Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3042

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519D).

BDNS (Identif.): 492136.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN519D).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Anualidade 2020: 1.400.000,00 €.

Anualidade 2021: 3.000.000,00 €.

Importe total da convocatoria: 4.400.000,00 €.

Intensidade das axudas: 80 % do importe total considerado como subvencionable, cun máximo de 1.000.000,00 € por solicitude.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 26 de decembro de 2019 no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Poderase anticipar ata o 50 % do importe da subvención concedida.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria