitario. Para os efectos desta medida de promoción considerarase o Reino Unido como terceiro país cando así o determine a Unión Europea).

Grupo 2:

Corea do Sur (estado unitario).

Brasil (27 unidades federais).

Noruega (estado unitario).

Australia (estado unitario).

Perú (26 rexións).

Colombia (estado unitario).

Singapur (estado unitario).

República Dominicana (estado unitario).

Cuba (estado unitario).

Costa Rica (estado unitario).

Panamá (estado unitario).

Grupo 3:

India (estado unitario).

Malasia (estado unitario).

Filipinas (estado unitario).

Vietnam (estado unitario).

Porto Rico (estado libre asociado unitario).

Tailandia (estado unitario).

O resto de países non incluídos dentro dos grupos prioritarios consideraranse, para estes efectos, como estados unitarios.

ANEXO VIII

Condicións para a subvencionabilidade dos custos de persoal, gastos administrativos e outros

a) Custos de persoal propio dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato, a cotización á Seguridade Social a cargo da empresa e os impostos persoais á renda (IRPF). Tanto se é persoal técnico como administrativo, deberase demostrar a dedicación en exclusiva ás actividades de promoción establecidas no programa aprobado.

b) Custos de persoal propio non dedicado en exclusiva ás actividades de promoción: deberán demostrar a relación contractual coa empresa mediante os datos do contrato, a cotización á Seguridade Social e o IRPF. Ademais, deberán achegar as correspondentes táboas horarias onde se indique a categoría profesional, o número de horas de dedicación, o custo horario e o custo total; así como certificación do responsable de persoal da empresa que acredite a relación do traballador co programa aprobado. Avaliarase a coherencia das ditas táboas co programa e subvencionarase, unicamente, o importe xustificado mediante ditas táboas.

c) Custos de persoal autónomo. Deberán achegar copia do contrato que acredite a relación coa empresa, así como as facturas xustificativas do gasto.

A suma dos puntos a, b e c (custos de persoal), non poderá superar o 13 % do total dos custos subvencionables das accións executadas. Por este motivo, os ditos gastos deberán figurar convenientemente desagregados no orzamento recapitulativo do programa que se presente.

O beneficiario deberá presentar xustificantes que expoñan os detalles do traballo realmente efectuado en relación co programa concreto ou con cada medida acción subxacente, se procede.

Para os efectos da determinación dos custos de persoal relacionados coa execución dun programa por parte do persoal permanente do beneficiario, poderá calcularse a tarifa horaria aplicable dividindo por 1.720 horas os últimos custos salariais anuais brutos documentados dos empregados concretos que traballasen na execución do programa.

d) Gastos administrativos: serán subvencionables ata un límite dun 4 % dos custos subvencionables totais de execución das actividades promocionais e incluirán, de ser o caso, os gastos correspondentes ao certificado dos estados financeiros presentado para o pagamento da axuda.

Estes gastos para ser subvencionables deberán estar previstos como unha partida específica no orzamento recapitulativo do programa. Xustificaranse mediante un certificado do beneficiario que acredite eses gastos de administración e xestión do programa aprobado.

e) Aloxamento, manutención e comidas colectivas:

• Aboarase un importe máximo polo aloxamento: 120 euros/día en España e 180 euros/día en terceiros países, logo de presentación das facturas pagadas.

• Aboarase unha axuda de custo a tanto global por estadía de 80 euros ao día en España e de 90 euros ao día en terceiros países para cubrir todos os demais gastos (comidas, transporte local, teléfono, etc.).

Estas axudas de custo e importes aboaranse pola participación en eventos fóra do lugar de traballo, e cubrirán o número de días necesario para a realización da actividade.

• Para comidas colectivas aboarase un importe máximo de 60 euros/persoa en España e 70 euros/persoa en terceiros países, logo de presentación de facturas.

f) Viño que se empregará como material promocional: no caso de catas, feiras, misións inversas e similares será dun máximo dunha botella por cada 6 participantes.

g) No caso de gastos en material promocional e de merchandising, o importe máximo de gasto admisible para cada un deses dous conceptos será do 30 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

h) No caso de actividades consistentes en oficinas de información e gabinetes de prensa, o importe máximo de gasto admisible conxunto será do 50 % do importe do gasto total subvencionable da solicitude.

ANEXO IX

Relación de gastos non subvencionables

• Provisións para futuras posibles perdas ou débedas.

• Gastos de transporte en taxi ou transporte público, cubertos polas axudas de custo diarias.

• Gastos bancarios, xuros bancarios ou primas das pólizas de seguros. Entre os ditos gastos atópanse, en particular, os gastos de constitución e mantemento dos avais bancarios que responden como garantía.

• Perdas por cambio de divisas.

• No caso de que se repita ou solicite unha prórroga para realizar o programa de promoción no mesmo país, non se poderán incluír gastos de actividades promocionais xa solicitadas no programa anterior (por exemplo: custos de creación de páxinas web, elaboración de material audiovisual, estudos de mercado, etc.).

• Gastos que estean fóra do obxecto do programa.

• Creación e rexistro de marcas.

• Gastos equivalentes a descontos comerciais, nin os asimilables a axudas directas ao produtor.

• Con carácter xeral, os tributos só poderán considerarse gastos subvencionables, sempre que o beneficiario os aboe efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Queda, por tanto, excluído o financiamento do imposto sobre o valor engadido (IVE) así como o imposto xeral indirecto canario (IXIC) na medida en que sexan deducibles.

missing image file
missing image file