Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 27 de decembro de 2019 Páx. 55537

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2019 pola que se publica o Acordo do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) (código de procedemento MR701D).

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), na súa reunión do 13 de decembro de 2019, acordou aprobar as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), que substitúen as aprobadas o 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2017) e modificadas o 23 de novembro de 2017 (DOG núm. 229, do 1 de decembro).

De conformidade coas facultades que teño conferidas en virtude do artigo 10.2.a) do Regulamento da Agader, aprobado polo Decreto 79/2001, do 6 de abril,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), do 13 de decembro de 2019, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

O citado acordo incorpórase a esta resolución como anexo.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Anexo

Acordo do Consello de Dirección da Agader do 13 de decembro de 2019 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)

O Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola do Desenvolvemento Rural (Feader), fixa os obxectivos a que debe contribuír a política de desenvolvemento rural e as correspondentes prioridades da Unión Europea en materia de desenvolvemento rural.

A programación para Leader correspondente ao período 2014-2020 réxese polo disposto nos artigos do 32 ao 35 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre disposicións comúns referidas aos fondos Feader, Feder, Fondo de Cohesión, FSE e FEMP (fondos EIE) e polo disposto nos artigos do 42 ao 44 do citado Regulamento (UE) nº 1305/2013 que regula o desenvolvemento local participativo (DLP) a través dos grupos Leader de desenvolvemento rural (en diante, GDR).

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011), e modificado pola Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, e a través da Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018, prevé con respecto á medida 19 (Leader) a tramitación de subvencións a través das estratexias de desenvolvemento local, elaboradas polos grupos de desenvolvemento rural (GDR).

No marco da citada medida Leader de Galicia 2014-2020, está prevista a posta en marcha das seguintes submedidas:

– Submedida 19.1: apoio á preparación de estratexias de desenvolvemento local.

– Submedida 19.2: apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local.

– Submedida 19.3: cooperación.

– Submedida 19.4: custos correntes da estratexia de desenvolvemento local e animación.

Neste contexto, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (en diante, a Agader), mediante a Resolución do 11 de febreiro de 2016, publica o Acordo do Consello de Dirección da Agader do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección (DOG núm. 42, do 2 de marzo).

Ao abeiro das bases reguladoras citadas no parágrafo anterior, o Consello de Dirección da Agader do 16 de novembro de 2016 acordou a selección de 24 estratexias de desenvolvemento local presentadas por outras tantas asociacións que obtiveron o recoñecemento de GDR como entidades colaboradoras da Agader na xestión da medida Leader.

A relación xurídica entre a Agader e os GDR regúlase, conforme o previsto no artigo 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), mediante o convenio de colaboración que o Consello da Xunta autorizou o 4 de agosto de 2016 e que a Agader asinou con cada un dos GDRs o 13 de decembro de 2016. Nese convenio establécense as funcións do GDR como entidade colaboradora na xestión da medida Leader, entre as que están a tramitación dos expedientes desde que os promotores presenten as solicitudes de axuda diante do GDR ata que lle propoña a Agader a decisión sobre a selección de proxectos que deben subvencionarse, así como as de control e seguimento da execución de proxectos subvencionados.

Para realizar esas funcións, os GDR están dotados dun equipo técnico (xerencia, técnicos, administrativos…) e mais de órganos decisorios (asemblea xeral, xunta directiva ou equivalentes).

A axuda para a preparación de estratexias (submedida 19.1) xa foi concedida ás entidades que foron seleccionadas como GDR mediante o Acordo do Consello de Dirección da Agader do 16 de novembro de 2016, xa citado anteriormente.

A submedida 19.3 (axuda á cooperación Leader) será obxecto de convocatoria e bases reguladoras específicas, segundo dispón o PDR , e os GDR serán beneficiarios dela.

Polo que respecta á submedida 19.4 (custos correntes da estratexia e animación aos GDR correspóndelles, como beneficiarios, unha axuda máxima do 25 % do gasto público total en que se incorra no marco da estratexia de desenvolvemento local. Por esta razón, os fondos da submedida 19.4 non serán obxecto de convocatoria e os convenios de colaboración entre a Agader e os GDR recollerán a distribución por anualidades do importe máximo de que disporá cada GDR para esa submedida.

As citadas estratexias de desenvolvemento local poden contribuír a varios dos obxectivos dos fondos estruturais de investimento europeos (fondos EIE); non obstante o desenvolvemento local participativo encádrase no contexto dun único obxectivo temático. No ámbito do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) prográmase integramente na área focal: 6B «promover o desenvolvemento local nas zonas rurais». Non obstante, tendo en conta a natureza da medida Leader, as operacións que sexan subvencionadas poderán contribuír á consecución doutras prioridades e áreas focais.

O artigo 34.3 do citado Regulamento (UE) nº 1303/2013 establece que entre as tarefas de cada GDR estarán as de, con base nas estratexias de desenvolvemento local aprobadas, preparar e publicar convocatorias de propostas ou un procedemento continuo de presentación de proxectos, recibir as solicitudes de axuda e avalialas e seleccionar as operacións e mais fixar os seus propios criterios de selección de operacións. Esta última tarefa refírese ás regras de baremación, selección e priorización de proxectos subvencionables no territorio de cada GDR que estes establecen na súa propia estratexia de desenvolvemento local. Esas regras consisten nos criterios obxectivos e non discriminatorios de valoración dos proxectos, regras de priorización e distribución dos créditos dispoñibles segundo a natureza produtiva ou non produtiva dos proxectos e, dentro dos non produtivos, segundo os promotores sexan entidades públicas locais ou entidades de dereito privado.

As presentes bases reguladoras establecen, por un lado, as condicións de subvencionabilidade e de xustificación dos proxectos promovidos no territorio ao abeiro das convocatorias que para tal efecto se publiquen en relación coa submedida 19.2.

Polo que respecta á submedida 19.4 (custos correntes da estratexia de desenvolvemento local e animación e promoción territorial), estas bases reguladoras tamén establecen o réxime de xustificación dos custos correntes da estratexia de desenvolvemento local (submedida 19.4 A), así como as regras de subvencionabilidade e de xustificación dos proxectos de animación (submedida 19.4B), seguindo as regras xerais previstas nas bases reguladoras coas particularidades que se indican nas fichas de elixibilidade VIII e IX.

No marco da metodoloxía Leader, as bases reguladoras así configuradas determinan as condicións máximas de subvencionabilidade de proxectos que os GDR, nas súas respectivas estratexias de desenvolvemento local, teñen concretadas ou limitadas.

O Consello de Dirección da Agader ten delegada na persoa titular da Dirección Xeral a competencia para distribuír os recursos económicos entre as solicitudes de financiamento ou cofinanciamento de actuacións presentadas diante da Agader (Resolución do 24 de xullo de 2013. DOG núm. 148, do 5 de agosto).

Tendo en conta o anterior, o Consello de Dirección da Agader, logo da tramitación do expediente nos termos establecidos na lexislación vixente,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar as bases reguladoras das subvencións que se tramitarán ao abeiro das submedidas 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e 19.4 (custos correntes da estratexia de desenvolvemento local e animación e promoción territorial) do PDR de Galicia 2014-2020. Estas bases reguladoras incorpóranse a este acordo como anexo I (Réxime de Axudas).

Segundo. Aprobar os formularios para a xestión, a través dos GDR, destas axudas. Xúntanse a este acordo como anexos II a XIV.

Terceiro. O financiamento das operacións ou proxectos subvencionados ao abeiro da submedida 19.2 do Leader de Galicia 2014-2020 levarase a cabo a través das convocatorias de axudas que se tramiten en aplicación das bases reguladoras sinaladas no punto primeiro. As citadas convocatorias financiaranse ata o límite máximo dos fondos públicos que se orzamenten, tomando como referencia o cadro financeiro do PDR de Galicia 2014-2020 cofinanciado con fondos Feader (nunha porcentaxe do 75 %) e coas achegas das administracións públicas nacionais: Administración xeral do Estado (nunha porcentaxe do 2,5 %) e Xunta de Galicia (nunha porcentaxe do 22,5 %).

Cuarto. Para o financiamento das operacións subvencionadas ao abeiro da submedida 19.4 do Leader de Galicia 2014-2020, o convenio de colaboración entre a Agader e os GDR que autorizou o Consello da Xunta do 5 de agosto de 2016 prevé a distribución por anualidades dos fondos máximos dispoñibles para cada un dos GDR. Os gastos correspondentes a esta submedida financiaranse ata o límite máximo dos fondos públicos que se orzamenten, tomando como referencia o cadro financeiro do PDR de Galicia 2014-2020.

Quinto. Facultar a persoa titular da Dirección Xeral da Agader para ditar os actos necesarios para a correcta aplicación e cumprimento deste acordo.

Sexto. Delegar na persoa titular da Dirección Xeral da Agader a competencia para a realización de convocatorias periódicas e para a modificación do calendario de xestión da medida Leader.

Sétimo. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es

b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos

c) No teléfono 981 54 73 62 (Agader).

d) De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56. Laraño. 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 62.

e) Na sede e na páxina web dos GDR.

Oitavo. Este acordo será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

ANEXO I

Texto refundido das bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR)

(Réxime de axudas. Texto Refundido)

CAPÍTULO I

Regras xerais

Artigo 1. Obxecto

O obxecto destas bases reguladoras é establecer as regras para a concesión e xustificación das axudas encadrables na submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) do PDR de Galicia 2014-2020 que se tramiten a través dos grupos de desenvolvemento rural (GDR) seleccionados como entidades colaboradoras da Agader na xestión da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, tanto as que se promovan en réxime de concorrencia competitiva como as destinadas a proxectos de formación promovidos polos propios GDRs.

O código de procedemento é o MR701D.

Tamén é obxecto destas bases reguladoras establecer o réxime de xustificación dos gastos en custos correntes e de funcionamento da estratexia de desenvolvemento local (submedida 19.4A do PDR), así como establecer as bases reguladoras para a concesión e xustificación dos proxectos de animación promovidos polos GDR (submedida 19.4B do PDR).

O capítulo VII destas bases reguladoras (fichas de elixibilidade) detalla polo miúdo as especificidades propias de cada tipoloxía de operacións financiables.

Artigo 2. Proxectos subvencionables

1. Serán subvencionables os proxectos que teñan encadramento na estratexia de desenvolvemento local de cada GDR, de forma que respondan ás prioridades e aos obxectivos especificamente recollidos na estratexia, sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifiquen nas fichas de elixibilidade recollidas no capítulo VII destas bases reguladoras.

Coas particularidades que se indican nas citadas fichas de elixibilidade destas bases reguladoras, os proxectos poderán clasificarse en produtivos e non produtivos. Con carácter xeral terán a consideración de proxectos produtivos os que supoñan a realización dunha actividade económica con fin lucrativo tendentes á produción de bens e/ou servizos e que supoñan unha creación e/ou mantemento do nivel de emprego. Pola contra, terán a consideración de proxectos non produtivos os que teñan un interese público ou colectivo e non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa.

2. Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar localizados no ámbito territorial elixible de aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GDR.

b) Ser viables técnica, económica e financeiramente, para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente para os non produtivos.

c) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

d) Non estar iniciados na data da presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considérase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción, ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xurídicamente o solicitante, se esta data é anterior. Non obstante, a compra de terreos e os traballos preparatorios, como a obtención de permisos e a realización de estudos de viabilidade, non terán a consideración de inicio dos traballos.

e) Ser finalistas, é dicir, que na data da xustificación final dos investimentos ou gastos subvencionados cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos. Non poderán subvencionarse fases dun proxecto que non constitúan unha actividade finalista.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII destas bases, poderán ser beneficiarios das axudas tramitadas ao abeiro deste réxime de axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.

b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.

c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

2. Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), e, en particular, non ter sido condenado mediante sentenza firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

c) Cumprir os requisitos de pequena empresa, nos termos regulados no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea:

1º. Empregar a menos de 50 persoas.

2º. Ter un volume de negocio anual ou un balance xeral anual que non supere os 10 millóns de euros.

Para a definición de empresa, así como para o seu cálculo dos efectivos e importes financeiros da mesma, tomarase en consideración o disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Este requisito exceptúase para as entidades públicas locais, así como para os beneficiarios das axudas a proxectos non produtivos que sexan elixibles ao abeiro do disposto no capítulo VII destas bases (fichas de elixibilidade).

d) Cumprir os demais requisitos que, en función da tipoloxía de proxectos, se especifican nas fichas de elixibilidade do capítulo VII destas bases.

3. Cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar, en nome e por conta deste, a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención, terán igualmente a consideración de beneficiarios da subvención, polo que tamén deberán cumprir e acreditar os requisitos exixidos para cada tipo de beneficiario.

4. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.

Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operen no sector da pesca, da acuicultura e/ou da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.

5. A valoración dos requisitos, así como dos feitos e aspectos puntuables a través dos criterios de selección das respectivas estratexias de desenvolvemento rural dos GDR, estarán referidos ao último día de prazo de presentación das solicitudes que vaian concorrer en cada período de selección.

Artigo 4. Gastos subvencionables

Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII destas bases, poderán subvencionarse os gastos necesarios para cumprir coa finalidade do proxecto, sempre que o seu valor non exceda o do valor normal de mercado. En particular son subvencionables:

a) A construción, adquisición e mellora de inmobles que vaian ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, a porcentaxe subvencionable non poderá superar o 50 % do total dos gastos subvencionables. Deberán cumprirse os condicionantes seguintes:

– Que se achegue un informe dun taxador independente, acreditado como tal, cualificado ou dun organismo debidamente autorizado que confirme que o prezo de compra non supera o valor de mercado e que o ben se axusta á normativa que resulte de aplicación.

– O ben inmoble non pode ter sido obxecto nos últimos 10 anos de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

– Os edificios quedarán afectos ao destino previsto durante un período non inferior a 5 anos ou o tempo que exixa a normativa sectorial.

– No caso de proxectos promovidos por entidades públicas locais ou comarcais ou polas súas entidades dependentes, os inmobles non poderán usarse para albergar servizos de caracter meramente administrativo. Terán esta consideración os servizos consistentes na tramitación administrativa ordinaria dos asuntos cuxa competencia é propia das entidades recollidas neste punto e que se recollen na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

– Non será subvencionable a compra de inmobles que vaian ser derrubados nin a compra de inmobles a familiares de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, ou a socios da entidade beneficiaria do proxecto.

b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables. Deberán cumprirse os condicionantes seguintes:

– Que se achegue un informe dun taxador independente cualificado ou dun organismo debidamente autorizado que confirme que o prezo de compra non supera o valor de mercado.

– Que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación.

– Que non estean edificados ou o estean con construcións que deban derrubarse como medio para o desenvolvemento e execución da operación subvencionable.

c) A adquisición de maquinaria e equipamento novos.

Tamén poderán ser subvencionables os gastos en arrendamentos financeiros con opción de compra de adquisición de activos subvencionables, incluído o valor da opción de compra, excepto a marxe do arrendador, xuros dos custos de refinanciamento, gastos xerais ou seguros, polo período de vida útil do activo e sen superar o custo de mercado ou a parte proporcional se o contrato finaliza antes. Unicamente serán subvencionables os pagamentos aboados polo arrendatario ao arrendador dentro do período de subvencionabilidade dos gastos nos casos en que se exerza o dereito á opción de compra dentro deste período. Para estes efectos, considérase que o período de subvencionabilidade dos gastos finaliza o día que remata o prazo de execución e xustificación da operación subvencionada.

d) Investimentos intanxibles como a adquisición e o desenvolvemento de programas informáticos, así como a creación de páxinas web, estudos e publicacións.

e) Custos xerais vinculados aos gastos de investimento, tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade. Os custos xerais descritos nesta epígrafe non poderán superar o 12 % do custo total subvencionable das operacións de investimento a que estean vinculados.

f) Gastos notariais e rexistrais derivados do inicio da actividade prevista no proxecto, así como a adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas.

A suma dos gastos sinalados nesta epígrafe xunto coa suma dos gastos en custos xerais sinalados na epígrafe anterior non poderá superar o 20 % do conxunto dos gastos subvencionables do proxecto.

g) Medios e equipos de transporte.

1. En proxectos de natureza produtiva, nos seguintes termos:

– Adquisición de vehículos de transporte afectos en exclusiva a actividades empresariais ou profesionais, segundo se define na normativa tributaria vixente, en proxectos que dean lugar ao inicio dunha actividade económica.

– Gastos derivados da adecuación de vehículos para transporte de mercadorías ou prestación de servizos no ámbito do desenvolvemento da actividade empresarial, sempre que non estean obrigados legalmente a esa adecuación unha vez iniciada a actividade.

En ningún caso se subvencionará a adquisición e/ou adecuación de vehículos no sector do transporte. Para estes efectos, enténdese que operan no sector do transporte as empresas que se dediquen ao transporte de pasaxeiros aéreo, marítimo, por estrada ou ferrocarril e por vía navegable; ou aos servizos de transporte de mercadorías por conta allea. Para determinar se a empresa opera no sector do transporte atenderase ao disposto nas epígrafes da clasificación nacional de actividades económicas (CNAE), onde a dita empresa teña encadrada a súa actividade ou actividades profesionais.

2. En proxectos de natureza non produtiva poderán subvencionarse os gastos de adquisición ou da adecuación de vehículos de transporte que estean asociados á prestación de servizos sociais básicos como a atención a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con mobilidade reducida, sempre que non estean obrigados legalmente a esa adecuación unha vez iniciada a actividade.

Terán a consideración de proxectos non produtivos os definidos no artigo 49 (ficha de elixibilidade VI) destas bases reguladoras.

Artigo 5. Gastos non subvencionables

1. Con carácter xeral, e tendo en conta as particularidades que se establecen nas fichas de elixibilidade incluídas no capítulo VII destas bases, para todas as operacións, non son subvencionables:

a) Os investimentos de reparación e mantemento das instalacións, así como a reposición ou simple substitución de equipamentos e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria diferenciada dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou porque mellore a súa capacidade de produción nunha porcentaxe superior a un 25 %, que deberá xustificarse achegando un informe dun técnico competente ou dun organismo debidamente autorizado.

b) O IVE recuperable polo promotor do proxecto, así como os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación, así como os impostos persoais sobre a renda.

c) Os gastos de funcionamento da operación subvencionada e material funxible en xeral, sen prexuízo do disposto con carácter particular nas fichas de elixibilidade correspondentes a gastos en custos correntes, animación e á formación para incrementar a capacitación para o emprego da poboación do territorio que sexa promovida polos GDR.

d) Maquinaria, equipamentos e materiais de segunda man.

e) A execución por medios propios, o traballo voluntario non remunerado ou man de obra propia, así como os materiais de igual procedencia.

f) Os xuros debedores das contas bancarias.

g) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude de axuda, coa excepción dos custos xerais vinculados a gastos de investimento, da adquisición de terreos e das licenzas de obra.

h) Os investimentos que substitúan a outros que fosen financiados polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen, polo menos, 5 anos contados desde a data da realización do investimento.

i) Os investimentos de reforma ou rehabilitación de inmobles cuxa construción ou adquisición fose financiada polo fondo Feader ou outro fondo comunitario e non transcorresen, polo menos, 5 anos contados desde a data da realización do investimento.

j) Os xuros, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas.

k) Os gastos de procedementos xudiciais.

l) A compra de dereitos de produción agraria, animais e plantas anuais e a súa plantación en investimentos no sector agrario.

ll) Os conceptos de «gastos xerais» e «beneficio industrial», agás nos proxectos de promoción pública cando estas partidas formen parte do prezo de licitación de acordo coa normativa de contratación administrativa.

m) Quedan excluídos aqueles investimentos promovidos polas entidades públicas locais relacionados coa prestación dos servizos enumerados no artigo 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como os servizos esenciais para os que o artigo 86 da citada lei declara a reserva a favor das entidades públicas locais e os de prestación mínima previstos no artigo 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

n) Os proxectos de sinalización territorial.

ñ) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante, así como as obras de simple ornamentación.

o) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

Artigo 6. Inicio da subvencionabilidade dos gastos

Con excepción dos custos xerais vinculados ao investimento indicados na letra e) do artigo 4 destas bases reguladoras e con excepción da adquisición de terreos e das licenzas de obra, consideraranse gastos subvencionables os causados a partir da data da solicitude de axuda, presentada en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a mera presentación da solicitude de axuda en ningún modo garante a súa aprobación. Para os efectos de comprobar esta circunstancia, así como o non inicio dos investimentos, realizarase polo equipo xestor do GDR unha «acta de non inicio» dos investimentos, no prazo dos 10 días seguintes ao do rexistro da solicitude de axuda. Neste senso, o equipo xestor do GDR realizará unha inspección in situ para verificar o non inicio dos gastos ou investimentos para os que se solicita a axuda, levantando acta ao efecto. No caso de que o solicitante desexe iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial en que se reflicta de xeito fidedigno o non inicio da obra ou instalación.

Artigo 7. Réxime de compatibilidade e acumulación de axudas

1. As axudas reguladas nestas bases están cofinanciadas con fondos Feader.

Con carácter xeral, unha operación poderá recibir axuda de un ou varios fondos EIE ou de un ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionado por outro Fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto. Non obstante, e a pesar do disposto na epígrafe anterior, os promotores dos proxectos que se amparen no Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, sobre as axudas de minimis non poderán recibir, en relación coa totalidade de axudas que reciban amparadas no citado Regulamento (UE) 1407/2013, máis de 200.000 € de axudas durante un período de tres exercicios fiscais.

As axudas destinadas aos investimentos do sector da produción agraria primaria e a investimentos de transformación e/ou comercialización de produtos agrarios en que o produto final estea incluído na súa totalidade no anexo I do Tratado, están amparados no Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013. Estas axudas non se acumularán con ningunha outra en relación ao mesmo proxecto, se a dita acumulación excedese a intensidade máxima de axuda establecida nas fichas de elixibilidade referidas a estas tipoloxías de proxectos (capítulo VII destas bases).

En todo caso, o importe das subvencións non poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas procedentes doutras administracións públicas ou doutros entes, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da operación subvencionada.

2. O incumprimento do disposto neste artigo considérase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

3. Para os efectos de determinar o cumprimento das normas sobre a compatibilidade e sobre a acumulación de axudas, o beneficiario deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, con específica referencia ás axudas amparadas no réxime de minimis, nos termos previstos no anexo II (solicitude de axuda) e anexo XI (solicitude de pagamento).

CAPÍTULO II

Tramitación das axudas

Artigo 8. Inicio

1. No ámbito das axudas que se tramiten ao abeiro da submedida 19.2, o procedemento de concesión de axudas iníciase mediante convocatoria pública, coa finalidade de que os GDR procedan á selección de proxectos. A dita convocatoria, que será realizada pola Agader e publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), establecerá o importe dispoñible para cada GDR no ámbito da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo).

2. Unha vez publicada a convocatoria a que se fai referencia no número 1 deste artigo, o prazo de presentación de solicitudes estará vixente desde o día seguinte ao da súa publicación e durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine o GDR en función da dispoñibilidade de fondos, tendo en conta as datas establecidas no calendario de xestión do artigo 34 destas bases reguladoras.

3. No ámbito das axudas que se tramiten ao abeiro da submedida 19.4, o procedemento de concesión e xustificación de axudas iníciase a partir do día seguinte ao da publicación destas bases reguladoras no DOG.

Artigo 9. Presentación de solicitudes

1. En relación co proxecto que pretendan realizar, os promotores dirixirán a solicitude de axuda ao GDR correspondente ao territorio en que vaia executarse o proxecto de que se trate, segundo modelo normalizado que se incorpora a estas bases reguladoras como anexo II e que, en todo caso, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica da Xunta de Galicia e nas respectivas sedes dos GDR. A relación dos GDR de Galicia consta na páxina web da Agader.

As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Nos termos previstos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas.

No caso de persoas físicas incluídas no réxime especial de traballadores autónomos, a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración fundaméntase no artigo 14.3 da Lei 39/2015, en relación co artigo 31.dous da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

Tendo en conta o anterior, tanto a presentación das solicitudes de axuda, como os demais trámites necesarios para a xestión deste procedemento administrativo, incluídos os requirimentos de emenda e as notificacións, faranse a través de medios electrónicos, nos termos previstos nestas bases reguladoras.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Xunto coa solicitude de axuda (segundo modelo normalizado do anexo II), os interesados deberán presentar a seguinte documentación.

a) Documentación acreditativa da personalidade do solicitante e, de ser o caso, da representación do solicitante:

No caso de persoas xurídicas, esta acreditación realizarase mediante un certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate, en que se identifique a constitución e a representación correspondente, con indicación do seu alcance e vixencia.

De non achegarse o dito certificado, deberán presentar copia das correspondentes escrituras de constitución e do poder de representación, debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a fotocopia do NIF, no caso de denegar expresamente a súa consulta.

b) Declaración censual tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial.

c) Documentación acreditativa de que se cumpre co requisito de ser pequena empresa: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, en que figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.

d) Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

e) Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos 12 meses anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.

f) Memoria e resumo do proxecto en documento normalizado (anexo III -plan de empresa- para proxectos produtivos e anexo IV -plan de xestión- para proxectos non produtivos), no cal se reflicta a situación de partida, os obxectivos que se perseguen coa súa posta en marcha e a metodoloxía de traballo, así como as explicacións necesarias para a correcta comprensión do proxecto. O solicitante debe ter en conta que esta información vai ser tomada en consideración para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para aplicar os criterios de selección que o GDR teña aprobados. Para proxectos de natureza produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de empresa que abranguerá polo menos 5 anos, coa xustificación da súa viabilidade económica financeira. Para proxectos de natureza non produtivos, a memoria resumo do proxecto deberá incluír unha previsión do plan de xestión da actividade e/ou do investimento que abranguerá polo menos 5 anos.

g) Orzamento de gastos, desagregados por partidas, necesarios para a execución do proxecto (anexo V).

h) Relación de ofertas solicitadas e elixidas, nos termos indicados no artigo 10 destas bases reguladoras, segundo os documentos normalizados (anexo VI A e declaración segundo modelo normalizado do anexo VI B).

i) De ser o caso, documentación acreditativa da non suxeición ou exención do IVE, de modo que se constate que é efectivamente soportado polo beneficiario e non recuperable.

j) No suposto de investimentos en explotacións agrarias, código de explotación agraria ou, na sua falta, rexistro oficial que corresponda á explotación agraria.

k) No suposto de proxectos de diversificación de explotacións agrarias cara actividades non agrarias (ficha de elixibilidade IV), deberá achegarse a acreditación do grao de parentesco. Neste suposto deberá achegarse tamén o certificado de empadroamento, só no caso de denegarlle expresamente a Agader a súa consulta.

l) Plano do Sixpac indicando as coordenadas da localización da operación.

m) No caso de empresas xa existentes, licenza de actividade do concello ou de ser o caso acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

n) No caso de que unha operación inclúa obra civil, anteproxecto ou memoria valorada, asinado por técnico competente na materia.

ñ) Calquera outra documentación ou información adicional que o interesado considere de interese para unha mellor análise e valoración do proxecto.

Os modelos normalizados necesarios para a presentación da documentación referida, incorpóranse a estas bases reguladoras como anexos II a XIV e estarán tamén ao dispor dos interesados na sede do GDR.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarana electronicamente as persoas interesadas que se responsabilizarán da veracidade dos documentos que presenten. A Administración e/ou o GDR, na súa condición de entidade colaboradora da Administración, poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) Certificado de residencia da persoa solicitante.

f) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas fronte á Seguridade Social.

h) Certificado acreditativo de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

No caso de que a persoa interesada se opoña a estas consultas, deberá indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Moderación de custos

1. Os custos deberán corresponder a prezos de mercado. Débese respectar a moderación de custos, tal como establece o artigo 48 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Nese senso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada expresamente nunha memoria. Nos supostos de que o beneficiario subcontrate, total ou parcialmente, a actividade que constitúa o obxecto da subvención, nos termos previstos no artigo 27.2 da LSG, tamén deberán achegarse un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores.

Deberá remitirse o contido de cada unha das ofertas, e non se admitirá o certificado, informe, invitacións realizadas ou documento similar indicando que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.

2. A Agader comprobará que as ofertas presentadas sexan auténticas, de provedores reais e independentes, que estean suficientemente detalladas, con clara identificación da razón social do provedor e data de expedición. Unicamente serán admisibles ofertas que inclúan conceptos definidos e desagregados. Non se admitirán conceptos de orzamentos sen desagregar tales como «outros», «imprevistos» ou partidas alzadas. Tampouco serán admisibles ofertas de compracencia ou ficticias, nin ofertas de provedores que non teñan no seu obxecto social nin no seu CNAE a habilitación para a prestación do servizo ou para a subministración do ben ofertado.

3. Os provedores non poderán estar vinculados co promotor do proxecto ou cos seus órganos directivos ou xestores, agás que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que a contratación da subministración do ben ou da prestación do servizo se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

b) Que se solicite a Agader e se conceda a súa previa autorización previa.

As ofertas solicitadas para cada gasto tampouco poderán proceder de empresas vinculadas entre si, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Non se admitirán supostos de autofacturación.

A non vinculación das empresas provedoras, nin entre elas nin co promotor do proxecto, acreditarase a través dunha declaración responsable do solicitante (modelo normalizado do anexo VI B).

4. A escolla entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando esta non recaia na oferta máis económica. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta máis económica.

No suposto de que non exista no mercado número suficiente de entidades que subministren o ben e que, polo tanto, non se presenten un mínimo de 3 ofertas de distintos provedores, a moderación de custos acreditarase mediante o informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado que acredite o seu valor de mercado.

A escolla da oferta ou ofertas presentadas vinculan ao promotor de cara ao desenvolvemento do proxecto, no caso de ser beneficiario da axuda. Excepcionalmente, poderá substituírse o provedor da oferta escollida, sempre que se cumpran as condicións establecidas neste artigo, debendo, non obstante, respectarse o importe máximo da oferta ou ofertas escollidas. Non se considerarán subvencionables os gastos incluídos na solicitude de axuda que non veñan avalados polas ofertas presentadas nos termos expostos.

5. As entidades públicas de carácter local ou comarcal poderán documentar a elección da oferta máis vantaxosa xunto coa primeira solicitude de pagamento, achegando unha certificación ou informe do secretario/interventor ou, de ser o caso, do empregado público que de acordo coa estrutura organizativa do concello teña atribuída as competencias en materia de contratación pública, acreditando que o procedemento de contratación se tramitou nos termos previstos na Lei 9/2017 de contratos do sector público.

Este informe ou certificación acompañarase da listaxe de comprobación para operacións de investimento público que estará a dispor dos interesados nas sedes dos GDR e que tamén poderá descargarse da páxina web da Agader: http://agader.xunta.es

Nos supostos de que o contrato estea calificado como menor, deberán achegarse necesariamente un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación.

6. Compételle ao equipo xestor do GDR a realización, sinatura e remisión a Agader, xunto co informe control de elixibilidade (ICE), dun documento tipo check list, segundo modelo normalizado que facilitará a Agader e en que se reflectirá a comprobación das ofertas presentadas nos termos expostos neste artigo.

Artigo 11. Instrución do procedemento

1. Os actos de instrución do procedemento en virtude dos que deba ditarse a resolución de concesión corresponderán ao equipo xestor do GDR e á Subdirección de Relacións cos GDR, segundo o disposto no presente capítulo destas bases reguladoras.

2. En relación coa solicitude de axuda, o equipo xestor do GDR comprobará que a operación cumpre cos requisitos da estratexia de desenvolvemento local aprobada, co disposto nestas bases reguladoras, no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e na restante normativa comunitaria e nacional que sexa de aplicación. En particular, verificarase:

a) A admisibilidade do beneficiario.

b) Os criterios de admisibilidade da acción proposta.

c) A localización do investimento en territorio elixible.

d) A xustificación da viabilidade técnica, económica (se é o caso) e financeira.

e) A elixibilidade dos investimentos propostos.

f) Os compromisos e obrigas que debe cumprir a operación para a que se solicita a axuda.

g) O cumprimento dos criterios de selección.

h) A verificación da moderación dos custos propostos.

Artigo 12. Análise da solicitude de axuda e da documentación

1. No suposto de defectos na solicitude ou na documentación complementaria, o equipo xestor do GDR requiriralle ao interesado para que no prazo máximo e improrrogable de 10 días corrixa a falta ou acompañe os documentos preceptivos, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Así mesmo, logo da presentación da solicitude de axuda e durante a instrución do procedemento, non se admitirá ningunha modificación dos investimentos para os cales se solicita a axuda que supoñan un incremento do seu importe, nin a inclusión de novos elementos ou gastos.

3. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Emisión do informe de control de elixibilidade (ICE)

1. Compételle ao equipo xestor do GDR emitir o ICE, segundo modelo normalizado que facilitará a Agader, e que reflectirá o resultado da avaliación e baremación do proxecto, ao abeiro da estratexia de desenvolvemento local aprobada, destas bases reguladoras e da normativa que resulte de aplicación. A baremación do proxecto realizarase segundo os criterios obxectivos de adxudicación das subvencións que cada GDR teña establecidos na súa estratexia de desenvolvemento local. A puntuación que obteña cada proxecto será a que determine a contía individualizada da axuda que lle corresponde, de acordo coas regras que cada GDR teña establecidas na súa estratexia de desenvolvemento local.

Os criterios de selección aplicables para cada un dos GDR serán os aprobados por Resolución do director xeral da Agader, que figuran na páxina web oficial da Agader no enderezo electrónico correspondente a cada GDR:

GDR1: Terras de Miranda: https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_01_normasxestionbaremo.pdf

Modificación:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_01_2018_03_14_resolucion_de_modif.criterios_seleccion.pdf

Rectificación de erro material e/ou aritmético:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_01_2018_03_26_resolucion_de_rectificac._erromaterial.pdf

GDR2: Terra Cha:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_02_normasxestionbaremo.pdf

Modificación:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_02_2018_10_12_resoluc._modificacion_criterios_de_seleccion.pdf

GDR3: Montes e Vales Orientais:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_03_normasxestionbaremo.pdf

GDR4: Comarca de Lugo:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_04_normasxestionbaremo.pdf

Modificación:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_04_2018_01_23_resoluc._de_modificac_de_criterios_de_seleccion.pdf

GDR5: Miño Ulla:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_05_normasxestionbaremo.pdf

GDR6: Ribeira Sacra:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_06_normasxestionbaremo.pdf

Modificacións:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_06_2018_02_14_resoluc_modificac._normas_de_xestion.pdf

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_06_2018_05_22_resolucion_de_modificac._normas_de_xestion.pdf

GDR7: Valdeorras:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_07_normasxestionbaremo.pdf

Modificación:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_07_2018_10_01_resolucion_de_modificacion_da_estratexia_e_normas_de_xestion.pdf

GDR8: Sil Bibei Navea:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_08_normasxestionbaremo.pdf

GDR 09: Monteval

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_09_normasxestionbaremo.pdf

Rectificación de erro material e/ou aritmético:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_09_correccionerros_criteriosseleccion.pdf

GDR 10: A Limia

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_10_normasxestionbaremo.pdf

Rectificación de erro material e/ou aritmético:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_10_2017_05_23_resolucion_rectificacion_de_erro_material.pdf

GDR 11: Adercou

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_11_normasxestionbaremo.pdf

GDR 12: Carballiño Ribeiro

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_12_normasxestionbaremo.pdf

GDR 13: Condado Paradanta

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_13_normasxestionbaremo.pdf

Rectificación de erro material e/ou aritmético:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_13_2018_03_08_resoluc_rectific_erro_material.pdf

GDR 14: Galicia Suroeste Eurural

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_14_normasxestionbaremo.pdf

GDR 15: Pontevedra Morrazo

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_15_normasxestionbaremo.pdf

GDR 16: Pontevedra Norte

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_16_normasxestionbaremo.pdf

GDR 17: Salnés Ulla Umia

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_17_normasxestionbaremo.pdf

GDR 18: Deloa

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_18_normasxestionbaremo.pdf

Rectificación de erro material e/ou aritmético:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_18_2017_06_01_resolucion_rectificac_erro_material.pdf

GDR 19: Terras de Compostela

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_19_normasxestionbaremo.pdf

GDR 20: Ulla Tambre Mandeo

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_20_normasxestionbaremo.pdf

GDR 21: Ordes

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_21_normasxestionbaremo.pdf

GDR 22: Costa da Morte

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_22_normasxestionbaremo.pdf

Modificación:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_22_2017_12_29_resoluc_modificacion_normas_de_xestion.pdf

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_22_2018_10_22_resoluc_modificacion_normas_de_xestion.pdf

GDR 23: Mariñas Betanzos

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_23_normasxestionbaremo.pdf

Modificación:

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Resolucions/gdr_23_2018_10_23_resolucion_de_modificacion_de_normas_de_xestion.pdf

GDR 24: Seitura 22

https://agader.xunta.gal/sites/default/files/documentacion/Leader_GDR/Normas_Baremos_Estratexias/gdr_24_normasxestionbaremo.pdf

2. O GDR remitirá a Agader o ICE acompañado de copia dos documentos que integran o expediente. A documentación orixinal ou, de ser o caso, copias debidamente cotexadas, deberá estar dispoñible na sede do GDR.

3. Unicamente no caso de renuncia ou de desistencia expresa do promotor non será necesario emitir ICE. O equipo xestor do GDR remitirá a Agader o documento presentado polo promotor e o resto da documentación que forme parte do expediente para aceptar a renuncia ou a desistencia expresa e declarar concluso o procedemento.

4. O prazo para a emisión do ICE será de 10 días, contado desde a data en que o expediente estea completo, nos termos previstos anteriormente.

Artigo 14. Emisión do informe técnico de viabilidade

1. Compételle ao equipo xestor do GDR emitir un informe técnico de viabilidade por cada proxecto, que se remitirá xunto co ICE, tendo en conta o modelo normalizado que lle facilite a Agader ao equipo xestor do GDR.

2. O informe técnico de viabilidade pronunciarase sobre a capacidade, solvencia técnica e financeira do promotor para levar a cabo o proxecto. No caso de proxectos produtivos, o informe de viabilidade pronunciarase tamén sobre a solvencia económica do proxecto.

3. O equipo xestor do GDR requiriralle ao promotor a acreditación do contido recollido nos puntos anteriores deste artigo. O promotor poderá acreditar esta capacidade e solvencia mediante calquera medio válido admitido en dereito.

4. O prazo para a emisión do informe técnico de viabilidade será de 10 días, contado desde a data en que o expediente estea completo, nos termos previstos anteriormente

Artigo 15. Verificación do ICE e do informe técnico de viabilidade

1. Compételle ao persoal da Subdirección de Relacións cos GDR realizar a verificación do ICE e do informe técnico de viabilidade, ao abeiro do PDR, da estratexia de desenvolvemento local do GDR, destas bases reguladoras, da normativa reguladora do Feader, da normativa sectorial que resulte de aplicación ao proxecto e dos principios de complementariedade e coherencia coas políticas que se aplican na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No suposto de carencias ou defectos na documentación que integra o expediente, o persoal da Subdirección de Relacións cos GDR, solicitaralle ao equipo xestor do GDR documentación complementaria.

3. Neste momento procedemental, e de acordo co disposto no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), e no artigo 48 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, o persoal da Subdirección de Relacións cos GDR poderá efectuar, ademais dos controis administrativos referidos á admisibilidade e fiabilidade dos solicitantes, aos requisitos de admisibilidade, compromisos e obrigas da operación e á revisión dos criterios de selección, as comprobacións sobre a moderación dos custos propostos e no caso de detectarse diferenzas substanciais respecto do valor de mercado, efectuarase a redución que corresponda no orzamento.

4. A verificación do ICE e do informe técnico de viabilidade por parte da Agader terá o carácter de informe preceptivo e vinculante para os efectos do establecido no artigo 80.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non poderá concederse axuda a ningún proxecto que non conte coa verificación administrativa da elixibilidade favorable.

Artigo 16. Selección e proposta de resolución por parte da xunta directiva do GDR

1. A xunta directiva do GDR (ou órgano decisorio similar se é o caso) realizará e remitirá a Agader, tendo en conta o procedemento de selección e priorización de proxectos definido na súa estratexia, unha única proposta de selección de proxectos motivada, con data límite do 30 de abril de cada ano, para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de xaneiro de cada ano. A dita proposta incluirá unha lista dos proxectos que se subvencionarán, ordenados de maior a menor puntuación e ata o límite máximo do crédito dispoñible de cada GDR e para cada tipoloxía de proxectos. Polo tanto, distinguirase, por unha parte, entre proxectos produtivos e non produtivos, e dentro destes últimos distinguirase entre os non produtivos promovidos por entidades públicas locais e os promovidos por institucións de carácter privado. A relación ordenada de maior a menor puntuación correspondente aos proxectos non produtivos incluirá en primeiro lugar os considerados de prioridade alta, logo os de prioridade medida e a seguir os de prioridade baixa, tal e como se definan en cada unha das estratexias dos GDR que foron seleccionadas.

A relación de expedientes propostos pola xunta directiva do GDR (ou órgano decisorio similar) incluirá a distribución da axuda por anualidades e o prazo máximo de execución de cada un dos expedientes propostos.

Dentro das dispoñibilidades orzamentarias globais para cada un dos GDR, correspondentes á submedida 19.2, que se establezan en cada convocatoria, corresponde a cada GDR solicitar a Agader, en función do sinalado na convocatoria e na súa estratexia de desenvolvemento local, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos que se indican no parágrafo primeiro do número 1 deste artigo. As solicitudes de cada un dos GDR deberán remitirse a Agader durante os quince días naturais inmediatamente posteriores á data da publicación de cada unha das convocatorias.

As porcentaxes de distribución da axuda por anualidades deberán situarse entre os mínimos e máximos seguintes:

a) Con respecto á anualidade en que se concede a axuda, a súa porcentaxe de distribución da mesma situarase nun mínimo do 10 % nun máximo do 100 %.

b) No caso de existir unha segunda anualidade, a porcentaxe de distribución da axuda situarase nun mínimo do 10 % nun máximo do 90 % para cada expediente.

Estas limitacións porcentuais non serán de aplicación na concesión da axuda aos últimos expedientes en puntuación de cada unha das tipoloxías, senón que se lle activarán os fondos que estivesen dispoñibles, sen ter en conta as porcentaxes máximas e mínimas establecidas no parágrafo anterior. Tampouco serán de aplicación estas limitacións porcentuais para a activación dos expedientes que se atopen nas listas de agarda.

Xuntarase á proposta de resolución un documento individual por cada expediente seleccionado en que o promotor asine a conformidade coa distribución de axuda por anualidades e co prazo máximo de execución proposta polo GDR.

2. A antedita decisión trasladarase a Agader, que resolverá a concesión da axuda segundo a proposta de resolución do GDR, salvo que se constate algún erro, defecto de legalidade ou defecto do procedemento de selección de proxectos aprobado na estratexia de desenvolvemento local do grupo.

3. As propostas de resolución de concesión da axuda emitidas pola xunta directiva do GDR, en que se inclúa unha relación de proxectos para os que se propón axuda, incluirán, no caso de que existan, unha lista de agarda (ordenada de maior a menor prioridade) formada por proxectos que conten co ICE verificado pola Agader e para os cales non exista crédito dispoñible na anualidade.

4. Aquelas solicitudes que non puidesen ser atendidas no período correspondente á anualidade en que se presenten, por non contar co ICE verificado favorablemente pola Agader ou por falta de crédito, poderán ser tomadas en consideración na anualidade inmediatamente seguinte, no caso de que o solicitante faga manifestación expresa neste sentido, sen que isto supoña preferencia ningunha como criterio de selección. Non poderá usarse esta posibilidade cando o GDR modifique na súa estratexia de desenvolvemento local os criterios de selección e valoración de proxectos que rexían no momento da presentación das solicitudes que non puideron atenderse no período anterior.

5. Os proxectos promovidos directamente polos GDR referidos a formación no marco da submedida 19.2 (apoio á realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e os de animación correspondentes á submedida 19.4 poderán seleccionarse a medida que os vaia verificando favorablemente a Agader. Para este fin, unha vez verificados, a xunta directiva do GDR propoñerá ao director xeral da Agader a concesión de axuda de cada un destes expedientes ata o esgotamento do crédito dispoñible por cada GDR en cada anualidade.

Artigo 17. Resolución

1. A persoa titular da Dirección Xeral da Agader, por delegación do Consello de Dirección da Agader, resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas, nos termos contidos na proposta de resolución efectuada pola xunta directiva ou órgano decisorio similar do GDR, sempre que no caso das resolucións de concesión de axuda, se constate a existencia de dispoñibilidades financeiras.

2. Nos casos en que se constaten erros ou defectos de legalidade na proposta de resolución, a Agader devolverá a proposta de resolución ao GDR para os efectos de adecuar a citada proposta á legalidade vixente ou, de ser o caso, corrixir os erros detectados.

3. A resolución de concesión expresará:

a) A identificación do proxecto para o que se concede a axuda.

b) O orzamento aceptado, desagregado por partidas de gasto.

c) A porcentaxe e importe de axuda pública, desagregado por fontes financeiras, distribuído por anualidades, así como a puntuación e baremación do proxecto.

d) Prazo máximo de execución e xustificación dos gastos e investimentos, que non excederá dos 18 meses e respectará as datas límite previstas no calendario de xestión do artigo 34.

e) A posibilidade de concesión de prórrogas.

f) As condicións específicas de execución e xustificación.

g) A compatibilidade ou incompatibilidade con outras axudas ou subvencións para a mesma finalidade.

h) Regulamento comunitario en que se ampare, de ser o caso, a concesión da axuda.

i) Prazos e modos de xustificación da subvención, posibilidade de pagamentos anticipados, pagamentos parciais, así como o réxime de garantías.

j) Compromisos asumidos polo beneficiario.

k) Réxime de recursos.

l) Que a subvención está encadrada na medida 19 (Leader) do PDR, que está cofinanciada polo fondo Feader e que se encadra na prioridade ou área focal 6B (promover o desenvolvemento local nas zonas rurais).

4. Os proxectos que conten con ICE desfavorable emitido polo equipo xestor do GDR e este sexa, á súa vez, verificado pola Agader; así como os proxectos que conten con ICE favorable emitido polo equipo xestor do GDR pero que a Agader non verifique favorablemente, non poderán ser seleccionados pola xunta directiva ou órgano decisorio similar do GDR. Nestes casos, procederá que a citada xunta directiva ou órgano decisorio similar do GDR propoña a Agader, xunto coa listaxe de expedientes para os que se propón a axuda, unha listaxe dos expedientes para os cales non se propón a concesión de subvención por atoparse na situación descrita nesta epígrafe.

Os proxectos incluídos polo GDR na lista de agarda e que non acaden, na anualidade en que son presentados, a concesión de axuda por non terse producido desistencias, renuncias ou perdas de dereito relacionadas con outros expedientes, poderán optar á concesión de axuda no período de valoración inmediatamente seguinte, sempre que se cumpran os requisitos establecidos no citado punto 4 do artigo 16 destas bases reguladoras. No suposto de que non se cumpran eses requisitos, os proxectos incluídos inicialmente na lista de agarda pasarán á situación descrita no parágrafo inmediatamente anterior.

5. A resolución de denegación, expresará:

a) A identificación do proxecto para o que se denega a axuda.

b) Causas de denegación e motivación.

c) Réxime de recursos.

6. Publicaranse no DOG as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras, así como no taboleiro de anuncios da sede da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), nas webs dos GDR e na web da Agader http://agader.xunta.es.

Ademais, a resolución notificarase individualmente a cada interesado. Así mesmo, remitiráselle unha copia ao GDR.

Notificada a resolución, e sen prexuízo dos recursos que procedan, transcorridos 10 días naturais desde a notificación sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención (anexo IX), entenderase que a acepta e adquirirá desde ese momento a condición de beneficiario.

7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será 9 meses, contado desde a data da presentación da solicitude de axuda. O promotor poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo transcorrido o dito prazo sen que se teña notificado a resolución expresa.

Artigo 18. Desistencia e renuncia

1. En calquera momento da tramitación do expediente, o solicitante poderá desistir da súa solicitude de axuda, de forma expresa, mediante a presentación do documento normalizado (anexo VIII). A desistencia dá lugar ao arquivamento do expediente, nos termos establecidos na resolución que para o efecto dite a persoa titular da Dirección Xeral da Agader.

2. Nos mesmos termos, dá lugar ao arquivamento do expediente, tras a resolución que para o efecto dite a persoa titular da Dirección Xeral da Agader:

– A falta de presentación en prazo da documentación requirida ao promotor na fase de instrución do procedemento, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– A renuncia do promotor á subvención concedida. A renuncia farase constar en documento normalizado (anexo IX).

En todo caso, cando o promotor non poida executar o seu proxecto, deberá presentar a renuncia á subvención concedida. A falta de renuncia constituirá nestas circunstancias causa para iniciar expediente sancionados, ademais de, se é o caso, iniciar o procedemento de reintegro respecto das cantidades xa percibidas en concepto de subvención.

Artigo 19. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas, con carácter xeral, no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión. En particular, os beneficiarios asumirán as seguintes obrigas:

a) Respectar o destino do investimento, polo menos, durante os 5 anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

b) Manter os empregos consolidados durante os 5 anos posteriores á data da resolución de pagamento final do proxecto. Para os efectos de mantemento do emprego, considéranse empregos consolidados os resultantes da análise e valoración do informe de vida laboral, presentado polo promotor, referentes aos doce meses inmediatamente anteriores á data de solicitude de axuda.

c) Manter durante os 5 anos posteriores á data da resolución de pagamento final do proxecto os empregos que teña a obriga de crear, segundo a valoración acadada en relación con este punto nos criterios de selección. Só computarán como empregos de nova creación os creados con posterioridade á data da solicitude de axuda. Naqueles proxectos que creen 5 ou máis empregos, un terzo destes deberán estar cubertos no momento da solicitude do pagamento final do expediente e admitiranse respecto dos restantes, os que se creen no prazo máximo de 6 meses contados desde a data do pagamento final.

Tanto o emprego consolidado como o de nova creación computaranse en termos equivalentes ás UTAS (unidades de traballo anual).

d) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos e está obrigado a facilitar a información que lle requira a Agader e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións; en especial, aos controis sobre o terreo e controis a posteriori que poida realizar o órgano xestor de acordo cos artigos 49 e seguintes do Regulamento (UE) nº 809/2014.

e) Facilitar, en aplicación do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, á Autoridade de Xestión do PDR de Galicia 2014-2020, aos avaliadores designados ou a outros organismos nos que a dita Autoridade delegase a realización das tarefas, toda a información necesaria para realizar o seguimento e a avaliación do programa.

f) Comunicar a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos públicos ou privados que financien as operacións subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención, no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dos fondos percibidos.

g) Levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado, segundo resulta do artigo 66 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

h) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos nestas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

i) Publicitar a concesión da axuda do seguinte xeito, segundo establece o anexo III do Regulamento (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

– No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 €, colocarase una placa explicativa con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión Europea, que deberá permanecer durante todo o período de mantemento dos investimentos.

– No caso de que o beneficiario teña sitio web de uso profesional, incluirá unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea, que deberá permanecer durante a execución do proxecto e, cando menos, ata a data do pagamento final da axuda.

O 25 % do espazo, como mínimo, dos paneis e placas estará ocupado pola descrición do proxecto, o emblema da Unión e o lema: «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural». Incorporará ademais o logotipo de Leader e os logotipos de todas as administracións financiadoras. Os GDR e a Agader a través das súas respectivas páxinas web facilitarán aos beneficiarios os modelos de paneis e placas.

Os gastos derivados da instalación de placas e paneis terán a consideración de custo elixible.

Se o investimento consiste na adquisición de maquinaria ou elementos móbiles, a publicidade levarase a cabo mediante a colocación dun adhesivo perdurable. No caso de estudos, publicacións e outros materiais gráficos, a publicidade levarase a cabo mediante a inclusión dos logotipos e lema descritos na portada.

j) Facilitar a información que lle requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

2. Os bens subvencionados quedarán afectos á operación subvencionada un mínimo de cinco anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes. No caso dos proxectos non produtivos que financien gastos que consistan en estudos, planos, proxectos técnicos ou outros de natureza similar, garantirase o acceso de calquera interesado ao seu contido durante un período mínimo de 5 anos contado desde a data da resolución de pagamento final do expediente. Neste senso, o GDR ou a Agader poderán en calquera momento requirirlle ao beneficiario que facilite a súa exhibición coa finalidade da publicación na web do GDR e/ou na da Agader.

3. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes aspectos de inscrición no correspondente rexistro público.

CAPÍTULO III

Modificación da resolución de concesión

Artigo 20. Modificación da resolución de concesión da subvención. Réxime xeral

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do prazo máximo de execución e xustificación do proxecto, do seu titular ou do orzamento aceptado pola Agader, así como a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, antes de que remate o prazo para a realización do proxecto, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, utilizando para isto o modelo normalizado (anexo X).

3. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, e poderá, neste caso, dar como resultado a redución da axuda ou a perda do dereito á subvención.

4. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela. Os beneficiarios terán a obriga de comunicarlle a Agader calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención. A modificación poderase autorizar sempre que:

– Non desvirtúe a finalidade da axuda e non supoña incremento do orzamento.

– Non exista prexuízo a terceiros.

– Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

Artigo 21. Modificación por cambios de titularidade

1. Poderá subrogarse no lugar do beneficiario outra persoa que cumpra todos os requisitos para ser beneficiario e acepte os compromisos contraídos polo primeiro.

2. A tramitación da subrogación require:

a) Acreditación da personalidade do cesionario, co obxecto de verificar a súa idoneidade para ser promotor.

b) Documento público ou privado en que quede reflectido o traspaso de compromisos asumidos coa aceptación da subvención.

3. Unha vez achegada a documentación sinalada no parágrafo anterior, a Agader procederá á revisión da puntuación asignada inicialmente ao proxecto en atención ás circunstancias persoais do novo promotor, que poden supoñer unha redución, nunca incremento, da porcentaxe de axuda pública respecto do expediente orixinal e, incluso, a perda do dereito á subvención; así como á emisión, se procede, da resolución de concesión de subrogación, asinada pola persoa titular da Dirección Xeral da Agader.

Artigo 22. Modificación por ampliación do prazo de execución e xustificación, por modificacións no orzamento do proxecto ou no seu financiamento

1. Cando o beneficiario non poida finalizar os investimentos ou cumprir os compromisos no prazos determinados na resolución de concesión, poderá solicitar a Agader, a través do GDR (anexo X), unha prórroga antes do remate do prazo de xustificación, xunto cunha memoria xustificativa, en que quede constancia da situación actual do proxecto, causas do atraso na execución e previsión e prazos de finalización. A prórroga non poderá ser superior á metade do prazo concedido inicialmente.

2. A modificación no orzamento do proxecto requirirá a achega, por parte do promotor de:

– Novo orzamento proposto para os gastos necesarios para a execución do proxecto segundo modelo normalizado (anexo V).

– Nova relación das tres ofertas solicitadas e elixidas segundo modelo normalizado (anexo VI-A), así como declaración sobre as ofertas solicitadas e elixidas segundo modelo normalizado (anexo VI-B).

3. A modificación das condicións de financiamento do proxecto requirirá a achega, por parte do promotor da declaración doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto.

CAPÍTULO IV

Procedemento de xestión e xustificación das axudas

Artigo 23. Financiamento dos proxectos

En calquera caso, o financiamento dos proxectos rematará por esgotamento do crédito existente do GDR ou por acadar as datas finais do calendario de xestión da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020 sinaladas no artigo 34 destas bases reguladoras sen emitirse as resolucións de concesión de axudas.

Cando se prevexa a posibilidade de efectuar pagamentos á conta na resolución de concesión da axuda sinalarase a distribución plurianual da axuda atendendo ao ritmo de execución da acción subvencionada.

Artigo 24. Réxime de xustificación

1. O beneficiario das axudas deberá presentar a xustificación documental dos gastos ou investimentos vinculados á operación subvencionada dentro do prazo máximo previsto no calendario de execución do artigo 34.

2. Para estes efectos, o beneficiario presentará no rexistro do GDR a solicitude de pagamento, segundo o modelo normalizado (anexo XI) que estará ao dispor dos interesados na sede do GDR. No suposto de que o beneficiario sexa o GDR, a solicitude de pagamento dirixirase directamente a Agader.

A presentación da solicitude de pagamento, así como, se é o caso, a remisión da documentación complementaria, realizarase nos mesmos termos que se establecen no artigo 9 destas bases reguladoras.

Unha vez recibida polo GDR a solicitude de pagamento en modelo normalizado, xunto coa documentación complementaria que proceda segundo o contido da resolución de concesión da axuda e das epígrafes seguintes deste artigo, correspóndelle ao GDR comprobar que está completa. Unha vez realizada esta comprobación por parte do GDR, deberá remitirlla a Agader para a realización do control administrativo da solicitude de pagamento.

No caso de que o GDR considere incompleta a documentación presentada polo promotor, poderá requirirlle a este que achegue a documentación complementaria.

3. Os investimentos xustificaranse, para cada un dos gastos realizados, a través da seguinte documentación:

a) Facturas orixinais ou documentos probatorios de valor equivalente debidamente desagregadas por conceptos ou unidades de obra.

A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao que resulta do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

O GDR selará as facturas indicando a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a porcentaxe que resulte afectada pola subvención e, posteriormente, devolveraas ao promotor.

b) A documentación acreditativa do pagamento efectivo en favor dos acredores:

1º. Como regra xeral, presentarase o xustificante bancario de pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en conta, certificación bancaria, etc) en que conste o concepto facturado e/ou o número de factura, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

2º. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

3º. Os xustificantes de pagamento obtidos a través da banca electrónica deberán estar validados co selo da entidade bancaria correspondente ou contar con código de verificación propio do sistema de validación da entidade bancaria de que se trate.

4º. Para os efectos da súa xustificación, no caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, estes deberán incluírse, xunto coa factura, nunha única solicitude de pagamento.

4. Tanto a data das facturas como a dos xustificantes de pagamento deberán estar comprendidas dentro do período de execución e xustificación dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda (con excepción dos custos xerais vinculados ao investimento sinalados na letra e) do artigo 4, da adquisición de terreos e dos gastos vinculados ás licenzas de obra que poderán ser de data anterior), e ata a data límite de execución e xustificación dos investimentos que determine a resolución de concesión da axuda.

5. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas e conceptos de gasto do orzamento aceptadas pola Agader na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza do proxecto subvencionado.

6. Cando non se xustifique a totalidade do investimento ou gasto aprobado na resolución de concesión, o investimento certificarase aplicando ao investimento ou gasto subvencionable xustificado a porcentaxe de subvención concedida, sempre e cando este investimento xustificado represente cando menos o 60 % do investimento aceptado na resolución de concesión da axuda e se cumpra a finalidade ou obxectivo para o que se concedeu a axuda.

7. Na fase de xustificación do gasto a Agader poderá contrastar os prezos achegados polo beneficiario por calquera dos medios previstos no artigo 30, número 5, da LSG co fin de comprobar que os gastos subvencionables se axustan ao valor de mercado. En caso de discrepancia, minoraranse os importes aprobados na concesión da axuda.

8. Xunto coa primeira solicitude de pagamento, o promotor deberá achegar a documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os que se executa o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante o período mínimo equivalente ao que se vai exixir a permanencia do investimento, así como o resto da documentación que especificamente se relacione na resolución de concesión.

9. Para proceder ao pagamento final do expediente, o promotor deberá presentar os permisos, inscricións e/ou licenzas requiridas pola normativa autonómica ou local para o tipo de actividade de que se trate.

10. No caso dunha operación que requira proxecto técnico visado polo colexio oficial correspondente, o promotor deberá xuntar á primeira xustificación unha copia do resumo do orzamento por capítulos e da súa memoria. Neste suposto, nas xustificacións presentaranse certificacións de obra asinadas por técnico competente.

11. Cando a subvención se conceda para proxectos non produtivos que conleven a realización de estudos, proxectos técnicos, planos e documentos similares, e sempre que estes sexan difundibles, o promotor entregará un exemplar en soporte informático adecuado para posibilitar a súa difusión. Tamén deben achegarse copias se hai edición de libros, folletos, guías, etc.

Se a subvención se concede para seminarios ou actividades semellantes, entregarase unha copia dos temas tratados e as conclusións.

12. Xunto coa xustificación deberase achegarse unha declaración, en documento normalizado que se incorpora a estas bases reguladoras como anexo XIII, doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto, con referencia, de ser o caso, ás axudas de minimis. Ademais, de ser o caso, deberá achegarse unha relación dos equipamentos subvencionados en que conste a marca, o modelo e o número de serie ou referencia equivalente para a súa identificación (anexo XII). A factura correspondente deberá identificar, cando menos a marca, o modelo e o número de referencia ou de serie dos equipamentos subvencionados.

13. No caso de investimentos destinados ao aumento de categoría dun establecemento turísticos de aloxamento ou de restauración, deberá presentarse a documentación acreditativa da nova clasificación.

14. O promotor deberá, xunto coa solicitude de pagamento final, achegar a documentación xustificativa dos empregos creados e mantidos, xunto co modelo normalizado da xustificación do emprego (anexo XIV) e a documentación acreditativa seguinte:

– Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento final.

– Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta durante os doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de pagamento, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Copia dos contratos de traballo correspondentes aos empregos creados, debidamente comunicados ao Servizo Público de Emprego.

15. No caso de que o solicitante non lle outorgue a autorización a Agader para obter de oficio os certificados acreditativos do cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de que non ten pendente de pagamento débeda ningunha coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá achegar as correspondentes certificacións.

16. A Agader poderá solicitarlle ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere convenientes.

17. Todas as operacións de investimento incluirán unha visita in situ para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención. A realización da visita in situ corresponderá aos GDR, excepto nos casos en que sexa beneficiario do expediente o propio GDR. Nestes supostos, corresponderá a Agader a realización da citada visita in situ.

18. Transcorrido o prazo establecido na resolución de concesión da axuda para a xustificación dos investimentos sen se ter presentado esta, requiriráselle ao beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comporta a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que derivan da LSG.

19. Aqueles beneficiarios que na data máxima de execución e de xustificación da operación prevista na resolución de concesión da axuda, non tivesen renunciado expresamente á subvención concedida ou non executasen nin xustificasen o proxecto sen causa debidamente xustificada e comunicada a Agader, quedarán excluídos das axudas que se tramiten a través da medida 19 (Leader) do PDR de Galicia no período 2014-2020.

Artigo 25. Retirada total ou parcial da axuda e sancións administrativas

O pagamento calcularase sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante o control administrativo da solicitude de pagamento.

Conforme o artigo 63 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, do 17 de xullo, a Agader examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Deste xeito fixará:

a) O importe que correspondería pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e da decisión de concesión.

b) O importe que correspondería pagar ao beneficiario tras o exame de admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado con arreglo á letra a) do parágrafo primeiro deste artigo supera o importe fixado con arreglo á letra b) do mesmo parágrafo en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado con arreglo á letra b). O importe será igual á diferenza entre esos dous importes, pero non irá mais alá da retirada total da axuda.

Non obstante, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar a satisfacción da Agader que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a Agader adquira doutro modo a convición de que o beneficiario non é responsable diso.

Artigo 26. Réxime de pagamento

1. O pagamento efectuarase na conta bancaria para tal efecto designada polo beneficiario.

2. Poderán concederse pagamentos parciais e anticipos de conformidade co disposto no artigo 31.6 da LSG, nos artigos 62, 63 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e nos artigos 42.2 e 45.4 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do 17 de decembro, ben que coas seguintes particularidades:

a) O importe conxunto dos pagamentos á conta e anticipados aos beneficiarios das axudas xestionadas no marco das submedidas 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) e 19.4 (custos correntes da Estratexia de desenvolvemento local e animación) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 poderá alcanzar o 100 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, sen que exceda a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

b) Os citados beneficiarios quedan eximidos da obriga de constituír garantías nos pagamentos á conta que poidan recibir, cando o importe conxunto de pagamentos á conta e de pagamentos anticipados sexa superior aos 18.000 €.

3. Poderán realizarse pagamentos á conta que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada, sempre e cando o orzamento aceptado sexa superior a 30.000 €.

O número de pagamentos á conta non poderá ser superior a tres por cada expediente.

4. No suposto de que o investimento exixa pagamentos inmediatos, os promotores poderán solicitar un anticipo en documento normalizado que se incorpora a estas bases como anexo VII, equivalente como máximo ata o 50 % da subvención concedida, segundo o disposto nos artigos 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e nos artigos 42.2 e 45.4 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do 17 de decembro, e sen que se poida superar a anualidade vixente.

En todo caso, o pagamento do anticipo quedará supeditado á constitución da garantía correspondente, segundo se establece no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Non obstante, en relación co disposto no artigo 63.1 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no caso das entidades públicas locais, abondará coa garantía escrita da súa autoridade competente, a cal será equivalente ao 110 % do importe anticipado, de xeito que se reflicta o compromiso de aboar o importe cuberto pola garantía no caso de que non se estableza o dereito ao importe anticipado.

CAPÍTULO V

Reintegro e réxime sancionador

Artigo 27. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución (Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2012).

2. No caso de que na análise da solicitude de pagamento se detecte que un incumprimento atinxe ao compromiso de creación de emprego ou a calquera outro compromiso derivado da aplicación dos criterios de selección ao proxecto, estes incumprimentos suporán a tramitación dun expediente de perda do dereito ao cobramento da subvención e o reintegro da totalidade da axuda percibida en certificacións parciais, sempre e cando este/s compromiso/s fose/n determinantes para a selección do proxecto. No caso de que o compromiso ou compromisos incumpridos non fosen determinantes para a selección do proxecto, revisarase a puntuación asignada inicialmente e axustarase a axuda á puntuación que lle corresponda conforme os criterios de selección que lle sexan aplicables.

3. En relación co período de permanencia dos compromisos derivados da resolución de concesión de axuda, tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, da operación subvencionada ou ao compromiso de mantemento de emprego, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento, ata acadar os 5 anos, sempre e cando non se produza o incumprimento nos primeiros dous anos de compromiso posto que neste caso procederá o reintegro total da axuda.

4. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

5. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

b) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude de axuda.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente os bens da empresa subvencionada e impida o seu normal funcionamento.

Artigo 28. Réxime sancionador

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da LSG, ao disposto no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 e no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014.

CAPÍTULO VI

Réxime normativo, réxime de recursos, notificacións e calendario de xestión

Artigo 29. Normativa de aplicación

– Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (RLSG).

A Resolución do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.

– Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Normativa comunitaria:

PDR de Galicia, aprobado pola Decisión de execución da Comisión Europea, do 18 de novembro de 2015 (CCI: 2014ES06RDRP011) e modificado pola Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, e a través da Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018.

Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión, ao Feader e ao FEMP, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión e ao FEMP.

Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Regulamento (UE) nº 807/2014, da Comisión, do 11 de marzo, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, modificado polo Regulamento de execución (UE) 669/2016, da Comisión; polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Regulamento delegado (UE) nº 640/2014, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello.

Artigo 30. Réxime de recursos

As resolucións dos procedementos instruídos ao abeiro destas bases reguladoras esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

1. Recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, se a resolución é expresa. Se o acto non é expreso, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

2. Recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa.

Artigo 31. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 32. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 33. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Axencia Galega de Desenvolvemento Rural– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 34. Calendario de xestión

1. Para a xestión da estratexia de desenvolvemento local, teranse en conta as seguintes datas:

a) Data final de admisión de solicitudes para a proposta anual de selección de proxectos: 31 de xaneiro de cada ano.

b) Data final para a proposta anual de selección de proxectos: 30 de abril de cada ano.

c) Data final de pagamento dos investimentos ou gastos subvencionables polos promotores aos seus provedores: 15 de outubro de cada ano.

d) Data final de xustificación de investimentos: 15 de outubro de cada ano.

e) Data final de concesión de axudas: 30 de setembro de 2021.

f) Data final de pagamentos aos titulares de proxectos da totalidade da axuda certificada: 30 de novembro de 2022.

2. O director xeral da Agader, en previsión dunha ordenada xestión, execución e peche da medida Leader do PDR, poderá variar as datas sinaladas, así como fixar outras para axeitar o ritmo de execución de proxectos á proximidade das datas límite sinaladas.

CAPÍTULO VII

Fichas de elixibilidade

Artigo 35. As fichas de elixibilidade

As fichas de elixibilidade establecidas neste capítulo refliten as particularidades e requisitos específicos de admisibilidade aplicables a cada unha das tipoloxías de proxectos que son subvencionables, sendo de aplicación as regras xerais establecidas nestas bases reguladoras para calquera cuestión non sinalada especificamente neste capítulo.

Ficha de elixibilidade I: os investimentos no sector da produción agraria primaria (proxectos produtivos).

Artigo 36. Proxectos subvencionables

Por razóns de coherencia e complementariedade con outras liñas de axuda específicas do PDR de Galicia 2014-2020, non serán subvencionables, como regra xeral, os proxectos encadrables no sector da produción agraria primaria (inclúese na definición de produción agraria primaria a produción agrícola, gandeira e forestal). Non obstante, como excepción á regra xeral, serán subvencionables a través da medida Leader de Galicia 2014-2020, os investimentos seguintes:

1. Atendendo á prioridade horizontal en todas as políticas da Unión Europea de loita contra o cambio climático e de adaptación cara a unha economía que diminúa as emisións de carbono, serán subvencionables os investimentos en explotacións agrarias que se refiran á mellora da súa eficiencia enerxética e/ou ao emprego de fontes de enerxía renovables. A explotación agraria deberá estar en funcionamento, tendo declarada facturación real pola venda dos seus produtos, e deberá posuír un CEA (código de explotación agraria) ou rexistro oficial que corresponda á explotación agraria dunha antigüidade de polo menos un ano anterior á data da solicitude de axuda. A mellora da eficiencia enerxética da explotación agraria deberá quedar acreditada mediante a presentación dun plan empresarial, acompañado dun informe emitido por técnico competente ou dunha auditoría enerxética. A redución dos custos derivados da mellora da eficiencia enerxética da explotación deberá acadar unha porcentaxe mínima do 40 %.

2. Tamén serán subvencionables pequenos proxectos, ata un máximo de 30.000 € de investimento total elixible, que supoñan o inicio ou implantación dunha actividade agrícola, gandeira ou agroforestal, sempre que esta constitúa unha actividade complementaria á actividade principal non agraria do promotor do proxecto. No caso de proxectos promovidos por persoas físicas, o total da renda da unidade familiar no momento da solicitude de axuda non poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional vixente. Por outra parte, o resultado final da previsión económica, xuntando a actividade principal non agraria e a renda agraria derivada do proxecto, non poderá superar o quíntuplo do valor do citado salario mínimo interprofesional. Para estes efectos, tomaranse en consideración para o cálculo da renda da unidade familiar, no momento da solicitude de axuda, a declaración dos impostos persoais sobre a renda. O cálculo do resultado final da previsión económica realizarase con base nos módulos fixados pola Consellería do Medio Rural para os plans de mellora de explotacións agrarias. Para proxectos promovidos por promotores distintos a persoas físicas, o cálculo da renda inicial realizarase con base na última declaración tributaria efectuada, tendo en conta a normativa que lle sexa aplicable a cada promotor segundo a súa específica forma xurídica. O promotor estará obrigado a dar de alta a explotación agraria que se implante a raíz do investimento, no REAG (Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia), así como a obter o correspondente CEA (código de explotación agraria) con carácter previo á xustificación final do proxecto.

Artigo 37. Financiamento

1. A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable.

2. As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas no Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Artigo 38. Gastos subvencionables

As regras de subvencionabilidade dos gastos serán as establecidas con carácter xeral nos artigos 4 e 5 destas bases reguladoras, coa excepción da adquisición de maquinaria automotriz, que non será subvencionable para os proxectos de mellora de eficiencia enerxética e/ou emprego de enerxías renovables que se regulan no punto 1 do artigo 36 destas bases reguladoras.

A moderación de custos realizarase mediante a comparación de ofertas diferentes e a aplicación dos módulos máximos para aqueles investimentos que sexan subvencionables e para os que a Consellería do Medio Rural teña establecidos os citados módulos máximos.

Ficha de elixibilidade II: os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios (proxectos produtivos).

Artigo 39. Proxectos subvencionables

1. Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización de empresas destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca.

Así mesmo, considéranse incluídos nesta tipoloxía de proxectos, os investimentos relativos a procesos de transformación nos cales interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado e estes sexan un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade total destes non supere o 15 % do peso total do produto final. Os investimentos relativos a procesos de transformación en que a porcentaxe de produtos non incluídos no anexo I do Tratado supere o citado 15 % do peso total do produto final non estarán incluídos na regulación desta ficha de elixibilidade.

Non obstante, unicamente serán elixibles os proxectos nos cales o importe total dos investimentos subvencionables non exceda a contía máxima que, por razóns de coherencia e complementariedade entre os distintos departamentos da Xunta de Galicia, estableza o PDR de Galicia para esta tipoloxía de proxectos que se poidan subvencionar a través da medida 19 (Leader) no período 2014-2020.

2. Os investimentos deben cumprir a normativa aplicable en materia de sanidade e benestar animal, de ser o caso.

Conforme iso:

a) Non se concederán axudas a solicitantes que presenten proxectos relativos a instalacións xa existentes que non acrediten dispoñer de rexistro sanitario, ou que non cumpran, de ser o caso, a normativa de benestar animal, ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal.

b) Non se pagarán axudas a beneficiarios que non acrediten, tras a execución dos investimentos, dispoñer de rexistro sanitario actualizado ou vixente, así como, de ser o caso, cumprir a normativa de benestar animal ou a relativa á elaboración de produtos para alimentación animal. Esta acreditación non será exixida no caso de que os investimentos previstos, dadas as súas características, non supoñan unha alteración das actividades da empresa que afecten o rexistro sanitario vixente, ou alteren as condicións relativas ao benestar animal ou á elaboración de produtos para alimentación animal.

Artigo 40. Financiamento

1. A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable.

2. As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas:

a) No Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, nos supostos en que o produto final estea incluído na súa totalidade no anexo I do Tratado.

b) No Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis nos supostos en que o produto final non estea incluído na súa totalidade no anexo I do Tratado.

Ficha de elixibilidade III: os investimentos en transformación e comercialización de produtos forestais (proxectos produtivos).

Artigo 41. Proxectos subvencionables

Inclúense nesta ficha de elixibilidade os investimentos relacionados coa transformación, utilización e/ou comercialización da madeira como materia prima que sexan anteriores á primeira transformación industrial.

Os investimentos incluídos nesta ficha de elixibilidade unicamente serán subvencionables no caso de que estean dirixidos á produción de quebrado de madeira e/ou de pellets para a xeración de enerxía e/ou fonte de calor. Poderán incluír a corta, descascadura, torado, almacenamento, tratamento de protección e secado e outras operacións de traballo anteriores á primeira transformación industrial da madeira.

Os investimentos relacionados coa transformación, utilización e/ou comercialización da madeira que sexan posteriores á súa primeira transformación industrial serán subvencionables a través da ficha de elixibilidade V (investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias).

Artigo 42. Financiamento

1. A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 40 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €.

2. As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Artigo 43. Beneficiarios

Os beneficiarios dos proxectos incluídos nesta ficha de elixibilidade deberá de cumprir os requisitos que con carácter xeral se establecen no artigo 3 destas bases reguladoras. Non obstante, os proxectos que sexan promovidos por comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común ou por agrupacións de propietarios serán subvencionables no caso de que inclúan unha extensión superior ás 15 hectáreas.

Ficha de elixibilidade IV: os investimentos que supoñan diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias (proxectos produtivos).

Artigo 44. Proxectos subvencionables

Poderán subvencionarse proxectos que, respondendo ao obxectivo xeral de mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural, impliquen o inicio ou mellora dunha actividade produtiva complementaria da propia actividade agraria que se desenvolva na explotación agraria, tales como:

1º. Elaboración e venda de produtos artesanais.

2º. Agroturismo: acondicionamento e mellora das instalacións da explotación agraria de cara a ofrecer servizos turísticos como actividades recreativas e de animación turística, espectáculos, actividades de aventura ou natureza, actividades deportivas como golf, náuticas, esquí, hípica e outras, actividades de valorización e divulgación do patrimonio cultural, balnearios e centros de talasoterapia. Os investimentos que impliquen a creación de prazas de aloxamento estarán supeditados ás limitacións sectoriais recollidas no artigo 69 destas bases reguladoras.

3º. Servizos educativos, culturais, recreativos, ambientais asociados á valorización de patrimonio natural e/ou cultural ou a ecosistemas agrarios e/ou forestais do territorio.

4º. Prestación de servizos á poboación.

Artigo 45. Financiamento

1. A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €.

2. As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Artigo 46. Beneficiarios

Os beneficiarios serán exclusivamente os membros dunha unidade familiar, ata o segundo grao de relación, ligados a unha explotación agraria, entendendo como tales as persoas físicas ou xurídicas ou grupo de persoas físicas ou xurídicas, con excepción dos traballadores agrarios. Nos casos en que un membro da unidade familiar da explotación sexa unha persoa xurídica ou un grupo de persoas xurídicas, ese membro debe exercer unha actividade agrícola na explotación no momento en que se presente a solicitude de axuda. Tratándose de persoas físicas, a acreditación do carácter de beneficiario exixe que se autorice a Agader para a consulta dos datos de residencia ou, se é o caso, a presentación, xunto co resto da documentación que requira o proxecto, do certificado de empadroamento municipal, para os efectos de constatar a convivencia do solicitante na explotación agraria.

Ficha de elixibilidade V: investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias (proxectos produtivos).

Artigo 47. Proxectos subvencionables

Poderán subvencionarse proxectos que, respondendo ao obxectivo xeral de mellora da calidade de vida en zonas rurais e diversificación da economía rural, supoñan a creación, ampliación e modernización de pequenas empresas, en sectores da economía distintos ao da produción agraria primaria.

Para estes efectos, entenderase por creación a posta en marcha dunha nova empresa ou, no caso de que a empresa xa tivese actividade comercial con carácter previo á solicitude de axuda, a posta en marcha dunha actividade distinta á que viñese desenvolvendo con carácter previo á data da solicitude de axuda. Considérase que a actividade é distinta cando a división do código nacional de actividades económicas (CNAE) correspondente á nova actividade sexa distinta á división do CNAE correspondente á actividade ou actividades comerciais que tivese a empresa con carácter previo á data da solicitude de axuda.

Por modernización entenderase a diversificación da produción dun establecemento en novos produtos adicionais ou un cambio fundamental na natureza da produción ou na tecnoloxía correspondente.

Os investimentos que se limiten a substituír un edificio ou unha máquina existente, ou partes deles mesmos, por un edificio ou por outra máquina nova, unicamente serán subvencionables no caso de que a substitución supoña ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % con respecto á que viña desenvolvendo o edificio ou a maquinaria substituída.

Artigo 48. Financiamento

1. A intensidade de axuda situarase nun mínimo do 15 % e nun máximo do 50 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €.

2. As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Ficha de elixibilidade VI: investimentos en proxectos non produtivos.

Artigo 49. Proxectos subvencionables

Poderán subvencionarse proxectos que teñan un interese público ou colectivo, é dicir, que afecten, interesen ou beneficien dalgún xeito ao conxunto da poboación ou da sociedade en xeral, e que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica.

A subvencionabilidade dos proxectos relacionados co mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e de zonas de alto valor natural, dependerá de que o departamento da Xunta competente na materia acredite o interese da proposta ou ben estea definido como de interese no plan de mantemento, restauración, mellora ou posta en valor do patrimonio natural ou cultural que o GDR pode elaborar e que estea aprobado pola Agader.

Tamén serán subvencionables, entre outros, os proxectos referidos á creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural como as actividades recreativas e culturais, xunto coas correspondentes infraestruturas a pequena escala. No suposto de que o proxecto, que deberá ser igualmente de interese público ou colectivo, conleve unha actividade económica por si mesmo ou de maneira coadxuvante, terá a consideración de non produtivo cando os ingresos que se xeren procedan de taxas no caso de proxectos promovidos por entidades públicas locais. No resto dos casos, tanto para os proxectos promovidos por entidades públicas locais en que os ingresos proceden de prezos públicos como nos casos de proxectos promovidos por outros promotores distintos ás entidades públicas locais, os proxectos poderán ter a consideración de non produtivos cando o beneficio neto non chegue a superar o valor de capitalización do investimento ao xuro legal do diñeiro.

Artigo 50. Gastos subvencionables

As regras de subvencionabilidade dos gastos serán as establecidas con carácter xeral nos artigos 4 e 5 destas bases reguladoras.

Excepcionalmente, poderá ser subvencionable o alugamento de instalacións e equipamentos nos proxectos en que algún dos beneficiarios recollidos nesta ficha participe nalgún proxecto consistente nun certame, evento ou feira que reúna os requisitos para ter a consideración de proxecto non produtivo ao abeiro destas bases reguladoras.

Artigo 51. Financiamento

1. A intensidade de axuda situarase entre un mínimo do 30 % e un máximo do 90 % do investimento total subvencionable. O importe de axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €, non obstante poderán acadarse os 250.000 € no caso de que o proxecto non deba ampararse no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo ás axudas de minimis e sempre que a Agader o autorice expresamente.

2. As axudas concedidas para esta tipoloxía de proxectos estarán amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no suposto de que supoñan o desenvolvemento dunha actividade económica e poidan afectar, a xuízo da Agader, a libre competencia.

Artigo 52. Beneficiarios

Unicamente poderán ser beneficiarios desta tipoloxía de proxectos, as entidades sen ánimo de lucro, as entidades públicas locais e as comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades.

Ficha de elixibilidade VII: proxectos de formación promovidos polos GDR coa finalidade de incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio (proxectos non produtivos).

Artigo 53. Proxectos subvencionables

1. Serán subvencionables os proxectos que se dirixan especificamente á poboación activa do territorio, coa finalidade de mellorar a capacitación para o emprego tanto por conta propia como por conta allea.

2. Os GDR comunicarán a Agader por escrito as datas, horarios e lugar exacto da realización efectiva de cada unha das actividades formativas, sempre cunha antelación mínima de 10 días naturais á impartición dos citados cursos, para os efectos de que o persoal da Agader poida comparecer en calquera momento nas actividades formativas.

3. Os GDR garantirán e remitirán a Agader, xunto coa xustificación final do proxecto, un exhaustivo control diario de asistencia mediante a recollida dos correspondentes partes asinados polo alumnado e polo persoal formador.

4. Non será subvencionable a formación non presencial nin os gastos de desprazamento e/ou axudas de custo do alumnado.

Artigo 54. Gastos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes gastos:

a) O material funxible necesario para a realización da actividade formativa.

b) Gastos de desprazamento e axudas de custo do persoal docente, segundo as contías máximas que se establezan para o grupo 2º no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre axudas de custo para o persoal con destino na Administración autónomica de Galicia ou normativa que o substitúa.

c) Alugamento de instalacións e equipamentos.

d) Gastos de contratación de persoal docente e expertos, tendo en conta que o persoal encargado de impartir a actividade formativa deberá ser tecnicamente apto e xustificadamente elixido para a actividade.

Os gastos imputables á estratexia Leader limitaranse ás tarifas vixentes para o persoal formador dos cursos oficiais organizados pola Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/formacion/continua/2016/circular_programacion_2016.pdf).

Artigo 55. Financiamento

1. Os gastos en proxectos de formación para incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio que sexan promovidos polos GDR financiaranse dentro dos límites do cadro financeiro anexo ao convenio de colaboración que asinen coa Agader e de acordo co orzamento máximo dispoñible que anualmente autorice a Agader para cada GDR no ámbito desta tipoloxía de gasto.

2. A porcentaxe máxima de axuda pública poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables.

3. O gasto público total dedicado a esta tipoloxía de proxectos de formación non poderá superar, en ningún caso, o 2,5 % dos fondos públicos que se asignen á submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) de cada GDR.

Artigo 56 . Beneficiarios

Os beneficiarios son os GDR seleccionados en virtude do acordo do Consello de Dirección do 10 de febreiro de 2016, feito público pola Resolución do 11 de febreiro de 2016, para a selección de estratexias e para a selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras e que subscribisen coa Agader un convenio de colaboración para a xestión dunha estratexia de desenvolvemento local no marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 57. Xustificación e pagamento

1. Os proxectos de formación para incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio que sexan promovidos polos GDR poderán seleccionarse pola xunta directiva do GDR a medida que a Agader vaia verificando os ICE correspondentes. Para este fin, unha vez verificados, a xunta directiva do GDR propoñerá á persoa titular da Dirección Xeral da Agader a concesión de axuda de cada un destes expedientes e ata o esgotamento do crédito dispoñible en cada anualidade.

2. As actuacións referidas a esta tipoloxía de proxectos executaranse e xustificaranse segundo as regras xerais previstas nestas bases reguladoras. Poderá concederse, logo de solicitude do GDR, un anticipo de ata o 50 % da axuda pública que sexa concedida a cada expediente. O importe do anticipo non poderá ser superior ao orzamento que teña dispoñible, no exercicio corrente, o proxecto subvencionado.

Ficha de elixibilidade VIII: gastos correntes ou de funcionamento dos GDR (proxectos non produtivos).

Artigo 58. Gastos subvencionables

1. Para a correcta aplicación da estratexia de desenvolvemento local e para o cumprimento das súas funcións, o GDR deberá dotarse dos medios persoais e materiais axeitados, para o cal poderá realizar os seguintes tipos de gastos de funcionamento:

a) Gastos de persoal, que terá a cualificación suficiente para asumir o peso principal da xestión da estratexia. Os ditos gastos incluirán retribucións salariais, cotizacións á Seguridade Social e indemnizacións.

b) Asistencia á xestión en aspectos puntuais necesarios para a correcta aplicación da estratexia.

c) Subministracións exteriores.

d) Compra ou alugamento de material informático, telemático e de reprografía, material de oficina e similar.

e) Gastos relativos á sede do GDR (alugamento, acondicionamento, equipamento, gastos correntes en auga, electricidade, internet, etc...).

f) Gastos referidos á constitución de avais ou de garantías bancarias que sexan necesarios para a tramitación e concesión dos anticipos correspondentes á axuda pública destinada aos gastos correntes e de animación do GDR.

g) Gastos de constitución de pólizas bancarias.

h) Gastos vinculados ao traballo en rede.

i) Gastos correspondentes a actividades formativas do equipo xestor do GDR.

j) Outros gastos necesarios para realizar as funcións que lle corresponden como entidade colaboradora da Agader, tales como os gastos de representación institucional ata un importe máximo de 1.000 euros por ano, as axudas de custo e desprazamento, gastos asociados ás reunións dos órganos de decisión do GDR, a excepción de calquera tipo de retribución por asistencia a elas.

Non se consideran subvencionables os gastos por despedimentos improcedentes. Tampouco os xuros debedores das contas bancarias, nin os xuros, as recargas, as sancións administrativas e penais, o IVE recuperable, así como os demais impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación segundo a normativa nacional vixente e os gastos que se deriven de procedementos xudiciais que afecten os GDR.

2. O GDR terá en conta as seguintes regras sobre os gastos de funcionamento con cargo á estratexia de desenvolvemento local:

a) Para as axudas de custo en territorio nacional aplicarase o réxime e as contías previstas na Administración autonómica galega para o grupo 2º, tanto se a actividade ten lugar no territorio de Galicia como fóra. Para as axudas de custo que poidan ter lugar fóra do territorio nacional serán de aplicación o réxime e as contías previstas para o grupo 2º no anexo III do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo ou, se é o caso, na normativa que o substitúa.

O uso do vehículo particular con cargo á estratexia de desenvolvemento local limitarase á contía máxima por quilómetro percorrido prevista na normativa da Administración autonómica galega para o persoal ao seu servizo.

Para a imputación das compensacións sinaladas nesta epígrafe que teñan como causa desprazamentos fóra do territorio do GDR, o equipo xestor do GDR deberá solicitar previamente, e obter da Agader, autorización expresa, indicando a causa do desprazamento. Este último requisito non será aplicable no caso de convocatoria expresa por parte da Agader.

b) Os gastos correspondentes ás actividades formativas e cursos de interese para o equipo xestor do GDR limitaranse a un máximo do 1 % do total dos fondos públicos asignados á submedida 19.4 (custos correntes e animación). Serán propostos pola Xunta Directiva do GDR e xustificarase o interese para o equipo xestor do grupo.

O custo destas actividades formativas limitaranse ás contías máximas vixentes para o persoal formador dos cursos oficiais organizados pola Consellería do Medio Rural ou doutros organismos públicos da Comunidade Autónoma (http://mediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/formacion/continua/2016/circular_programacion_2016.pdf). O persoal docente deberá ser tecnicamente apto e xustificadamente elixido para a actividade formativa, que poderá ter carácter aberto a calquera persoa do territorio de actuación do GDR interesada na actividade formativa.

Artigo 59. Contratación do equipo xestor do GDR e contratación de asistencias técnicas para asistencia á xestión

1. As regras para a contratación do equipo xestor e as características dos postos de traballo regúlanse no convenio de colaboración asinado entre a Agader e o GDR, así como nas instrucións que a Agader dite nesta materia.

2. As regras para a contratación de asistencias técnicas para asistencia á xestión por parte do GDR regúlanse no convenio de colaboración asinado entre a Agader e o GDR.

Artigo 60. Inicio da subvencionabilidade dos gastos

No marco desta submedida serán elixibles os gastos causados a partir da data da notificación do acordo de selección da estratexia e do GDR como entidade colaboradora.

Artigo 61. Financiamento

1. Os gastos de funcionamento dos GDR financiaranse dentro dos límites do cadro financeiro anexo ao convenio de colaboración que asinen coa Agader e de acordo co orzamento máximo dispoñible que anualmente autorice a Agader para cada GDR.

2. A porcentaxe máxima de axuda pública poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables.

Artigo 62. Beneficiarios

Os beneficiarios son os GDR seleccionados seleccionados o 16 de novembro de 2016 polo Consello de Dirección da Agader en virtude do Acordo do Consello de Dirección da Agader do 10 de febreiro de 2016, feito público pola Resolución do 11 de febreiro de 2016, para a selección de estratexias e para a selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras e que subscribisen coa Agader un convenio de colaboración para a xestión dunha estratexia de desenvolvemento local no marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 63. Xustificación e pagamento

No caso de solicitude do GDR, poderá concederse un anticipo (solicitude segundo modelo normalizado do anexo VII) de ata o 50 % do orzamento dispoñible en cada anualidade, unha vez xustificados os gastos en custos correntes da anualidade anterior.

Os gastos correntes ou de funcionamento dos GDR xustificaranse nos termos previstos na parte xeral destas bases reguladoras, coa particularidade de que poderán presentarse xustificacións de gastos mensuais ou, se é o caso, no momento de esgotamento do anticipo.

Ficha de elixibilidade IX: gastos de animación (proxectos non produtivos).

Artigo 64. Gastos subvencionables

1. Para a correcta aplicación da estratexia de desenvolvemento local, o GDR deberá executar proxectos de animación e de promoción da estratexia e do territorio do GDR. No marco da animación, o GDR poderá promover actividades do seguinte tipo:

a) Difusión da estratexia no territorio de actuación.

b) Encontros, xornadas, seminarios, congresos.

c) Estudos, informes, publicacións.

d) Mapas, guías, edición de material de promoción, valorización e difusión do territorio, portais e páxinas web.

e) Viaxes, presenza en feiras e eventos.

f) Sinalizacións turísticas.

g) Rutas.

h) Proxectos sectoriais colectivos, de coordinación, accións conxuntas.

i) Valorización do patrimonio cultural inmaterial.

j) Accións de sensibilización para difundir as condicións ambientais do territorio, así como os efectos negativos do cambio climático e as posibles accións de mitigación que se adopten no territorio.

2. O GDR distribuirá a axuda destinada aos proxectos regulados nesta cláusula tendo en conta as seguintes regras:

Por unha parte, as axudas de custo limitaranse ás regras e contías establecidas no artigo 58.2.a) destas bases reguladoras.

Ademais, non excederá o 10 % do total da submedida 19.4 (custos correntes e animación) o conxunto dos seguintes gastos:

a) Encontros, xornadas, seminarios e congresos.

b) Estudos, informes e publicacións.

c) Viaxes e presenza en feiras, sen que poidan viaxar ou asistir a feiras con cargo á estratexia máis de dúas persoas en cada ocasión, salvo que, en casos xustificados, a Agader autorice a asistencia de máis persoas.

Artigo 65. Financiamento

1. Os gastos de animación dos GDR financiaranse dentro dos límites do cadro financeiro anexo ao convenio de colaboración que asinen coa Agader e de acordo co orzamento máximo dispoñible que anualmente autorice a Agader para cada GDR.

2. A porcentaxe máxima de axuda pública poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables.

3. O gasto público total dedicado aos gastos correntes ou de funcionamento (submedida 19.4.A) e aos gastos en animación (submedida 19.4.B) non poderá superar, en ningún caso, o 25 % do gasto público total en que se incorra no marco da estratexia de desenvolvemento local.

4. Con cargo á submedida de animación e promoción da estratexia e do territorio do GDR, en ningún caso se poderán realizar actividades ou actos promocionais de calquera tipo que supoñan unha promoción directa e específica para calquera empresa ou grupo de empresas.

Artigo 66. Beneficiarios

Os beneficiarios son os GDR seleccionados o 16 de novembro de 2016 polo Consello de Dirección da Agader en virtude do Acordo do Consello de Dirección da Agader do 10 de febreiro de 2016 polo que se aprobaron as bases reguladoras para a selección de estratexias e para a selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras e que subscribisen coa Agader un convenio de colaboración para a xestión dunha estratexia de desenvolvemento local no marco da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 67. Xustificación e pagamento

1. Os proxectos de animación poderán seleccionarse pola xunta directiva do GDR a medida que a Agader vaia verificando os ICE correspondentes. Para este fin, unha vez verificados, a xunta directiva do GDR propoñerá á persoa titular da Dirección Xeral da Agader a concesión de axuda de cada un destes expedientes e ata o esgotamento do crédito dispoñible en cada anualidade. No caso de que a xunta directiva do GDR tivese aprobado expresamente a realización do proxecto proposto con carácter previo á verificación do ICE, non será necesario que esta propoña novamente a persoa titular da Dirección Xeral da Agader.

2. Os proxectos referidos á animación e promoción do territorio do GDR executaranse e xustificaranse segundo as regras xerais previstas nestas bases reguladoras. Poderá concederse, logo de solicitude do GDR, un anticipo de ata o 50 % da axuda pública que sexa concedida a cada expediente (solicitude segundo modelo normalizado do anexo VII) . O importe do anticipo non poderá ser superior ao orzamento que teña dispoñible, no exercicio corrente, o proxecto subvencionado.

Artigo 68. Réxime dos pagamentos á conta en custos correntes do GDR e animación e promoción territorial

O réxime dos pagamentos á conta en custos correntes e animación levada a cabo polos GDR será o establecido no modelo de convenio de colaboración entre a Agader e o GDR que autorizou o Consello da Xunta do 4 de agosto de 2016.

CAPÍTULO VIII

Limitacións sectoriais

Artigo 69. As limitacións sectoriais

1. Tendo en conta o carácter transversal da medida Leader, cómpre establecer limitacións sectoriais concretas por razóns de complementariedade e de coherencia con outras intervencións públicas que incidan sobre o territorio rural galego. Por outra parte, a Agader poderá solicitar informes e asinar convenios de colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia, coa finalidade de garantir a citada coherencia e complementariedade.

2. Considerando o sinalado no número 1 deste artigo, establécense as limitacións sectoriais seguintes:

a) Para os investimentos en establecementos turísticos e para os investimentos en actividades económicas do sector servizos no marco do sector da hostalaría, rexerá o convenio de colaboración asinado entre a Agader e a Axencia Turismo de Galicia no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

b) Para os investimentos no sector das enerxías renovables: queda excluído de financiamento a través da medida Leader de Galicia 2014-2020 calquera tipo de investimentos en enerxías renovables para venda á rede.

c) No ámbito dos investimentos en actividades económicas do sector servizos (talleres, tinturarías, lavandarías, clínicas, tanatorios, asesorías, perrucarías, despachos profesionais e calquera outra actividade asimilada ás anteriores do sector servizos): será de aplicación o que determine a estratexia de desenvolvemento local do GDR que fose aprobada e seleccionada pola Agader. A estratexia aprobada indicará expresamente que tipo de servizos e en que núcleos, concellos ou zonas concretas será territorio elixible para esta tipoloxía de investimentos. Definirase tamén en cada estratexia se a subvencionabilidade destes investimentos se reducirá á modernización ou ampliación de establecementos en funcionamento ou se tamén serán elixibles establecementos de nova creación.

d) No ámbito dos investimentos no sector do comercio polo miúdo: será de aplicación o que determine a estratexia de desenvolvemento local que fose aprobada e seleccionada pola Agader. No suposto de que a subvencionabilidade de establecementos de comercio polo miúdo estean previstos na estratexia, esta indicará os núcleos ou as zonas do territorio onde serán subvencionables os investimentos neste sector, así como o tipo de establecementos e de produtos que serán susceptibles do dito comercio.

En ningún caso será subvencionable a adquisición das mercadorías destinadas á venda.

e) Os investimentos que consistan na adquisición de maquinaria para a realización de servizos agrarios e/ou forestais quedan excluídos de financiamento a través da medida Leader de Galicia 2014-2020.

f) Para a realización de investimentos en centros sociais, así como o seu acondicionamento e equipamento deberase observar o disposto na estratexia de desenvolvemento local aprobada e seleccionada pola Agader, en que estarán identificadas, de forma expresa e por núcleos de poboación ou parroquias, as necesidades de creación de novos locais sociais, de reforma ou de ampliación de locais sociais xa existentes, de xeito que a subvencionabilidade destes investimentos dependerá da planificación realizada en cada estratexia de desenvolvemento local.

A contía máxima de axuda por cada proxecto que supoña un investimento en creación, reforma ou ampliación dun local social non poderá exceder os 50.000,00 € por proxecto.

g) Os investimentos consistentes na elaboración de estudos, edición de libros ou guías e páxinas web terán un límite máximo de axuda de 10.000,00 € por proxecto.

h) Os investimentos relacionados con instalacións ou centros que presten o servizo de calquera ensinanza que teña carácter regrado quedan excluídos de financiamento a través da medida Leader de Galicia 2014-2020.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file