Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 31 de decembro de 2019 Páx. 56242

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (XVB 255/2017).

Eu, Aarón González Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Comunidade de Propietarios Edificio Benjamín fronte a María José Roa Sánchez e Joseph Hans Van Oyen ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión:

Sentenza: 61/2019

Xuízo verbal 255/2017

Sobre outras materias

Demandante: Comunidade de Propietarios Edificio Benjamín

Procuradora: Virginia Louro Piñeiro

Demandados: María José Roa Sánchez, Joseph Hans Van Oyen

Sentenza:

Corcubión, 27 de maio de 2019.

Xuíza: Carme Pose Amado.

Procedemento: xuízo verbal 255/2017.

Demandante: Comunidade de Propietarios Edificio Benjamín, nº 146, avda. de Fisterra de Cee.

Procuradora: Sra. Louro Piñeiro.

Letrado: Sr. Martínez Díaz.

Demandados: María José Roa Sánchez e Joseph Hans Van Oyen.

Obxecto: reclamación de contía.

Resolución

Coa aceptación íntegra da demanda presentada pola procuradora Sra. Louro Piñeiro, na representación de Comunidade de Propietarios Edificio Benjamín, nº 146, avda. Fistera de Cee, contra María José Roa Sánchez e Joseph Hans Van Oyen, condeno os demandados a pagarlle á demandante o importe de 3.918,28 euros, cos xuros procesuais desde a sentenza, así como ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles a resolución ás partes, realizándose, no caso dos demandados en paradoiro descoñecido, conforme o disposto no artigo 497.2 Lei de axuizamento civil.

Modo de impugnación: recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta sentenza, mediante escrito presentado ante este xulgado.

Para interpoñer o recurso será necesaria a constitución dun depósito de 50 euros para a súa admisión a trámite. O depósito constitúese consignando o importe na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado. A consignación deberá acreditarse ao interpoñer o recurso (disposición adicional 15ª LOPX), excepto os declarados exentos nesa disposición e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Así, por esta sentenza en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os ditos demandados, María José Roa Sánchez e Joseph Hans Van Oyen, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Corcubión, 15 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza