Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 24 de decembro de 2019 Páx. 54485

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 11 de decembro de 2019, das axudas convocadas na Orde do 16 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022.

Mediante a Orde do 16 de xullo de 2019 (DOG núm. 142, do 29 de xullo) publicáronse as bases reguladoras das axudas da Consellería de Política Social para a posta en marcha de casas niño e a convocatoria para o ano 2019.

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, corresponde, por delegación, á directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 17 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de decembro de 2019, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 11 de decembro de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2019

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 11 de decembro de 2019 ditada no procedemento BS403C de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 14.4 da Orde do 16 de xullo de 2019, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño e se convocan para o ano 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.770.0.

Esta axuda pública, está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1-Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b-Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CEO52-Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

Estas axudas están sometidas ao disposto no Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro e no Regulamento (UE) núm. 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1080/2006 así como ao previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020. Así mesmo, estas axudas ampáranse no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión. Polo tanto, de recibir a persoa física ou xurídica outras axudas baixo o réxime de minimis deberase garantir que non se supera o límite de 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 16 de xullo de 2019.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da orde de convocatoria.

Coa solicitude de pagamento a persoa beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a esta convocatoria de axudas.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da Orde do 16 de xullo de 2019.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dous (2) meses contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegar a documentación prevista nas letras m) a q) do artigo 11.1, no caso de que non fose achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 16 de xullo de 2019. Este prazo será de tres (3) meses no caso das cooperativas de traballo asociado en proceso de constitución.

Segundo. Establecer no anexo II a relación de solicitudes susceptibles de axuda pero que por terse esgotado o crédito quedan en reserva para seren atendidas nos supostos establecidos no artigo 14.8.

Terceiro. Denegar ás persoas relacionadas no anexo III as axudas solicitadas polas causas que se detallan.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, de 11 de decembro de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 16 da Orde do 16.7.2019, DOG núm. 142, do 29 de xullo). Mª Amparo González Méndez, Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº exp.

Solicitante

NIF

Nome da casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe investimento

Importe prima anos 2020, 2021 e 2022

24

Lucía Mosteiro Sigüenza

***7821**

Armadanziñas

Baleira

Lugo

100,00

15.000,00 €

58.800,00 €

7

Estela Parajó Naveira

***4781**

Axóuxere

Samos

Lugo

97,50

15.000,00 €

58.800,00 €

8

Ana Mª Iglesias Rodríguez

***0883**

Os Pícaros

Vilasantar

A Coruña

97,50

15.000,00 €

58.800,00 €

10

Noelia García Bran

***7971**

Agarimo

Toques

A Coruña

97,50

15.000,00 €

58.800,00 €

11

Antía Gómez Galego

***1922**

Aloumiños

Cerdido

A Coruña

97,50

15.000,00 €

58.800,00 €

2

Tamara González Ferreiro

***6923**

Reviravolta

Vilar de Barrio

Ourense

90,00

15.000,00 €

58.800,00 €

22

Cristina Casasempere Maseda

***7097**

A Buxaina

Ribas de Sil

Lugo

90,00

15.000,00 €

58.800,00 €

1

Andrea Ferro Conde

***5579**

Os cativos de Andrea

Pazos de Borbén

Pontevedra

87,50

15.000,00 €

58.800,00 €

4

Álvaro Araújo Fernández

***5929**

Meniño

Rairiz de Veiga

Ourense

87,50

1.993,25 €

58.800,00 €

18

Alba Mª Dopico Rodríguez

***4491**

Alba

As Somozas

A Coruña

87,50

15.000,00 €

58.800,00 €

3

Silvia Faria Garabatos

***2790**

Aloumiños

Punxín

Ourense

85,00

15.000,00 €

58.800,00 €

13

Silvia Saavedra Fernández

***8734**

Argalleiros

Navia de Suarna

Lugo

82,50

15.000,00 €

58.800,00 €

25

Antía Fernández Vázquez

***5524**

Agarimo

Montederramo

Ourense

82,50

15.000,00 €

58.800,00 €

15

Susana Ontiveros García

***2065**

Os Pipiolos de María

Petín

Ourense

75,00

15.000,00 €

58.800,00 €

17

Lorena González Estévez

***3141**

Filomena

Larouco

Ourense

67,50

15.000,00 €

58.800,00 €

ANEXO II

Solicitudes en reserva

Nº exp.

Solicitante

NIF

Casa niño

Concello

Puntuación

Axuda

investimento

26

Gemma Fontenla Campos

***8180**

As pegadas máis enxebres

Láncara

100,00

15.000,00 €

6

Raquel Borjas Pazos

***3151**

As Avelaíñas

Castrelo do Val

97,50

15.000,00 €

12

Laura Fisteus Prieto

***4925**

Polbiños

Toques

97,50

15.000,00 €

23

Zaira Fernández Taboada

***9438**

Luscofusco

Santiso

97,50

15.000,00 €

9

Mª Azahara Martínez Gómez

***1004**

Agarimos

Pazos de Borbén

87,50

15.000,00 €

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas/denegadas

Nº exp.

Solicitante

NIF

Concello

Provincia

Causa

5

Rosa Ana García Cardeñoso

***6616**

Vilar de Barrio

Ourense

Non contestar ao requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 26 de setembro de 2019 (DOG núm. 190, do 7 de outubro).

14

Antía Barros Somoza

***8222**

Punxín

Ourense

Non completar e mellorar a memoria descritiva en que se xustifique a necesitade e oportunidade de creación da casa niño apoiada na análise do contexto e na súa contorna.

Non mellorar a proposta pedagóxica básica que aborde os contidos establecidos na convocatoria desde un enfoque educativo.

Non completar o plan de actuación cos nenos e coas nenas ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto piloto adaptado a unha casa niño.

16

Mª Cristina Gómez Pena

***4718**

Cortegada

Ourense

Presentar solicitude para a creación dunha casa niño para a mesma parroquia do mesmo concello en que xa existe unha creada no ano 2016 e non xustificar esta circunstancia por razóns de asentamento da poboación de acordo co establecido no artigo 14.6 da orde de convocatoria.

19

Tamara Fraga Sotelo

***7674**

Cortegada

Ourense

Presentar solicitude para a creación dunha casa niño para a mesma parroquia do mesmo concello en que xa existe unha creada no ano 2016 e non xustificar esta circunstancia por razóns de asentamento da poboación de acordo co establecido no artigo 14.6 da orde de convocatoria.

20

Alba Rodríguez Rodríguez

***2805**

Cortegada

Ourense

Ter presentado unha memoria descritiva da localización xeográfica incompleta, logo do requirimento de emenda de documentación.

Non ter presentado a memoria descritiva do inmoble, logo do requirimento de emenda de documentación.

Non ter presentado a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto logo do requirimento de emenda de documentación.

27

Paula Rodríguez Ramil

***3644**

Paderne

A Coruña

Non contestar ao requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 26 de setembro de 2019 (DOG núm. 190, do 7 de outubro).

28

Carmen Orihuela Garrido

***8131**

O Bolo

Ourense

Non contestar ao requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 26 de setembro de 2019 (DOG núm. 190, do 7 de outubro).

29

Patricia Ordóñez Rey

***2353**

Maside

Ourense

Non completar a memoria descritiva da localización xeográfica da casa niño.

Non acreditar o cumprimento do CTE no informe dos servizos técnicos municipais.