Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54339

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO de autos de garda, custodia e alimentos (650/2015).

Eu, María del Pilar Pazos González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento F02, famil. gard., custod. ali. fil. menor no matri. no C. nº 650/2015, seguido por instancia de Elsa María Caraballo Almanzar contra Bernhard Wilhem Lauche, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

Lalín, 15 de febreiro de 2018

Xuíz: Gonzalo Sans Besada

Demandante: Elsa María Caraballo Almanzar

Procuradora: María José Blanco Mosquera

Letrada: Ana Coego Pampín

Demandado: Bernhard Wilhem Lauche (en situación procesual de rebeldía)

Ministerio Fiscal

Obxecto: garda, custodia e alimentos

Resolvo:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Elsa María Caraballo Almanzar contra Bernhard Wilhem Lauche e, en consecuencia, acordo a aplicación das seguintes medidas relativas á garda, custodia e alimentos da filla común menor de idade:

1. O exercicio conxunto da patria potestade sobre a menor por ambos os proxenitores. Este exercicio conxunto supón que as decisións importantes relativas á menor serán adoptadas por ambos os proxenitores de mutuo acordo e, en caso de discrepancia, resolverá o xulgado conforme o trámite previsto no artigo 156 do Código civil. A título indicativo, son decisións incluídas no ámbito da patria potestade as relativas ás seguintes cuestións: a) Cambio de domicilio do menor fóra do municipio de residencia habitual e traslado ao estranxeiro, salvo viaxes de vacacións; b) Elección inicial ou cambio de centro escolar; c) Determinación das actividades extraescolares ou complementarias; d) Celebracións sociais e relixiosas de relevancia (bautismo, primeira comuñón e similares noutras relixións); e) Actos médicos non urxentes que supoñan intervención cirúrxica ou tratamento médico de longa duración, ou psicolóxicos.

2. Atribúeselle a garda e custodia da filla menor, a Elsa María Caraballo Almanzar. Bernhard poderá estar en compañía da súa filla da maneira que pacte coa nai.

3. Establécese a favor da filla menor, e por conta de Bernhard Wilhem Lauche, unha pensión mensual de alimentos de 100 euros que deberá ser ingresada por Bernhard dentro dos cinco (5) primeiros días de cada mes na conta bancaria determinada por Elsa María e que se actualizará anualmente conforme as variacións do IPC.

Os gastos extraordinarios deberán ser afrontados por metade entre ambos os proxenitores; merecen tal consideración os gastos médicos, farmacéuticos e asistenciais non cubertos polo réxime público de saúde, os derivados de actividades extraescolares e calquera outro de análoga natureza. A reclamación da parte correspondente dos gastos extraordinarios exixirá coñecemento previo e consentimento manifestado polo outro cónxuxe, salvo situacións de urxencia.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da súa notificación. Para a interposición do dito recurso deberase acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino. Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

Ao encontrarse o dito demandado, Bernhard Wilhem Lauche, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 19 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza