Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2020 Páx. 9899

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR462B).

O 24 de xaneiro de 2018 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Estas axudas tiñan como finalidade aplicar actuacións vencelladas ás medidas 8.31 (prevención dos danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes), 8.5 (investimentos para aumentar a resiliencia e o valor ambiental dos ecosistemas forestais) e 8.6 (investimentos en tecnoloxías forestais), que figuran no PDR de Galicia 2014-2020.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión (http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

No PDR de Galicia 2014-2020, en concreto na medida 8.31 (prevención dos danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes), recóllese a concesión de axudas mediante subvención aos investimentos realizados para a redacción e implementación de instrumentos de ordenación ou xestión forestal en que se explicitarán as medidas para a prevención dos incendios forestais, prevención e loita contra pragas e enfermidades, con especial atención aos riscos das pragas emerxentes, así como de prevención fronte a outros riscos naturais.

A experiencia na xestión desas axudas no ano 2018 supón modificar procedementos e condicións na súa tramitación que xustifican a elaboración dunhas novas bases reguladoras.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestal, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR462B), e se convocan para o ano 2020 (medida Feader 8.3).

2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1 e 22 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1698/2005 do Consello (DOUE do 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015 e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, pola Decisión de execución da Comisión C (2018) 5236 final, do 30 de xullo de 2018, e pola Decisión de execución da Comisión, C (2019) 1707 final, do 26 de febreiro de 2019.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central, autonómica ou local.

b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

f) Os montes consorciados coa Administración que non teñan solicitado o cambio de consorcio a convenio na data que remate o prazo de solicitude da axuda.

2. No caso de montes propiedade do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia, ou das entidades locais, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado.

3. Tamén serán elixibles as actuacións en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia ou en montes que teñan solicitado o cambio de consorcio a convenio.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores e non se admitirá a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

5. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

8. Non poderán ser beneficiarias as entidades locais.

Artigo 4. Intensidade da axuda

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado na correspondente memoria e tendo en conta o anexo II en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de instrumento de ordenación e xestión forestal (IOXF, en diante).

Artigo 5. Actuacións obxecto de axuda

1. Poderán ser obxecto de axuda algún dos IOXF elaborados para os montes ou terreos forestais que, conforme o artigo 8.18 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, se correspondan con algunha das seguintes categorías:

a) Como instrumento de ordenación forestal: o proxecto de ordenación (PO).

b) Como instrumentos de xestión forestal:

i) Documento simple de xestión (DSX).

ii) Documento compartido de xestión (DCX).

iii) Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (MS). Só serán obxecto de axuda nos casos de superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.

2. Neste senso poden ser obxecto de axuda para IOXF, os montes que o teñan en vigor e que se atope o plan especial no ano 2019, 2020 ou 2021 no seu último ano de vixencia e sempre e cando se executasen as actuacións do plan especial, especialmente aquelas referidas aos aproveitamentos finais e posterior accións de rexeneración, por ser estas as que transforman o monte ata un estado ordenado. De xeito excepcional, determinadas actuacións planificadas no dito plan especial puideron non ser obxecto de execución, debendo, en calquera caso, xustificalo de forma motivada por técnico competente na materia.

3. Igualmente poderán ser obxecto de axuda para IOXF, os montes que viñan de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do IOXF) incendios, desastres naturais ou catástrofes que causasen a destrución de, cando menos, o 25 % da superficie arborada obxecto de ordenación ou xestión.

4. O IVE non é subvencionable.

Artigo 6. Condicións técnicas

1. Os IOXF serán redactados por persoal técnico competente en materia forestal, entendendo por tal persoal o que se define no artigo 8.24 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. A Administración poderá solicitar que acredite documentalmente a súa titulación.

2. No caso de que as persoas interesadas opten pola comunicación do documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, non será precisa a intervención do persoal técnico competente en materia forestal.

Artigo 7. Condicións de elixibilidade

1. No caso de acreditación da existencia dun IOXF en vigor, e que se atope o plan especial no ano 2019, 2020 ou 2021 no seu último ano de vixencia, será necesario informe técnico asinado por persoal técnico competente en materia forestal, xunto coa solicitude de axuda, onde se acrediten que as actuacións planificadas (plan especial) foron executadas ou alternativamente xustificadas as razóns, exclusivamente técnicas, que aconsellaron a súa non execución.

Nos montes que veñan de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do IOXF) incendios, desastres naturais ou catástrofes que causasen a destrución de, cando menos, o 25 % da superficie arborada obxecto de ordenación ou xestión, deberase cuantificar a superficie afectada polos danos, con referenza ao período en que aconteceu o dito dano, mediante informe técnico asinado por persoal técnico competente en materia forestal, xunto coa solicitude de axuda.

2. Por outra banda e por entender que non é necesario o investimento público sobre actividades rendibles, non serán elixibles os proxectos de ordenación, e documentos simples ou compartidos de xestión cuxo plan xeral estableza unha superficie superior ao 15 % da superficie total ordenada, onde a especie principal ou secundaria sexa do xénero Eucalyptus. Aplicarase mesmo criterio para os documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos cuxa superficie total teñan vinculados en máis dun 15 % da súa cabida modelos silvícolas do xénero Eucalyptus.

3. Os IOXF aplicaranse sobre a totalidade do monte. Non se admitirán aquelas solicitudes que exclúan unha parte do monte; en particular, as CMVMC ordenarán toda a superficie que estea clasificada ao seu nome, excepción feita dos actos de disposición distintos da servidume para xestión diferenciada que poden ser ordenados de forma separada. Todo iso, respectando o precepto legal, polo cal as partes do monte respecto das cales exista conflito ou litixio, en canto non se resolva o litixio ou non se adopte unha decisión xudicial ou administrativa ao respecto, non se incluirán na superficie obxecto de ordenación ou xestión polos IOXF.

4. Non se admitirán solicitudes que ordenen ou xestionen superficies que se beneficiasen dunha subvención anterior dirixida á elaboración ou comunicación dun IOXF, cofinanciada co Feader dentro do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 8. Compromisos

1. Os beneficiarios comprométense, nos cinco anos contados desde a data da solicitude do pagamento final da axuda, a manter as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes. Excepto as que deriven da execución do plan especial aprobado (variacións de superficie arborada e/ou de inventario), ou ben as debidas a causas excepcionais ou de forza maior indicadas no artigo 19 punto 1.d) da presente orde.

No caso de agrupacións de propietarios, a responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario membro da agrupación segundo a lexislación aplicable en cada caso. Ademais os integrantes da agrupación comprométense a levar unha xestión conxunta da masa durante dez anos, contados a partir da data de pagamento da axuda.

2. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da aprobación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberá comunicalo inmediatamente, por escrito, ao servizo provincial responsable dos recursos forestais, co obxecto de adecuar a memoria á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

3. No caso de abandono ou destrución da masa por calquera causa, agás forza maior allea ao beneficiario, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da masa.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas nesta orde.

5. Os beneficiarios para a redacción dos PO, DCX e DSX deberán establecer unha duración do plan especial de 10 anos.

6. Nos montes conveniados que formen parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

7. Para os PO, DCX e DSX, na presentación de solicitude de pagamento e xustificación, os beneficiarios deberán presentar a solicitude administrativa cursada para a súa aprobación polo órgano forestal. No caso dos MS, na presentación da solicitude de pagamento e xustificación, os beneficiarios deberán xuntar o xustificante da presentación de comunicación prevista no procedemento MR627D da sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. Para os PO, DCX e DSX, obxecto de axuda ao abeiro desta orde, deberán solicitar a súa aprobación de acordo co establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e realizar todas as xestións necesarias ata lograr a súa aprobación. De ser necesario, someterase o instrumento ao procedemento de avaliación de impacto ambiental.

9. Todos os IOXF obxecto de axuda ao abeiro desta orde deberán dispor no prazo dun ano, ou de dous anos no caso de ser necesaria a avaliación de impacto ambiental, contado desde o seguinte día ao da solicitude de pagamento e xustificación presentada, a certificación forestal mediante, cando menos, un sistema internacionalmente recoñecido. Este aspecto verificarase coa axuda das organizacións responsables dos ditos sistemas e o seu incumprimento dará lugar á revogación da axuda concedida tras a resolución do correspondente acordo de inicio de reintegro.

10. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario e comprométese a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

Artigo 9. Prioridades

1. Decláranse os seguintes grupos de beneficiarios:

a) Grupo a.1. Propietarios particulares de xeito individual.

b) Grupo a.2. Asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, comunidades de bens, Sofor e outras persoas xurídicas.

c) Grupo a.3. CMVMC e montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo.

2. Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación tendo en conta que a data de referencia á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes. As solicitudes presentadas ordenaranse, segundo a liña de axuda, de acordo cos criterios de prioridade indicados na seguinte epígrafe, e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible:

A) En función do tipo de monte (puntuarase empregando só o maior dos valores):

a) Os montes protectores, 10 puntos.

b) Os montes veciñais en man común, 20 puntos.

c) Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, 20 puntos.

d) Calquera outra forma de agrupación da propiedade ou da xestión forestal recoñecida pola Administración forestal, 50 puntos.

B) En función das características do monte:

a) Os montes que dispoñan dun proxecto de ordenación ou instrumento de xestión forestal aprobado pola Administración forestal e cursen a solicitude durante o seu último ano de vixencia logo do cumprimento do plan especial en vigor, 10 puntos.

b) Os montes que dispoñan dun proxecto de ordenación ou instrumento de xestión forestal aprobado pola Administración forestal e cursen a solicitude antes do seu último ano de vixencia, en caso de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do instrumento) incendios, desastres naturais e catástrofes que causasen a destrución de, cando menos, o 25 % da superficie arborada obxecto de ordenación ou xestión, 20 puntos.

c) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos.

d) Montes que solicitasen nos últimos tres anos a rescisión do convenio ou consorcio: 30 puntos.

e) Actuacións en zonas de montaña ou con limitacións naturais significativas ou con limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR de Galicia 2014-2020: 10 puntos.

f) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

g) Con superficie en Rede Natura 2000: 20 puntos.

h) 40 puntos se as actuacións se atopan nas seguintes superficies incluídas en:

– A área demarcada establecida polo artigo 2 do Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación (DOG núm. 24, do 4 de febreiro).

– O anexo IV da Resolución do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza de cinco novos positivos do organismo de  corentena Bursaphelenchus xylophilus e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación (DOG núm. 8, do 11 de xaneiro de 2019).

– Os puntos 1.a) e b) da Resolución do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ao inicio da execución de medidas fitosanitarias para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus na zona demarcada das Neves e na franxa tampón de 20 quilómetros coa fronteira con Portugal (DOG núm. 76, do 20 de abril).

C) En función dos grupos de beneficiarios:

Beneficiarios dos grupos a.1 e a.2:

a) Para os montes menores de 15 hectáreas, que se adhiran de xeito expreso a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, 10 puntos.

b) Para os montes de 15-25 hectáreas, que redacten un documento simple de xestión, 15 puntos.

c) Para os montes de 25-100 hectáreas, sumarán unha puntuación que sairá de aplicar a seguinte fórmula: 30-20*(superficie do monte-15)/85).

d) Para os montes de máis de 100 hectáreas, 10 puntos.

e) Para os grupos de parcelas ou montes que se agrupen nun documento compartido de xestión, 30 puntos.

D) Beneficiarios do grupo a.3:

a) Superficie arborada maior do 75 % da superficie ordenada, 25 puntos.

b) Superficie arborada entre 75 % e o 50 % da superficie ordenada, 20 puntos.

c) Superficie arborada entre 49,99 % e o 25 % da superficie ordenada, 15 puntos.

d) Superficie arborada entre 24,99 % e o 10 % da superficie ordenada, 10 puntos.

e) Superficie arborada menor do 10 % da superficie ordenada, 5 puntos.

3. A puntuación máxima será de 65 puntos, mentres que a mínima será de 20 puntos. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios, segundo sexa o tipo de beneficiario, e na orde que se establece:

a) Situación da actuación para apoiar medidas de erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus.

b) Montes que solicitasen nos últimos tres anos a rescisión do convenio ou consorcio.

c) Os montes situados, total ou parcialmente, en zonas de alto risco de incendio forestal.

d) A continuación, de maior a menor superficie arborada.

e) A continuación, de maior a menor superficie de ordenación ou xestión.

Artigo 10. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo IV, xunto co resto de anexos se fose necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude ou á súa revogación, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:

a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

c) Datos do tipo de solicitante.

d) Tres ofertas de diferentes provedores.

3. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. En caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos, excepto no caso de montes pertencentes ao mesmo solicitante, situados en dous concellos limítrofes, en que se realizará unha solicitude no concello en que se atope o monte de maior superficie.

4. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/.

5. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 11. Prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 16 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

3. Aqueles IOXF cuxa solicitude de aprobación fose presentada antes da entrada en vigor da presente orde de axudas non serán válidos para a xustificación do pagamento.

Artigo 12. Documentación necesaria para a tramitación do procedemento

1. Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude (anexo IV):

a) Documentación xeral:

a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:

A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:

1. Poder notarial.

2. Representación legal, debendo presentar a autorización asinada e a copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.

B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):

Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.

a.2) Acreditación da propiedade:

No caso das CMVMC, de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, e das Sofor, deberán presentar declaración responsable para acreditar a propiedade de acordo cos datos que figuren no seu correspondente rexistro.

No caso de propietarios particulares de xeito individual mediante algún dos seguintes documentos: escritura pública ou privada (en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido), contrato de xestión, inscrición rexistral dos predios, ou xustificante do pagamento do IBI.

Ademais, a propiedade tamén se poderá acreditar se as parcelas en que se solicitan as actuacións da subvención figuran na base de datos da Dirección Xeral de Catastro a nome da persoa que solicita a axuda, ou se a persoa solicitante figura como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia así como os predios sobre os que se solicita a axuda. Nestes dous casos a comprobación de datos farase de acordo co establecido no artigo 13.

No caso de pro indivisos, asociacións e agrupación de propietarios legalmente constituída, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde).

No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas) mediante información do responsable do Rexistro de SATs e do responsable do Rexistro das Cooperativas de Galicia.

No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

a.3) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, sen que se admitan as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

a.4) As persoas solicitantes deberán presentar memoria en formato PDF ou similar, e sendo a dita memoria, para o caso de PO, DCX e DSX, asinada por persoal técnico competente en materia forestal. A memoria conterá como mínimo:

a.4.1) Tipo de instrumento para o que se solicita a subvención e acreditación da súa necesidade, de acordo co establecido no Decreto 52/2014. Coas superficies (en hectáreas) do monte ou parcela/s forestais. Para os MS, estas superficies deberán vir desagregadas polas referencias catastrais en formato Libre Office Calc (.ods), segundo o indicado no anexo III.

a.4.2) Para o caso de PO, DSX e DCX (e segundo as definicións dispostas no anexo I):

– Superficie inicial que se excluirá da ordenación ou xestión.

– Superficie proposta de ordenación ou xestión.

– Superficie forestal arborada, incluída na superficie proposta de ordenación ou xestión.

– Exclusivamente para PO, superficie obxecto de inventariación (ocupada polos estratos obxecto de aproveitamento final ao longo do plan especial), incluída na superficie forestal arborada.

a.5) Para o caso de PO, DSX e DCX, os solicitantes deberán presentar planimetría en formato shapefile, consonte o anexo III. Estes ficheiros deberán cargarse na aplicación de Xestión e Ordenación Forestal, Xorfor, na sede electrónica da Xunta de Galicia, e o código do instrumento que se lle asigne deberá indicalo no anexo IV da solicitude.

a.6) No caso de acreditación da existencia dun IOXF en vigor, e que se atope o plan especial no ano 2019, 2020 ou 2021 no seu último ano de vixencia, informe técnico asinado por persoal técnico competente en materia forestal, onde se acrediten que as actuacións planificadas (plan especial) foron executadas ou alternativamente xustificadas as razóns, exclusivamente técnicas, que aconsellaron a súa non execución.

a.7) Nos montes que veñan de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do IOXF) incendios, desastres naturais ou catástrofes que causasen a destrución de, cando menos, o 25 % da superficie arborada obxecto de ordenación ou xestión, deberase cuantificar a superficie de afectada polos danos, con referenza ao período en que aconteceu o dito dano, mediante informe técnico asinado por persoal técnico competente en materia forestal.

a.8) No caso de dispor, documentación xustificativa que acredite que a superficie obxecto de solicitude atópase baixo certificación forestal consonte algún dos sistemas recoñecidos internacionalmente (PEFC ou FSC).

b) Documentación específica:

b.1) Para asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo V ou acordo de cesión. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo da solicitude de axuda.

b.2) Para pro indiviso, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidade de bens, presentarán asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo VI «Acordo de compromisos e obrigas» e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

c) Documentación complementaria:

c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario co visto e prace do presidente, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á consellería competente no medio rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: certificado do secretario conforme o anexo X.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, etc.): certificado do secretario conforme o anexo X.

2. A documentación xeral, específica e complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación xeral, específica ou complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Malia o indicado nos parágrafos anteriores non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar no anexo IV en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

4. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstas nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

5. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

6. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se é o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se é o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se é o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se é o caso).

g) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se é o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoas solicitante e, se é o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda a persoa solicitante e, se é o caso, a persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesións de subvencións e axudas.

m) Consulta na Dirección Xeral de Catastro da titularidade das parcelas catastrais polas que se solicita a axuda (se é o caso).

n) Consulta da inscrición como titular dunha explotación agraria e das parcelas polas que solicita a axuda no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (se é o caso).

ñ) Consulta das parcelas polas que solicita a axuda no Rexistro das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) a nome da SAT solicitante (se é o caso).

o) Consulta das parcelas polas que solicita a axuda no Rexistro de Cooperativas de Galicia a nome da cooperativa solicitante (se é o caso).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo IV e anexo IX (no caso das persoas cesionarias), e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Tramitación

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a subdirección xeral responsable dos recursos forestais e os servizos provinciais responsables dos recursos forestais.

2. As solicitudes presentadas enviaranse, revisaranse e codificaranse nos servizos provinciais de Montes. As solicitudes en que non figuren os datos obrigatorios establecidos no artigo 10.2 desta orde non serán admitidas a trámite.

3. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais examinarán as solicitudes presentadas e requirirán os solicitantes que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste requirimento indicarase ademais que, se non se emenda, se terá por desistido da súa petición, nos termos previstos na citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais analizarán a documentación presentada coa solicitude. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

En caso de que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude, prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

5. Unha vez tramitadas as solicitudes, o xefe territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraa á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

6. Posteriormente, a subdirección xeral responsable dos recursos forestai emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

7. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma lei.

9. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

10. No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma lei. Contra esta desestimación poderá interpor:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro responsable do medio rural, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 15. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, agás as que se refiren no punto 6, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Malia o establecido nas anteriores epígrafes, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todos as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva.

7. Na notificación de concesión da axuda informarase os beneficiarios de que a operación se financia en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, así como da medida e da prioridade do PDR de que se trata.

Artigo 16. Inspeccións previas

Funcionarios da consellería competente no medio rural realizarán unha comprobación en gabinete para verificar as distintas superficies planimetradas e intersectadas que foron entregadas coa memoria, apoiándose para iso na cartografía e ortoimaxes do repositorio de datos territoriais do Instituto de Estudos do Territorio (IET). Este traballo de gabinete poderase ver complementado cunha inspección no campo co fin de comprobar a realidade xeométrica das superficies polas que se solicita axuda. Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 20 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación e as comprobacións que resulten na inspección previa implicará a denegación da solicitude de axuda, no caso de que, nas comprobacións que resulten na inspección previa, os datos sexan superiores aos achegados na solicitude/documentación non procederá a denegación. Só no caso de minoración ou denegación, será remitida copia da inspección aos solicitantes das axudas desde os servizos provinciais responsables dos recursos forestais.

Artigo 17. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 30 de abril de 2021, para propietarios particulares de xeito individual, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., ...) e o 30 de xuño de 2021 para CMVMC e montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo.

2. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

3. Os traballos subvencionados deberán ser realizados por persoas físicas ou xurídicas inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

4. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da consellería competente no medio rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección previa.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda.

A comprobación final basearase en verificar que os IOXF presentados cumpren coas exixencias legais dispostas na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e, en particular co Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia. Para estes efectos poderanse empregar para esta comprobación os mesmos informes de valoración administrativos que os actualmente empregados para a aprobación dos IOXF.

5. De acordo co artigo 63 do Regulamento de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos contemplados no artigo 48 dese regulamento e realizados por persoal da consellería competente no medio rural, que examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que deberá pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que deberá pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe fixado segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar a satisfacción da autoridade competente, que non é responsable da inclusión do importe non admisible, ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

6. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais proporán as ditas ampliacións á subdirección xeral responsable dos recursos forestais, quen elevará a proposta ao director xeral responsable da Planificación e Ordenación Forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas polo conselleiro responsable do medio rural para resolver.

7. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 18, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

8. Así mesmo, no caso de ter presentada a xustificación dos traballos subvencionados se a persoa beneficiaria for requirida para presentar documentación adicional, e non achega esa documentación no prazo establecido no requirimento perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 18. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 17.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data da inspección previa, a que se refire o artigo 16, e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da inspección previa e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo coa letra f) do punto 3 deste artigo.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos (solicitude de pagamento), achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i) Contía da subvención para a que solicita o cobramento (para o cálculo desta terase en conta a superficie de inventario e superficie arborada segundo se indica no anexo III Estrutura das táboas de atributos en formato shapefile).

ii) Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos). E no caso de non telos, declaración expresa do beneficiario a este respecto.

b) Para os PO, DCX e DSX, os beneficiarios deberán cargar o instrumento na aplicación Xorfor e presentar a solicitude administrativa cursada para a súa aprobación polo órgano forestal (procedementos MR627A, MR627B e MR627C). Non serán válidos aqueles que se atopen en estado «Borrador» en Xorfor na data de presentación da solicitude de cobramento, deberán figurar como «Pendente de presentar». No caso das AMS, os beneficiarios deberán facer a adhesión a través do procedemento MR627D.

c) Declaración responsable asinada, en que os beneficiarios se comprometen a dispor no prazo dun ano, ou dous anos no caso de avaliación de impacto ambiental, contado desde o seguinte día a esta notificación de remate dos traballos (solicitude de pagamento), a certificación forestal mediante, cando menos, un sistema internacionalmente recoñecido.

d) As instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento indícanse no anexo VIII.

f) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i) Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo IX desta orde. No caso de que o cesionario do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade pero deberá constar o certificado do secretario da comunidade en que indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente a que asine a dita cesión de cobramento.

ii) Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público; xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

iii) Copia do DNI/NIE da persoa cesionaria (se é o caso).

iiii) Copia do NIF da entidade cesionaria (se é o caso).

iv) Copia do DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se é o caso).

Artigo 19. Revogacións e reintegros

1. A axuda reintegrarase, se fose o caso, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Se se dá algunha das causas de reintegro sinaladas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

d) Execución de menos do 80 % do importe aprobado, unha vez realizada a certificación final, sen autorización ou causa xustificada excepcional ou de forza maior. Para estes efectos, considéranse causas excepcionais ou de forza maior o falecemento da persoa beneficiaria, a incapacidade laboral de longa duración da persoa beneficiaria, unha catástrofe grave que afectase gravemente a explotación forestal, unha enfermidade vexetal que afectase unha parte ou a totalidade da masa arbórea da persoa beneficiaria, ou a expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación forestal, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude.

e) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

f) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

g) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que implique obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería competente no medio rural reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recupéranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente.

Os beneficiarios desta convocatoria de axudas que non executen as accións previstas, salvo renuncia do beneficiario por forza maior, quedaran excluídos das próximas dúas convocatorias de axuda.

h) Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, controis sobre o terreo e a posteriori nos cinco anos posteriores ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito ou ao reintegro da axuda.

2. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

3. No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, se é o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 20. Controis

1. A consellería competente no medio rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se fose o caso, comprométense a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a consellería competente no medio rural, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) núm. 808/2014 e núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, e núm. 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo, que modifica o Regulamento de execución (UE) núm. 809/2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas nos regulamentos de execución (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, e núm. 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo.

4. A consellería competente no medio rural, ao abeiro do establecido nos anteriores regulamentos e demais normativa, realizará controis administrativos a todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude. Respecto dos controis sobre o terreo, realizaranse antes do pagamento final, e seleccionaranse sobre unha mostra que representará como mínimo o 5 % dos gastos, mencionados no artigo 46 do Regulamento de execución (UE) núm. 809/2014, cofinanciados polo Feader e que se reclaman ao organismo pagador cada ano natural. Ademais, tamén se realizarán, se for o caso, controis a posteriori, dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. Respecto das ofertas presentadas a que se fai referencia no artigo 13, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida, e sobre todo a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

Artigo 21. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2020 e 2021, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0.2016 00209 por un importe de 6.000.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 600.000 € ano 2020.

– 5.400.000 € ano 2021.

Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito consonte o disposto no artigo 22.

2. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. A consellería competente no medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Artigo 22. Distribución do crédito

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 21, segundo o tipo de beneficiario:

a) Grupo a.1 Propietarios particulares de xeito individual: 20 %.

b) Grupo a.2 Asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, comunidades de bens, Sofor e outras persoas xurídicas: 40 %.

c) Grupo a.3 CMVMC e montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo: 40 %.

2. Dentro de cada tipo de beneficiario segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

a) Beneficiarios dos grupos a.1 e a.2:

i) Superficie de ordenación ou xestión <25 hectáreas: 25 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

ii) Superficie de ordenación ou xestión entre 25 e 100 hectáreas: 50 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

iii) Superficie de ordenación ou xestión máis de 100 hectáreas: 25 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

b) Beneficiarios do grupo a.3:

i) Superficie de ordenación ou xestión <100 hectáreas: 10 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

ii) Superficie de ordenación ou xestión entre 100 e 249,99 hectáreas: 35 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

iii) Superficie de ordenación ou xestión entre 250 e 499,99 hectáreas: 30 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

iv) Superficie de ordenación ou xestión entre 500 e 999,99 hectáreas: 20 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

v) Superficie de ordenación ou xestión máis de 1.000 hectáreas: 5 % da dispoñibilidade asignada ao grupo.

2. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de beneficiario e tipo de traballo na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 23. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) núm. 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo, polo que se completa o Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, no Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e no Regulamento de execución (UE) núm. 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) núm. 809/2014.

Artigo 24. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 25. Obrigas

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da consellería competente no medio rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do PDR para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

Artigo 26. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a consellería competente no medio rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

2. Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) núm. 669/2016 da Comisión, do 28 de abril, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento.

Así en todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web, e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

b) No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, colocando polo menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo VII, nun lugar ben visible para o público, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión así como a bandeira europea e o lema Feader: Europa inviste no rural.

Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán como mínimo o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional primeira

A concesión e pagamento destas axudas está condicionada á aprobación polos servizos da Comisión Europea da modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período 2014-2020 pendente no día de publicación desta orde, e ás posibles observacións e modificacións derivadas diso.

Disposición adicional segunda

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outra para a mesma finalidade.

Disposición adicional terceira

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) núm. 1305/2013, no Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014, no Regulamento de execución (UE) núm. 809/20014, no Regulamento de execución (UE) núm. 1242/20017, no Regulamento delegado (UE) núm. 640/2014, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 18/2019, relativas ao Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control (https://www.fega.es/sites/default/files/CIRCULAR_18-2019_PLAN_NACIONAL_CONTROLES_NO_SIGC.pdf?token=2L3qIyG7 ), e 32/2017, que establece os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control do período 2014-2020 (https://www.fega.es/sites/default/files/CIRCULAR_32-2017_CRITERIOS_APLICACION_PENALIZACIONES_NO_SIG.pdf).

Disposición adicional cuarta. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o director xeral responsable da Planificación e Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Definicións

Para os efectos desta orde, utilizaranse os seguintes termos:

– Por desastre natural enténdese os danos económicos sufridos na cuberta vexetal dun monte como consecuencia de pragas, enfermidades e fenómenos climáticos extremos ou outros debidamente xustificados, sexa de forma individual ou combinada, durante os 5 anos anteriores á convocatoria.

– Considéranse asociacións de persoas propietarias forestais aquelas entidades xurídicas con ou sen ánimo de lucro formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia que teñan entre os seus fins sociais lograr unha xestión forestal sustentable para os terreos que pertenzan aos seus socios/as.

– Defínense agrupacións forestais as entidades xurídicas de dereito privado legalmente constituídas que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestión e comercialización en común dos froitos das súas propiedades e que non teñan a condición de sociedades de fomento forestal (Sofor).

– A «superficie do monte» é a superficie total da propiedade que ten a consideración de monte ou terreo forestal. 1. Enténdese por monte ou terreo forestal toda superficie que se axuste ao concepto establecido no artigo 2 da Lei 7/2012.

– A «superficie inicial para excluír da ordenación ou xestión» consonte a aplicación da Xunta de Galicia de Xestión e Ordenación forestal a superficie excluída son as definidas como: [SLitix], [SEncra], [SArrenda], [SCesión], [SDerSup], [SOcupa], [SOutros], [SnonFor].

– A «superficie de ordenación ou xestión» é, para o instrumento que se pretende redactar, a superficie do monte, excluída a superficie onde exista conflito, dúbida ou litixio, encravados, superficies non forestais definidas no artigo 2.2 da Lei 7/2012, arrendamentos, cesións, dereitos de superficie, ocupacións e outros actos de disposición polos cales non se dispoña do terreo.

– A «superficie arborada» dentro da superficie de ordenación ou xestión é o terreo poboado con especies forestais arbóreas con manifestación forestal dominante con fracción de cabida cuberta maior ou igual ao 10 %. Na aplicación da Xunta de Galicia de Xestión e Ordenación forestal será o sumatorio no plano D1.TaboaEstratosInv no campo [TipoEst]=’111’→Monte arborizado Bosque ata [TipoEst]=’127’→Monte arborizado ralo. Alineacións estreitas.

– A «superficie inventariable» é a parte da superficie arborada ocupada por estratos de inventario que previsiblemente vaian ser obxecto de aproveitamento final, na súa totalidade ou parcialmente, durante o plan especial, quedando excluídas as claras. Na aplicación da Xunta de Galicia de Xestión e Ordenación forestal serán os estratos cuxos valores dasométricos teñan o valor «SI» no campo [CortaFinal].

ANEXO II

Cadro de importes máximos subvencionables

Sord= superficie de ordenación ou xestión (hectárea).

Sarb= superficie arborada (hectárea).

Sinv= superficie inventariable (hectárea).

Id

Descrición IOXF

Importe máximo (€)

PO

Proxectos de ordenación

Establécese un importe máximo subvencionable consonte a seguinte fórmula:

(9,1 x Sarb)+ (84,4 x Sinv)+ 3.252,6

DCX

Documentos compartidos de xestión

Establécese un importe máximo subvencionable consonte a seguinte fórmula:

(9,1 x Sarb)+ 3.252,6

DSX

Documentos simples de xestión

Establécese un importe máximo subvencionable consonte a seguinte fórmula:

(9,1 x Sarb)+ 3.252,6)*0,75

MS

Comunicación de documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Establécese un importe máximo subvencionable de 30,00 € por cada referencia catastral que se adhira.

ANEXO III

Estrutura das táboas de atributos en formato shapefile

Na memoria técnica que se ten que presentar incluiranse tres capas en formato SHAPE que deben conter 4 arquivos (.shp, .shx, .dbf e .prj) que se presentarán comprimidos en formato.ZIP e deberán estar no sistema de coordenadas ETRS 1989 UTM ZONA 29 N (cod. EPSG:25829), como obriga a disposición transitoria segunda do Real decreto 1071/2007:

a) Capa A2.PlanoParcCatastrais no caso de PO e DSDC1.PlanoParcCatastrais no caso de DSX ou DCX.

b) Capa D.PlanoArbInv.

A información xeográfica descrita no anexo presentarase mediante capas en formato shape cuxas táboas de atributos descríbense neste anexo. Todas as capas son de tipo poligonal.

– Proxectos de ordenación-(PO).

A. Táboa de atributos da capa de parcelas catastrais. Shape diferenciando as superficies ordenadas das excluídas por referencia catastral.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDXF

Texto

11

0

Código que asigna a propia aplicación Xorfor de forma automática.

IDMONTE

Numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores, xestión pública ou MVMC. Obtense da táboa de Rexistro de Montes.

IDPREDIO

Numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3,..., 99).

REFCAT

Texto

14

0

Código da referencia catastral obtida do visor de catastro.

SLitix

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) en conflito, dúbida ou litixio.

SEncra

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de encravados.

SArrenda

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de arrendamentos para excluír da ordenación.

SCesion

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de cesións para excluír da ordenación.

SDerSup

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de dereito de superficie para excluír da ordenación.

SOcupa

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de ocupacións para excluír da ordenación.

SServi

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de servidumes que se incluirán na ordenación.

SOutros

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) doutro tipo de actos de disposición para excluír da ordenación.

SNonFor

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) non forestal definidas no art. 2.2 da Lei de montes de Galicia.

SXPublica

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) cun convenio, consorcio ou outro tipo de contrato de xestión pública coa Administración.

SXPropia

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) que non é obxecto de contrato de xestión pública coa Administración, p.e. aproveitamentos silvopastorais que se consideren incluídos no instrumento de ordenación.

*Máximo 6 decimais e mínimo 4 decimais.

Asociada á táboa de atributos incluirase unha táboa cuxa estrutura se presenta a continuación. Ambas estarán vinculadas polo campo REFCAT.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDPREDIO

Numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3,..., 99).

REFCAT

Texto

14

0

Campo identificativo de cada unha das referencias catastrais.

NIF

Texto

9

0

NIF/CIF do titular.

CodTit

Texto

5

0

Código para o tipo de titularidade:

«PROPI», para persoas propietarias.

«TITUL», para persoas non propietarias.

«REPRE», representante (só no caso de MVMC)

Apelido1 Titular

Texto

255

0

Titular: primeiro apelido.

Apelido2 Titular

Texto

255

0

Titular: segundo apelido.

Nome Titular/Razón Social

Texto

255

0

Titular: nome ou razón social.

Porcentaxe

Numérico

5

2

Porcentaxe sobre a parcela catastral que corresponde ao titular.

B. Táboa de atributos da capa de superficie arborada e inventariable.

Shape coas superficies de superficie arborada e superficie inventariable, en hectáreas, dentro da superficie de ordenación e que serán de utilidade para o cálculo de importes máximos subvencionables.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IdXF_Sub*

Texto

11

0

Código que asigna a propia aplicación AXUFOR.

IDMONTE

Numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores ou MVMC. Obtense do Rexistro de Montes.

IDPREDIO

Numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3,..., 99).

SArb

Numérico

10

4/6*

Dentro da superficie ordenación ou xestión é o terreo poboado con especies forestais arbóreas con manifestación forestal dominante con FCC >= 10 %. Dato en hectáreas. En Xorfor correspóndese cos datos da táboa D1.TaboaEstratosInv no campo [TipoEst]=’111’→Monte arborizado. Bosque ata [TipoEst]=’127’→Monte arborizado ralo. Alineacións estreitas.

SInv

Numérico

1

0

Dentro da superficie arborada é a parte ocupada por estratos de inventario que previsiblemente vaian ser obxecto de aproveitamento final, na súa totalidade ou parcialmente (claras excluídas), durante o plan especial. En Xorfor serán os estratos cuxos valores dasométricos teña o valor «SI» no campo [CortaFinal]. [SInv]=’0’→[CortaFinal]=’NON’ e [SInv]=’1’→[CortaFinal]=’SI’

*Máximo 6 decimais e mínimo 4 decimais.

– Documento simple ou compartido de xestión-(DSX-DCX).

A. Táboa de atributos da capa de parcelas catastrais. Shape diferenciando as superficies ordenadas das excluídas por referencia catastral.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDXF

Texto

11

0

Código que asigna a propia aplicación Xorfor de forma automática.

IDMONTE

Numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores, xestión pública ou MVMC. Obtense da táboa de Rexistro de Montes.

REFCAT

Texto

14

0

Código da referencia catastral obtida do visor de catastro.

SLitix

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) en conflito ou litixio.

SEncra

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de encravados.

SArrenda

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de arrendamentos para excluír da ordenación.

SCesion

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de cesións para excluír da ordenación.

SDerSup

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de dereito de superficie para excluír da ordenación.

SOcupa

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de ocupacións para excluír da ordenación.

SServi

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de servidumes que se incluirán na ordenación.

SOutros

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) de outro tipo de actos de disposición para excluír da ordenación.

SNonFor

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) non forestal definidas no art. 2.2 da Lei de montes de Galicia.

SXPublica

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) cun convenio, consorcio ou outro tipo de contrato de xestión pública coa Administración.

SXPropia

Numérico

10

4/6*

Campo de obrigado cumprimento no caso de existir superficie (ha) que non é obxecto de contrato de xestión pública coa Administración, p.e. aproveitamentos silvopastorais que se consideren incluídos no instrumento de ordenación.

*Máximo 6 decimais e mínimo 4 decimais.

Asociada á táboa de atributos incluirase unha táboa cuxa estrutura se presenta a continuación. Ambas estarán vinculadas polo campo REFCAT.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDMONTE

Numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores, xestión pública ou MVMC. Obtense da táboa de Rexistro de Montes.

REFCAT

Texto

14

0

Campo identificativo de cada unha das referencias catastrais.

NIF

Texto

9

0

NIF/CIF do titular.

CodTit

Texto

5

0

Código para o tipo de titularidade:

«PROPI», para persoas propietarias.

«TITUL», para persoas non propietarias.

«REPRE», Representante (só no caso de MVMC)

Apelido1 Titular

Texto

255

0

Titular: primeiro apelido.

Apelido2 Titular

Texto

255

0

Titular: segundo apelido.

Nome Titular/Razón Social

Texto

255

0

Titular: nome ou razón social.

Porcentaxe

Numérico

5

2

Porcentaxe sobre a parcela catastral que corresponde ao titular.

B. Táboa de atributos da capa de superficie arborada.

Shape coa superficie arborada, en hectáreas, dentro da superficie de ordenación e que serán de utilidade para o cálculo de importes máximos subvencionables.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDXF

Texto

11

0

Código que asigna a propia aplicación AXUFOR.

IDMONTE

Numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores ou MVMC. Obtense do Rexistro de Montes.

REFCAT

Texto

14

0

Campo identificativo de cada unha das referencias catastrais.

SArb

Numérico

10

4/6*

Dentro da superficie ordenación ou xestión, é o terreo poboado con especies forestais arbóreas con manifestación forestal dominante con FCC >= 10 %. Dato en hectáreas. En Xorfor correspóndese cos datos da táboa D1.TaboaEstratosInv no campo [TipoEst]=’1’→Arborizado.

*Máximo 6 decimais e mínimo 4 decimais.

– Modelo folla de cálculo adhesión a modelos selvícolas.

A estrutura de campos para a presentación de modelos selvícolas (MS) en formato Libre Office Calc (.ods) é a seguinte:

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

RC

Texto

14

0

Código da referencia catastral obtida da Sede electrónica do catastro.

ESPECIE

Texto

50

0

Nome da especie arbórea existente

MODELO

Texto

6

0

Código do modelo selvícola orientativo segundo a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

SUPERFICIE (ha)

Numérico

10

4/6*

Superficie en hectáreas.

*Máximo 6 decimais e mínimo 4 decimais.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Carteis e placas

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar para cumprir coas obrigas recollidas no artigo 26 adaptaranse ao seguinte formato estándar en que o emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación deberán ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

Cores e tipo de letra.

Cor branco fondo

Branco

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Cian 100 %

Cor fondo 3

Negro

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Cor letra 1

Negro

Cor letra 2

Branco

Dimensións:

Axuda pública total

Cartel temporal

Placa permanente

>500.000 €

Dimensión mínima (A)

140 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

150 cm

-

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o cartel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

Axuda pública total

Cartel

Placa

>50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non sendo admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

ANEXO VIII

Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto
e de pagamento das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán en: facturas electrónicas ou copia das facturas orixinais en que se indicará se o importe se lle imputa total ou parcialmente á subvención. Neste último caso indicarase a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

a) As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

– No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

2. Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de copia dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentaranse o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser unha copia que estará selada pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio, etc.), achegarase a copia da factura xunto coa copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file