Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2020 Páx. 655

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións ao abeiro da Resolución do 9 de agosto de 2019, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, para o ano 2019 (código de procedemento SI452A).

Mediante a Resolución do 9 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2019 as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Segundo o artigo 16.1 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas que se indican no anexo I, pola contía resultante, logo da aplicación do establecido nos artigos 5.3 e 13.4 das bases reguladoras, para os tipos de programas establecidos no artigo 5.1, e por un importe total de 507.320,44 euros, logo da ampliación de crédito realizada ao abeiro da Resolución do 12 de decembro, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a continuación:

Aplicación

Código de proxecto

Importe 2019

05.11.313B.481.2

2018 00004

507.320,44

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases reguladoras, ou por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 17 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días (10) a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Cuarto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que outorgue a Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos.

Non obstante, estas axudas son incompatibles para o mesmo programa, actuación ou actividade coas subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade convocadas anualmente pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Quinto. De conformidade co artigo 22 das bases reguladoras, o pagamento realizarase dunha soa vez por anticipado e farase efectivo unha vez notificada a resolución de concesión e, en todo caso, na anualidade 2019.

Sexto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 23 das bases reguladoras, é o 15 de febreiro de 2021.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través de conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto ou a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, e coa documentación xustificativa prevista nas bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 23.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o ano 2020.

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou a adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.

i) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados, conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

j) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

k) Calquera outra obriga imposta ás entidades beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta resolución.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Número do expediente

Entidade

NIF

Total puntos

Denominación do programa

Importe solicitado

Importe concedido

SI452A-2019-00000030-00

Cruz Vermella Española

Q2866001G

89,5

Acollida, atención e asesoramento a mulleres en situación de precariedade

85.000,00

39.053,58

SI452A-2019-00000022-00

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

89

Portas abertas para as mulleres xordas do rural galego

37.377,16

17.077,14

SI452A-2019-00000023-00

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

85

Programa de educación para a saúde-Avelaíña

85.000,00

37.089,99

SI452A-2019-00000038-00

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

G32115941

83,5

Activa-das. Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade

70.792,45

30.345,36

SI452A-2019-00000025-00

Cáritas Diocesana de Lugo

R2701016D

80,5

Programa dirixido a promover a saúde integral das mulleres

125.000,00

39.053,58

SI452A-2019-00000011-00

ACCEM

G79963237

77

Atención integral a mulleres vítimas de trata sexual e/ou persoas prostituidas

84.214,61

33.288,71

SI452A-2019-00000003-00

Fundación Ronsel

G15752660

75

Xerentas

60.558,85

23.316,20

SI452A-2019-00000045-00

Médicos do Mundo

G79408852

73,5

Achegamento ás mulleres en situación de prostitución vítimas e potenciais vítimas de violencia de xénero

28.502,65

10.754,53

SI452A-2019-00000009-00

Asociación Española Contra el Cáncer

G28197564

72,5

Atención integral á muller con cancro

125.000,00

39.053,58

SI452A-2019-00000057-00

Fundación Mujeres

G80974702

71

Ace (actívate creando empresas)

62.368,22

22.732,16

SI452A-2019-00000033-00

Radio ECCA Fundación Canaria

G35103431

70,5

Muller avanza

75.250,26

27.234,28

SI452A-2019-00000008-00

Red española de entidades por el empleo, Red Araña

G58579806

70

Mujer Tic

41.086,50

14.764,41

SI452A-2019-00000004-00

Agrupación de Entidades Rurais Terra e Xente

G32122376

69

Elas-eles promoción da igualdade no rural

82.256,22

29.136,45

SI452A-2019-00000034-00

ONGD Ecos do Sur

G15354483

69

Programa Olimpia

71.563,78

25.349,03

SI452A-2019-00000019-00

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

68,5

Velando pola miña saúde integral

20.000,00

7.032,98

SI452A-2019-00000010-00

Asociación mujeres en igualdad de Burela (Bumei)

G27441153

66

Enténdote, colle a miña man

53.499,17

18.126,33

SI452A-2019-00000035-00

Fundación Acción contra el Hambre

G81164105

64

Vives emplea: competencias para o emprego para mulleres en risco de exclusión

48.053,33

15.787,83

SI452A-2019-00000001-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

63,5

A voz da igualdade

21.500,40

7.008,73

SI452A-2019-00000015-00

Fundación Amigó

G81454969

63,5

Prevención e atención da violencia contra a muller no ámbito familiar-Proxecto Conviviendo

50.000,00

16.299,06

SI452A-2019-00000006-00

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur-Galicia

G70101647

63

Insirea rural

51.265,00

16.579,84

SI452A-2019-00000021-00

Fundación Érguete-Integración

G36861078

62

Proxecto Dana

16.085,75

5.119,79

SI452A-2019-00000041-00

Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down

G36697324

62

Formación preuniversitaria e universitaria para mulleres coa SD e diversidade intelectual

40.000,00

12.731,24

SI452A-2019-00000007-00

Instituto Galego de Xestión para o 3 sector-IGAXES3

G15784978

60,5

Educación afectivo sexual na era da nova pornografía

49.525,32

15.381,60

SI452A-2019-00000024-00

ONG Mestura

G15940414

60,5

Programa Saimi (saúde integral a mulleres inmigrantes)

16.111,94

5.004,05

ANEXO II

Solicitudes denegadas e desistidas

Nº expediente

Entidade solicitante

NIF

Causas denegación

SI452A-2019-00000002-00

Alar Galicia

G15775901

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000005-00

Confederación de Federaciones de Viudas Hispania (CONFAV)

G28729283

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

SI452A-2019-00000012-00

Asociación Viguesa de Alcohología ASVIDAL

G36627453

Non responde ao requirimento

SI452A-2019-00000013-00

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000014-00

Asociación Mirabal

G70312954

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000016-00

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000017-00

Médicos do Mundo

G79408852

Renuncia

SI452A-2019-00000018-00

Fundación ANAR

G80453731

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

SI452A-2019-00000020-00

Xeracción S. Coop. Galega

F32479040

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000026-00

Asociación para el Crecimiento en Familia (Acrofam)

G94095098

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000027-00

Viraventos

G70136429

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000028-00

Fundación Juan Soñador

G24452435

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000029-00

Down Pontevedra «Xuntos», Asoc. Síndrome de Down

G36164887

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000031-00

Unión de Asociaciones de Trabajadoras Autónomas y Emprendedoras UATAE Mujer

G86223153

Non responde ao requirimento

SI452A-2019-00000032-00

Alume saúde mental

G27198977

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000036-00

Fillas do Divino Celo-Rogacionistas

R0800037D

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000037-00

ValoresC innovation

G70377585

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000039-00

Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo

G36928646

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000040-00

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000042-00

Asociación Érguete

G36642726

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000043-00

Asociación de Mulleres «Pedra da Vella»

G36837433

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000044-00

Fundación Matrix, investigación y desarrollo sostenible

G36984367

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000046-00

Aliad Ultreia

G27021120

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000047-00

Asociación Amicos

G15747678

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000048-00

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

Non responde ao requirimento

SI452A-2019-00000049-00

Asociación Síndrome de Down de Lugo (Down Lugo)

G27202043

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000050-00

Fundación Filia

G86243417

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

SI452A-2019-00000051-00

Asociación de Personas con Discapacidad de Ourense (ADO)

G32410797

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

SI452A-2019-00000052-00

Centro sociocultural artístico e recreativo de Valladares

G36617082

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000053-00

Asociación Xarela Formación-Animación

G32261307

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000054-00

Fundación de solidaridad Amaranta

G84913946

Non responde ao requirimento

SI452A-2019-00000055-00

Asociación Antonio Noche

G15210388

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

SI452A-2019-00000056-00

Ayuda y atención al preso

G15414667

Non responde ao requirimento