Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles comunica aos interesados a resolución de baixa da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa da clasificación turística e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, acordada pola Resolución do 18 de setembro de 2019.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de novembro de 2019

María del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Mesón do Mar

Mª Carmen Fernández Yáñez

República Arxentina, 50

Ferrol

Irlanda

José Manuel Gil López

Lugar Pazos, Serantes

Ferrol

Muíña

Francisco Rivera Muíña

República Arxentina

Ferrol

El Rincón del Pan

Rubén Rañón Rodríguez

Espronceda, 7

Narón

Tía María

Mª José Caride Beceiro

República Arxentina, 48

Ferrol

Señor con Bigotes

Lobo Blanco de Texexe, S.L.

Lugar de Texexe, San Juan de Calo, 3, 1º

Teo

Zocas

Manuel García García

A Rosa, 42

Santiago de Compostela