Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 23 de decembro de 2019 Páx. 54286

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.

BDNS (Identif.): 487457.

De conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto proceder á convocatoria pública de subvencións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:

a) Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P). Trátase dunha nova orde de convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva.

b) Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X). Trátase das bases reguladoras do programa.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedementoTR349X).

Cuarto. Importe

Procedemento

Aplicación

Código proxecto

Importe anualidade 2020

Importe anualidade 2021

TR301P

09.41.323A.471.0

2013 00545

2.000.000 €

2.000.000 €

TR349X

09.40.322C. 470.1

2017 00020

500. 000 €

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes das axudas correspondentes ao Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR301P) será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

No caso das axudas correspondentes ao Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR349X), o prazo de presentación virá determinado en cada convocatoria anual dos incentivos.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria