Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2020 Páx. 105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa previa e de construción da modificación da planta de coxeración que Papelera de Brandía, S.A. promove no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Examinados os expedientes iniciados por solicitude de Papelera de Brandía, S.A. en relación coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da modificación dunha planta de coxeración, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 14 de setembro de 1998, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu autorizar a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Papelera de Brandía, S.A., no concello de Santiago de Compostela (expediente 97/770).

Segundo. Con data do 9 de febreiro de 1999, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio resolveu aprobar o proxecto de execución da planta de coxeración de enerxía eléctrica autorizada á empresa Papelera de Brandía, S.A., no concello de Santiago de Compostela (expediente 97/770).

Terceiro. Con data do 1 de outubro de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña resolveu autorizar a posta en marcha da instalación de coxeración Papelera de Brandía, S.A. en Santiago de Compostela (A Coruña).

Cuarto. Con data do 14 de maio de 2019, Juan Francisco Vilas López, en nome e representación de Papelera de Brandía, S.A., solicita a autorización administrativa previa de modificación da planta de coxeración da súa titularidade situada no concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Quinto. Con data do 1 de xullo de 2019, Juan Francisco Vilas López, en nome e representación de Papelera de Brandía, S.A., solicita a autorización administrativa de construción da modificación da planta de coxeración mencionada.

Sexto. Con data do 2 de xullo de 2019, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña emitiu informe favorable sobre a solicitude de autorización administrativa previa das instalacións do proxecto «Anteproxecto de modificación da planta de coxeración asociada á fábrica de Papelera de Brandía (Santiago de Compostela)».

Sétimo. Con data do 1 de agosto de 2019, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña informou que dende o punto de vista técnico non se atopou ningún impedimento para a emisión da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica recollida no proxecto «Modificación da planta de coxeración propiedade Papelera de Brandía (Santiago de Compostela)», recollendo as seguintes características técnicas:

Características actuais:

– Dous grupos motores-xeradores a gas cunha potencia de 4,464 MW (entre os dous), a súa caldeira de recuperación e o transformador principal, cunha relación de transformación de 6/20 kV e unha potencia de 5 MVA.

Características modificadas:

– Equipamentos recuperados:

• Unha turbina de gas natural marca Centrax CX501 KB7, cunha potencia de 4,64 MW e a súa caldeira de recuperación de gases. A turbina de gas acóplase a un xerador de tensión nominal 11 kV/ 50 Hz/ 3 ph, con factor de potencia 0,8.

• Transformador principal, con relación de transformación de 11/20 kV e unha potencia de 7 MVA.

– Equipamentos novos:

• CT de servizos auxiliares de 630 kVA e a aparellaxe correspondente.

Oitavo. Con data do 14 de agosto de 2019, requíreselle a Papelera de Brandía, S.A. documentación adicional necesaria para continuar coa tramitación do procedemento. O solicitante presentou a documentación requirida con datas 19 de agosto de 2019 e 20 de agosto de 2019.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o artigo 19 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, atribúe á Dirección Xeral de Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Segundo. O artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico establece que a posta en funcionamento de novas instalacións de transporte, distribución, produción e liñas directas previstas na mencionada lei ou modificación das existentes requirirá de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e autorización de explotación, que terán carácter regrado, e o seu outorgamento corresponde á Administración autonómica.

Terceiro. A modificación da planta de coxeración de referencia non se pode enmarcar dentro de ningún dos casos non substanciais indicados no punto 4 da ITC-RAT 20 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, polo que ten a consideración de substancial e debe obter as autorizacións indicadas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Cuarto. Á vista das características do proxecto, este non se atopa incluído en ningún dos supostos recollidos no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Ao non ser necesario trámite ambiental ordinario e de acordo co artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias de Galicia, non é preciso someter a solicitude de modificación da planta de coxeración ao trámite de información publica.

Quinto. De acordo co Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndelle á dirección xeral competente en materia de enerxía a competencia para outorgar a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción desta instalación.

Sexto. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede,

RESOLVO

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa á sociedade Papelera de Brandía, S.A. para modificar a planta de coxeración da súa titularidade situada no concello de Santiago de Compostela (A Coruña), segundo o correspondente anteproxecto.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción da modificación da devandita planta de coxeración, segundo o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico José Manuel González Becerra, colexiado nº 19.507 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Madrid.

As características principais recollidas nos proxectos son as seguintes:

Solicitante: Papelera de Brandía, S.A.

Domicilio social: Paseo de Amaia, 2, 15706, Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: anteproxecto de modificación da planta de coxeración asociada á fábrica de la Papelera de Brandía (Santiago de Compostela) e proxecto de modificación da planta de coxeración propiedade de Papelera de Brandía, S.A., Santiago de Compostela (A Coruña).

Potencia instalada: 4,64 MW, limitada a 4,464 MW.

Características actuais:

Dous grupos motores-xeradores a gas cunha potencia de 4,464 MW (entre os dous), a súa caldeira de recuperación e o transformador principal, cunha relación de transformación de 6/20 kV e unha potencia de 5 MVA.

Características modificadas:

– Equipamentos recuperados:

• Unha turbina de gas natural marca Centrax CX501 KB7, cunha potencia de 4,64 MW, limitada a 4,464 MW, e a súa caldeira de recuperación de gases. A turbina de gas acóplase a un xerador de tensión nominal 11 kV/ 50 Hz/ 3 ph, con factor de potencia 0,8.

• Transformador principal, con relación de transformación de 11/20 kV e unha potencia de 7 MVA.

– Equipamentos novos:

• CT de servizos auxiliares de 630 kVA e a aparellaxe correspondente.

– Potencia instalada limitada de 4,64 MW a 4,464 MW.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

1. A instalación terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran nos proxectos de execución referidos no punto segundo da parte dispositiva desta resolución.

2. Deberá cumprirse, en todo momento, canto establece o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, así como a demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

3. Para introducir modificacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa desta dirección xeral. Pola súa banda, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, deberá comunicarlle a este centro directivo todas as resolucións que dite en aplicación da devandita facultade.

4. Unha vez construídas as instalacións, o titular presentará unha solicitude de autorización de explotación de acordo co establecido no artigo 53.c) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 132.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, co fin de que esta proceda a efectuar a inspección da totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificar o cumprimento dos compromisos contraídos por Papelera de Brandía, S.A. e dos condicionados impostos nesta resolución, para o cal deberá achegar a documentación requirida na ITC-RAT 22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23. Así mesmo, previamente deberán inscribir as modificacións realizadas nos equipamentos que figuren no Rexistro Integrado Industrial da Xunta de Galicia.

5. O prazo para a posta en servizo das instalacións será de doce meses contados a partir da data de notificación da obtención do último permiso necesario para executar a instalación. Se transcorrido o dito prazo aquela non tivo lugar, producirase a caducidade destas autorizacións.

6. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

7. Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas