Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de 15 días para facer as alegacións que considere pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 27 de novembro de 2019

María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: café bar Selfie.

Titular: Carlos Antonio Pena Barral.

Enderezo: Ponte Baxoi, 9.

Concello: Miño.