Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3723

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á delegación de competencias e encomenda de xestión do Concello de Vilaboa para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de novembro de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 11 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, a delegación e a encomenda de xestión que solicitou o Concello de Vilaboa, a través de escrito que tivo entrada no Rexistro da Deputación o día 4 de novembro de 2019 (número de rexistro 2019051474), para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público, a recadación das multas de tráfico, a encomenda da xestión na colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, así como a delegación da fase instrutora do procedemento sancionador nas multas de tráfico.

A citada delegación e encomenda de xestión serán realizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 29 de novembro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía, Facenda e Réximen Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra