Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2020 Páx. 203

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 12 de decembro de 2019 pola que se nomean vogais do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

O artigo 10 dos estatutos do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro, establece o Consello Reitor como o órgano superior colexiado de goberno do instituto.

A composición do Consello Reitor fíxase no artigo 11 dos citados estatutos e indícase que está integrado pola Presidencia, a Vicepresidencia e a Secretaría, e, ademais, formarán parte del os seguintes vogais:

a) En representación dos axentes sociais: un/unha vogal en representación de cada un dos sindicatos que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e o mesmo número de vogais designados por proposta das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma.

b) En representación da Administración, un número de vogais suficiente para garantir a composición paritaria do Consello Reitor:

1. A persoa titular da Xerencia do Instituto.

2. Un/unha vogal por cada unha das consellerías con competencias en materia de sanidade, minas e facenda, designado pola persoa titular da consellería respectiva de entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

3. No caso de ser necesario, os/as restantes vogais serán designados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo entre as persoas titulares dos seus órganos superiores ou de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma.

En virtude do anterior, e unha vez feitas as propostas correspondentes, cómpre facer o seu nomeamento que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Así, de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e os artigos 10 e 11 dos estatutos do Issga, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear vogais titulares e suplentes do Consello Reitor do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia as seguintes persoas:

a) En representación dos axentes sociais:

a.1. Catro vogais en representación dos sindicatos presentes na mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, nos termos expostos na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro:

– Como vogal titular: Fernando Sabio Maroño, pola Confederación Intersindical Galega.

– Como vogal suplente: Francisco Xabier Cartelle Pérez, pola Confederación Intersindical Galega.

– Como vogal titular: Roi Fernández Rodríguez, polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

– Como vogal suplente: Alfonso García Blanco, polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

– Como vogal titular: José Luis Fernández Celis, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

– Como vogal suplente: Raquel Seijas Lamelas, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

– Como vogal titular: Antonio Pablo Rama Remuiñán, pola Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia.

– Como vogal suplente: Carolina Moldes Castiñeira, pola Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia.

a.2. Catro vogais en representación das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma:

– Como vogal titular: José Ángel Lorenzo Ramírez, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

– Como vogal titular: José Antonio Neira Cortés, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

– Como vogal titular: Jorge Somoza Lázare, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

– Como vogal titular: Diego Vázquez Reino, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

– Como vogal suplente: Javier Martínez López, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

– Como vogal suplente: Inma del Brío González, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

– Como vogal suplente: José Manuel Maceira Blanco, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

– Como vogal suplente: María Botana Rocamonde, pola Confederación de Empresarios de Galicia.

b) En representación da Administración, un número de vogais suficiente para garantir a composición paritaria do Consello Reitor:

b.1. A persoa titular da Xerencia do Instituto, Mª Adela Quinzá-Torroja García.

– Como vogal suplente: Mª Encarnación Sousa Rodríguez, subdirectora xeral Técnica e de Planificación.

b.2. Un vogal pola consellería competente en materia de sanidade:

– Como vogal titular: Alberto Fuentes Losada, secretario xeral técnico.

– Como vogal suplente: Susana Touza Figueiras, vicesecretaria xeral.

b.3. Un vogal pola consellería competente en materia de minas:

– Como vogal titular: Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas.

– Como vogal suplente: Mª Carmen Rodríguez Andrade, subdirectora xeral de Recursos Minerais.

b.4. Un vogal pola consellería competente en materia de facenda:

– Como vogal titular: José Mª Barreiro Díaz, director xeral da Función Pública.

– Como vogal suplente: Rubén Plaza Martínez, subdirector xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional.

b.5. Dous vogais pola consellería competente en materia de traballo:

– Como vogal titular: Pablo Casal Espido, director xeral de Orientación e Promoción Laboral.

– Como vogal suplente: Juan Carlos Pernas Maques, subdirector xeral de Promoción Laboral.

– Como vogal titular: Jose Ignacio Lema Piñeiro, director da Axencia Galega da Industria Forestal.

– Como vogal suplente: Pablo Leis Mol, xerente da Axencia Galega da Industria Forestal.

Segundo. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria