Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2020 Páx. 1542

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (606/2016).

Neste órgano xudicial tramítase Fam. gard, cust ali. fillo menor non matrim. NO C 606/2016, seguido por instancia de Estefanía Martínez-Falero Peral contra Ginés Esteban Ortega, e ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

Vilagarcía de Arousa, 27 de novembro de 2017.

Vistos por Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade, os autos de garda, custodia, réxime de visitas e alimentos tramitados neste xulgado con número 606/2016, por instancia de Estefanía Martínez-Falero Peral, representada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, e asistida polo letrado Sr. Patiño Ríos, contra Ginés Esteban Ortega, declarado en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo:

Que admitindo a demanda formulada pola procuradora Sra. Pereira Rodríguez, en nome e representación de Estefanía Martínez-Falero Peral, contra Ginés Esteban Ortega, establezo, con carácter definitivo, as seguintes medidas:

I. Atribúese á nai a garda e custodia do menor, Alejandro Esteban Martínez-Falero, con exercicio compartido da patria potestade por ambos os dous proxenitores.

II. Establécese o seguinte réxime de visitas a favor do pai, na falta do que libremente puideran convir os proxenitores:

O pai poderá ter o menor na súa compañía o último fin de semana de cada mes, desde as 12.00 horas do sábado ata as 20.00 horas do domingo. Deberá recoller o menor e reintegralo no domicilio materno.

As vacacións de Nadal dividiranse en dous períodos. O primeiro comprenderá desde as 12.00 horas do primeiro día non lectivo ata as 20.00 horas do día 30. O segundo, desde as 20.00 horas do día 30 ata as 20.00 horas do último día de vacacións. Corresponderá ao pai o primeiro destes períodos os anos pares, e o segundo os impares. Para a nai, será á inversa.

Nas vacacións de verán terá o pai o menor na súa compañía durante o mes de agosto, desde as 12.00 horas do día 1 ata as 20.00 horas do día 31, e durante as vacacións de Semana Santa, desde as 12.00 horas do primeiro día de vacacións escolares ata as 20.00 horas do último día.

III. Establécese unha pensión de alimentos, a favor do fillo, a cargo do pai, de 250 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a nai, e será actualizada anualmente de acordo coa variación do IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa.

IV. Os gastos extraordinarios serán aboados por metade por ambos os dous proxenitores. O pai deberá pagar a parte que lle corresponde á presentación da correspondente factura ou, en caso de gastos de importancia, do orzamento. Terán tal consideración os gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, ademais dos de óptica.

V. Non procede pronunciamento sobre as cantidades debidas á gardaría.

Non se fai condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal e fágaselles saber que non é firme, e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado, nun prazo de vinte días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta da LOPX, que será requisito para a súa admisión.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza deste xulgado e do seu partido xudicial.

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito. Estendese este edicto en Vilagarcía de Arousa o vinte e nove de novembro de dous mil dezasete.

O/A letrado/a da Administración de xustiza».

Vilagarcía de Arousa, 16 de decembro de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza