Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54336

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, de varios postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

Mediante a Resolución do 26 de febreiro de 2019 (DOG núm. 54, do 18 de marzo) convocáronse para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, varios postos vacantes de persoal licenciado sanitario.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sétima, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da dita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2016 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia; polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Os profesionais nomeados deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da área sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Os profesionais nomeados serán avaliados, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado. A omisión da avaliación non suporá a consideración co nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 11 de decembro de 2019

Féliz Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Aparello Dixestivo.

Nome e apelidos: Eloy Sánchez Hernández.

DNI: ***6042**.

Denominación do posto: coordinador de Urxencias.

Nome e apelidos: Francisco José Aramburu Vilariño.

DNI: ***4584**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.