Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10702

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 31 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

Tradicionalmente, os diferentes plans galegos de investigación veñen recoñecendo que en Galicia existe unha serie de grupos de investigación, denominados grupos de referencia competitiva, caracterizados por bos índices de publicacións científicas, un nivel de captación de recursos elevado, aínda que variable segundo a área en que traballen; competitivos a nivel estatal e en moitos casos internacional, con capacidade para formar e atraer mozos e mozas investigadores/as e habituados á cooperación con outros grupos de investigación, con institucións ou con empresas. Doutra banda, están os grupos con potencial de crecemento que, sen alcanzaren os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatable con criterios estritos, e están na senda que os leve a ser grupos de referencia.

Estes grupos deben dispor dun financiamento estrutural e continuado, condicionado a criterios de calidade, que garanta un financiamento de base que lles permita desenvolver o seu labor de xeito estable e cunha liberdade de acción suficiente para reorientar o seu labor, de ser o caso. Este financiamento debe outorgarse sobre a base de mecanismos de avaliación rigorosos, tanto das propostas presentadas como dos resultados que cada grupo acade durante a vixencia e ao remate da axuda.

Cómpre considerar que as convocatorias de financiamento de grupos de investigación se veñen realizando de xeito ininterrompido desde hai varios anos mantendo, en esencia, as súas características básicas, o que contribuíu a crear un sistema de I+D+i estable e estruturado. Por ese motivo non é frecuente introducir cambios notables dunha a outra convocatoria sen realizar os estudos previos necesarios para garantir a mellor consecución dos fins previstos. Porén, agora considérase conveniente introducir algunhas novidades no baremo, na epígrafe da actividade investigadora dos grupos, para unha mellor adaptación dos items avaliables ao contexto do tecido investigador da nosa comunidade autónoma. En concreto, a nova formulación do baremo reflicte unha mellor adaptación, logo da experiencia acadada, ao perfil estratéxico de actividade científica que adoptan os grupos segundo a súa actividade investigadora. Tamén recolle a incidencia da excelencia que os programas de axudas europeas do European Research Council (ERC) están a xerar en Galicia.

Complementariamente, e logo da experiencia da convocatoria do ano 2019, mantense o criterio xa consolidado, polo que cada grupo que presenten as entidades terá que optar por unha única das modalidades e non poderá presentarse en ambas simultaneamente. O obxecto desta medida amosouse eficaz para posicionar cada grupo no seu ámbito de referencia próximo, competindo en concorrencia competitiva na categoría en que se adscribe.

En paralelo, o sistema debe atender as diferentes realidades de investigadores e investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Complementariamente, esta convocatoria quere contribuír a reducir o desequilibrio entre mulleres e homes dedicados á investigación no sistema galego de I+D+i, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre mulleres e homes que recolle o artigo 1 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Por iso, as axudas que se regulan nesta convocatoria terán en consideración o liderado das mulleres nas propostas presentadas.

Co fin de harmonizar o exercicio das competencias que en materia de I+D+i teñen atribuídas a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e na procura de sinerxías, e tras o camiño iniciado na convocatoria do ano 2016, considérase de interese continuar coa realización de convocatorias conxuntas que axuden a consolidar un sistema de I+D+i suficientemente sólido como para garantir o desenvolvemento social e a competitividade económica.

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria establecen as bases para o Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación nas modalidades de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento e proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, e convocan estas axudas para o exercicio 2020.

En consecuencia, e no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

– Modalidade A: grupos de referencia competitiva, procedementos ED431C e IN607A (as condicións particulares detállanse no anexo I).

– Modalidade B: grupos con potencial de crecemento, procedementos ED431B e IN607B (as condicións particulares detállanse no anexo II).

– Modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, procedementos ED431F e IND607D (as condicións detállanse no anexo III).

Artigo 2. Definicións

Para os efectos desta convocatoria terá a consideración de:

a) Investigador/a.

1) No caso das universidades do SUG, aquela persoa que teña título de doutor/a, que forme parte dun grupo de investigación no Rexistro da universidade correspondente do SUG e que teña algunha das seguintes categorías profesionais:

– Catedrático/a ou profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria.

– Profesor/a contratado/a doutor/a ou profesor/a axudante doutor/a.

– Profesor/a asociado/a de Ciencias da Saúde (PACS).

– Profesores/as eméritos/as.

– Persoal contratado nos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, posdoutorais Mineco, posdoutorais da Xunta de Galicia (agás aqueles que están na súa fase de estadía no estranxeiro), Oportunius da Xunta de Galicia (persoal investigador baixo a modalidade de investigador/a distinguido/a contratado/a pola Gain ao abeiro do Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de investigador/a distinguido/a), Marie Curie (neste último caso, sempre que teña adscrición a unha universidade do SUG durante toda a vixencia da axuda), Intalent ou no Programa de captación de talento investigador de excelencia da UVigo.

– Persoal interino, sempre e cando ocupe unha praza das definidas nos parágrafos anteriores.

2) Para as restantes entidades solicitantes, aquela persoa que forme parte dun grupo de investigación recoñecido como tal pola entidade solicitante e que se englobe nalgunha das seguintes categorías:

– Persoal investigador doutor con vinculación funcionarial, estatutaria ou laboral do grupo A1 ou I á entidade solicitante ou a algunha das entidades que xestionen a súa investigación a través das fundacións sanitarias de Galicia.

– Profesores/as eméritos/as.

– Persoal contratado nos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, posdoutorais Mineco, posdoutorais da Xunta de Galicia (agás aqueles que están na súa fase de estadía no estranxeiro), Miguel Servet, Sara Borrell ou Marie Curie (neste último caso, sempre que teña adscrición á entidade solicitante durante toda a vixencia da axuda) na entidade solicitante ou nalgunha das entidades que xestionen a súa investigación a través das fundacións sanitarias de Galicia.

En ningún caso terán consideración de investigadores/as, para os efectos desta convocatoria, os/as profesores/as visitantes, o resto dos/das profesores/as asociados/as, os/as profesores/as colaboradores, os/as contratados/as con cargo a proxecto e os/as lectores/as, así como aqueloutras categorías que non fosen explicitamente recollidas neste artigo.

b) Ingresos de I+D:

1) Unicamente os correspondentes a proxectos de I+D financiados por convocatorias públicas das administracións estatais, europeas ou doutras fontes, e os correspondentes a contratos e convenios de I+D ou de servizos de innovación, licenzas de patentes, de software e variedades vexetais, así como os premios de investigación e as doazóns dedicadas a I+D.

2) Non se terán en conta:

– As axudas para infraestruturas.

– As bolsas e axudas a accións de divulgación e produción científica.

– As axudas correspondentes a programas de recursos humanos.

– Os ingresos por ensaios clínicos.

– As axudas procedentes dos programas de consolidación de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, redes, proxectos de excelencia, así como as procedentes do convenio para potenciar grupos de investigación do Sistema universitario de Galicia de 2018.

– As axudas de financiamento supragrupal de agrupacións estratéxicas, agrupacións estratéxicas consolidadas e centros de investigación dos programas autonómicos.

– As axudas dos programas estatais María de Maeztu e Severo Ochoa.

Artigo 3. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B e C as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no artigo 4 e no número 2 dos anexos I, II e III (segundo cada caso).

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Artigo 4. Requisitos

Cada un dos grupos de referencia competitiva ou de potencial crecemento que as entidades presenten a esta convocatoria deberá cumprir os requisitos sinalados no número 2 do anexo correspondente á modalidade en que concorra.

Para o cumprimento dos requisitos tomarase en consideración o seguinte:

1. A certificación de ingresos de I+D será a referida ao período do 1 de xaneiro de 2017 ao 31 de decembro de 2019 e unicamente poderán contabilizarse aqueles que se produzan na entidade que presenta a solicitude ou naqueles entes en que a entidade teña unha participación superior ao 50 %, quedando excluídos ingresos que fosen asentados noutras entidades.

Para computar estes ingresos terase en conta o criterio de ingreso e non o de concesión ou sinatura, isto é, compútanse os ingresos obtidos desde o 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro de 2019, con independencia de que os proxectos, contratos ou convenios fosen anteriores a esa data. Polo mesmo criterio, non se computarán os ingresos que se produzan máis aló do 31 de decembro de 2019, aínda que correspondan a axudas concedidas no período exixido.

2. Para a certificación dos ingresos de I+D e dos méritos sinalados no número 2 dos anexos I e II teranse en conta as seguintes situacións:

a) Se un/unha investigador/a abandonou o grupo durante o período de cómputo, o grupo computará os méritos e ingresos durante o período en que esa persoa estivo nel.

b) Se un/unha investigador/a se integrou no grupo durante o período de cómputo, o grupo poderá computar os méritos e ingresos unicamente desde que esa persoa causou alta nel.

c) Se un grupo incorpora un/unha investigador/a entre o 31 de decembro de 2019 e a data de publicación da convocatoria, esa persoa pode contar para os efectos dos mínimos de composición, pero non poderá achegar méritos ao grupo.

d) Nos casos excepcionais de grupos que se creasen ex novo entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2019, poderanse computar como ingresos e méritos aqueles que os/as investigadores/as que integran o novo grupo tivesen no período, con independencia de onde se contabilizasen e/ou producisen, incluídos aqueles que procedan de fóra do Sistema galego de I+D.

e) No caso de fusión de dous grupos no período entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2019, o novo grupo resultante poderá integrar os méritos e ingresos de I+D do persoal investigador que o conforme, no período de cómputo entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2019.

Artigo 5. Conceptos subvencionables

Os importes das axudas irán destinados a financiar os seguintes conceptos, sempre que se relacionen coa actividade de consolidación:

1. Custo de contratación de persoal investigador ou auxiliar de investigación. Inclúese o custo de persoal dedicado de xeito específico ás funcións de xestión do grupo, así como o cofinanciamento das persoas contratadas ao abeiro de convocatorias competitivas dos programas estatais de recursos humanos.

2. Pequeno equipamento inventariable e material funxible.

3. Material bibliográfico, cotas de coloquios e congresos e adhesión a sociedades científicas. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo.

4. Formación do persoal do grupo ou do persoal adscrito ao proxecto relacionada coa actividade obxecto da axuda mediante estadías curtas cunha duración mínima de quince días e máxima de tres meses. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo.

5. Viaxes e axudas de custo de membros do grupo ou do persoal adscrito ao proxecto para a actividade obxecto da axuda, sempre que a contía non exceda o 20 % dos gastos totais da axuda debidamente xustificada anualmente. Non se considerará nesta epígrafe o persoal colaborador externo do grupo.

6. Investigadores/as visitantes.

7. Organización de actividades de difusión, así como presenza en medios de comunicación.

8. Ferramentas de xestión do coñecemento e da información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, etc.

9. Publicación dos resultados da investigación en aberto (sempre e cando sexan como consecuencia da actividade do grupo). Non son de aplicación nesta epígrafe os gastos de autoedición ou similares.

10. Consultoría e asesoramento externo para deseñar e aplicar a estrutura e a estratexia do grupo, así como contratación de servizos externos entendidos como actividades prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes para a execución das actividades investigadoras propias dos grupos e proxectos.

11. Gastos derivados da elaboración dun informe de auditoría por cada grupo ou proxecto que obteña financiamento.

12. Custos indirectos que se calcularán, sen necesidade de achegar xustificantes de gasto, mediante a aplicación dunha porcentaxe de ata o 20 % sobre os gastos totais da actuación validamente xustificados. Desa porcentaxe e unicamente para o SUG, 5 puntos destinaranse a financiar as subscricións de cada entidade beneficiaria ás publicacións electrónicas.

A Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain poderán ditar instrucións específicas para unha mellor definición dos conceptos subvencionables, así como da súa xustificación económica.

Para a xustificación da primeira anualidade da axuda admitiranse gastos e pagamentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2020.

As entidades beneficiarias deberán someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Artigo 6. Formalización e presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED431C (anexo VI) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, ED431B (anexo VII) para grupos con potencial de crecemento, ED431F (anexo VIII) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, ou IN607A (anexo VI bis) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, IN607B (anexo VII bis) para grupos con potencial de crecemento e IN607D (anexo VIII bis) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas polas demais entidades solicitantes, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

2. Cada grupo de investigación unicamente poderá ser presentado como candidato por unha entidade e a unha das modalidades descritas, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar (ademais da que se especifica en cada anexo para cada modalidade de axuda) a seguinte documentación:

– Certificados emitidos pola entidade a que pertence o grupo ou persoal investigador, que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos nos anexos I, II e III desta orde, correspondente á modalidade de axuda solicitada. Unha vez superado o proceso de selección, a Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain poderán requirir os comprobantes dos méritos certificados das solicitudes seleccionadas. En caso de detectarse falsidade nalgún mérito, o órgano instrutor correspondente adoptará as oportunas medidas legais. A referencia dos contidos mínimos obrigatorios destes certificados están nos enderezos web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal

– De ser o caso, certificación asinada pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida pola lexislación para a investigación con animais.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento á Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os ditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Instrución do procedemento

A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle á Secretaría Xeral de Universidades para as solicitudes presentadas por unha universidade do SUG e á Gain para as restantes solicitudes. Para este fin, comprobarán que todas as solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán as listas de solicitudes admitidas e excluídas sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal (na parte da Secretaría Xeral de Universidades) e http://gain.xunta.gal

Estas listas estarán expostas por un período de dez (10) días naturais e durante este prazo as entidades solicitantes poderán formular reclamacións para emendaren erros e falta de documentos das persoas interesadas, ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou ante a Dirección da Gain, nos demais casos, para o cal presentarán a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas da exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición, nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do disposto no punto anterior, poderase requirir a entidade solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución dos procedementos.

Unha vez transcorrido o prazo para as emendas ou alegacións, as persoas titulares da Secretaría Xeral de Universidades e da dirección da Gain ditarán unha resolución pola cal se aproban as listas definitivas das solicitudes admitidas e excluídas, que se publicará na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no caso de solicitudes do SUG, ou ante a Presidencia da Gain, nos demais casos, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Non axustarse aos termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos establecidos nela, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada, con independencia de que se poida acordar outro tipo de actuacións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 11. Avaliación e selección

A selección das propostas destinatarias das axudas realizarase a partir da suma das valoracións feitas por un panel de avaliadores externos e pola comisión de selección.

O panel de avaliadores/as externos/as poderá asignar ata un máximo de 95 puntos a cada solicitude e a comisión de selección poderá asignar ata un máximo de 5 puntos a cada solicitude. O proceso de avaliación externa realizarase na Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O panel de avaliadores/as estará formado por persoas expertas de fóra do Sistema galego de I+D+i propostas e aprobadas pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), que cubrirán as diferentes ramas de coñecemento das cinco (5) recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura). A valoración das solicitudes presentadas referirase á produción e calidade científica e á idoneidade da programación proposta de acordo cos obxectivos de cada unha das modalidades da convocatoria.

Os criterios de avaliación das solicitudes presentadas aparecen recollidos nos anexos IV e V desta orde. Para garantir que as propostas financiadas teñan un nivel de calidade suficiente, só poderán recibir as axudas establecidas nesta convocatoria aquelas solicitudes que obteñan unha puntuación total igual ou superior a 60 puntos dos que pode outorgar o panel de avaliadores externos e que, de ser o caso, teñan recoñecida unha avaliación positiva final do desempeño da axuda en anteriores convocatorias ás cales se presentasen, de acordo coa normativa específica establecida para cada unha delas.

A comisión de selección estará constituída por oito membros:

– O/a subdirector/a xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria da Secretaría Xeral de Universidades ou persoa en quen delegue, ou o/a director/a da Área de Xestión da Gain ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a da comisión.

Serán vogais da comisión:

– O/a subdirector/a xeral de Universidades da Secretaría Xeral de Universidades, ou persoa en quen delegue.

– Un/unha director/a de área da Gain ou persoa en quen delegue.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades.

– Tres persoas de recoñecido prestixio nas principais áreas de coñecemento das solicitudes presentadas a esta convocatoria, nomeadas polo/a presidente/a da comisión de selección.

– Un/unha xefe/a de servizo da Secretaría Xeral de Universidades, que actuará como secretario/a da comisión.

Esta comisión poderá conceder ata 5 puntos a cada solicitude, tendo en conta os criterios que para tal efecto se sinalan en cada modalidade no anexo que contén o baremo correspondente.

A comisión de selección, sen prexuízo do disposto no artigo 19 desta convocatoria, elaborará para os órganos instrutores un informe que inclúa o informe de avaliación do panel de avaliadores externos, as puntuacións outorgadas pola comisión de selección (de ser o caso) e unha prelación das solicitudes ordenadas por puntuación.

En función deste informe, os órganos instrutores elaborarán a proposta de resolución por orde decrecente de puntuación ata que se produza algunha das seguintes circunstancias:

a) Que non haxa crédito suficiente para financiar a seguinte solicitude na prelación elaborada, ben porque se esgotou o crédito previsto nas bases, ben porque o remanente de crédito sexa insuficiente para o seu financiamento.

b) Que a puntuación da solicitude que corresponde financiar non acade o valor mínimo de 60 puntos outorgados polo panel de avaliadores externos.

Artigo 12. Resolución

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e á persoa titular da Presidencia da Gain. Os órganos instrutores elevarán a proposta de resolución, que incluirá, para cada entidade beneficiaria, a relación de solicitudes seleccionadas co importe da axuda concedida. Con cargo aos créditos da Secretaría Xeral de Universidades financiaranse as axudas correspondentes ás universidades do SUG, e a Gain asumirá o financiamento das restantes entidades.

A resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://edu.xunta.gal) e da Gain (http://gain.xunta.gal), pola cal se entenderán notificadas para todos os efectos as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada pola entidade beneficiaria no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, coas condicións específicas que recolle esta orde e coa aceptación expresa (de ser o caso e en función de cada unha das modalidades) dos indicadores de avaliación propostos na memoria descritiva e aqueloutras que se poidan incluír na resolución.

Todas as solicitudes serán resoltas no prazo máximo de cinco (5) meses, contados desde a publicación da orde de convocatoria. A non resolución en prazo faculta as persoas interesadas para entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

A resolución expresa ou presunta que poña fin á vía administrativa poderá ser impugnada polas persoas interesadas mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no caso de solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Gain, nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 13. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Libramento da subvención

En todas as modalidades de axuda, a subvención será librada á entidade beneficiaria á cal pertenza o grupo ou o persoal investigador, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita, na data límite do 20 de novembro no caso das universidades do SUG, e do 30 de novembro no caso do resto das entidades, do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, a seguinte documentación:

1. Xustificación da realización do gasto e do pagamento:

a) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida, no caso das entidades beneficiarias ás cales lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, acompañada dunha memoria explicativa do logro dos obxectivos de consolidación e estruturación do grupo ou proxecto. Esta memoria explicativa irá asinada pola persoa coordinadora do grupo de investigación ou proxecto.

b) Conta xustificativa con entrega de informe de auditoría, de acordo co establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso das entidades beneficiarias ás cales non lles sexa de aplicación o artigo 27 da Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. A conta xustificativa terá o seguinte contido:

– Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo 48.1 do citado regulamento.

– Memoria económica, que conterá unha relación detallada dos gastos en que se incorreu na realización das actividades subvencionadas, debidamente agrupados por conceptos de gasto con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

2. Informe de auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que se deberá manifestar sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/as auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

3. Certificación das variacións na composición do grupo ou equipo do proxecto durante a anualidade que se xustifica.

4. No suposto de que a entidade solicitante se opoña a consulta por parte do órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de se encontrar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

5. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Poderán realizarse pagamentos anticipados que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 50 % da subvención concedida para cada anualidade. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, logo de solicitude debidamente xustificada da entidade beneficiaria, que se deberá realizar nos tres meses seguintes á concesión da axuda na primeira anualidade e nos tres primeiros meses do ano para as seguintes anualidades.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final que, xunto cos pagamentos anticipados, en ningún caso poderán superar o 100 % da axuda concedida.

Nos proxectos plurianuais, enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobramento desta anualidade. No caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas e Seguridade Social dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Artigo 15. Modificación da resolución de concesión de axudas

Poderase modificar a resolución de concesión da axuda, tal como se especifica no artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, pola obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais. Por iso, cando a entidade beneficiaria reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (de ser o caso).

Artigo 16. Réxime de compatibilidade

As axudas concedidas serán compatibles con outras axudas ou subvencións, de acordo co establecido na normativa aplicable, coas excepcións que se indican a continuación:

a) Cando o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concordancia con outras, supere o custo da actividade subvencionada. Por iso, cando a entidade beneficiaria ou o grupo de investigación reciba outros fondos cos mesmos obxectivos que os establecidos nesta convocatoria, deberá poñelo en coñecemento da entidade financiadora (Secretaría Xeral de Universidades ou Gain).

b) Cando o grupo teña concedida outra axuda da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou da Gain para a mesma actividade. Un mesmo grupo non poderá recibir simultaneamente axudas das modalidades de grupos de referencia competitiva e de grupos con potencial de crecemento.

Artigo 17. Incumprimento, renuncias, reintegros e sancións

O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ás entidades beneficiarias, grupos de investigación e aos/ás directores/as de proxecto destinatarios/as das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de que a entidade beneficiaria, o grupo de investigación ou o/a director/a de proxecto renuncie ás axudas unha vez percibidas, procederase consonte o establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Control

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Gain poderán levar a cabo as actividades de inspección que consideren oportunas para controlar o cumprimento das subvencións. En particular, poderán someter a todas as entidades beneficiarias, grupos de investigación e directores/as de proxectos destinatarios/as das axudas desta convocatoria a procesos de avaliación de acordo coas condicións que se establecen en cada un dos anexos.

Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas, do Consello de Contas e doutros organismos autonómicos, estatais e europeos con funcións de control.

Artigo 19. Dotación orzamentaria

Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a súa eficacia queda condicionada a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2020, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente.

As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Gain, coa seguinte desagregación:

Modalidade

Entidade beneficiaria

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

Total

Mod. a) GRC

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

1.750.000,00

1.750.000,00

1.750.000,00

1.750.000,00

7.000.000,00

Mod. a) GRC

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

100.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

400.000,00

09.A3.561A.703.0

180.000,00

180.000,00

180.000,00

180.000,00

720.000,00

Total

280.000,00

280.000,00

280.000,00

280.000,00

1.120.000,00

Mod. b) GPC

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

1.000.000,00

1.750.000,00

1.750.000,00

4.500.000,00

Mod. b) GPC

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

60.000,00

105.000,00

105.000,00

270.000,00

09.A3.561A.703.0

80.000,00

140.000,00

140.000,00

360.000,00

Total

140.000,00

245.000,00

245.000,00

630.000,00

Mod. c) proxectos de excelencia

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

260.000,00

275.000,00

275.000,00

275.000,00

125.000,00

1.210.000,00

Mod. c) proxectos de excelencia

Outras entidades

09.A3.561A.781.0

60.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

460.000,00

Total universidades do SUG

3.010.000,00

3.775.000,00

3.775.000,00

2.025.000,00

125.000,00

12.710.000,00

Total outras entidades

09.A3.561A.781.0

220.000,00

305.000,00

305.000,00

200.000,00

100.000,00

1.130.000,00

09.A3.561A.703.0

260.000,00

320.000,00

320.000,00

180.000,00

0,00

1.080.000,00

Total

480.000,00

625.000,00

625.000,00

380.000,00

100.000,00

2.210.000,00

Total convocatoria

3.490.000,00

4.400.000,00

4.400.000,00

2.405.000,00

225.000,00

14.920.000,00

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG, as cales se imputarán ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2020, agás as anualidades de 2021, 2022, 2023 e 2024, que se integrarán no novo plan de financiamento.

Os créditos poderán ser redistribuídos por cada unha das entidades financiadoras entre as diferentes modalidades e anualidades cando o volume de solicitudes presentadas e avaliadas favorablemente así o requira.

Respecto aos créditos da Gain, unha vez valoradas as solicitudes e feita a proposta de resolución de concesión das axudas, adecuaranse os conceptos orzamentarios atendendo á natureza xurídica das posibles entidades beneficiarias, tendo en conta a vinculación de créditos que, conforme a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, rexe para as axencias, sen incrementar a distribución global prevista na convocatoria.

De acordo co disposto no artigo 2.1.1 da Comunicación da Comisión sobre o Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación, desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01), publicado no Diario Oficial de la Unión Europea C 198, do 27 de xuño de 2014, non se aplicará o disposto no artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas previstas nesta orde, que se outorgarán a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos.

Cando o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderá quedar excluído na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias; é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento, ou sexa necesaria para o funcionamento do organismo de investigación, ou estea estreitamente vinculada ao seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado.

Considerarase que isto se produce cando as actividades económicas consomen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas, e a capacidade asignada cada ano a estas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (códigos de procedemento ED431C, ED431B e ED431F) e Gain (códigos de procedemento IN607A, IN607B e IN607D), coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha dos procedementos incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas e esta circunstancia reflectirase no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida aos procedementos, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados, conforme o descrito nesta norma reguladora, a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www. xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición derradeira primeira. Remisión normativa

A presente orde sométese ao réxime de axudas públicas establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve.

Disposición derradeira segunda. Recursos

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou a persoa titular da Presidencia da Gain, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria e presidente da Axencia
Galega de Innovación

ANEXO I

Modalidade A. Grupos de referencia competitiva

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

2. Requisitos.

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

a) Ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos cinco (5) investigadores/as. Cada investigador/a unicamente poderá formar parte da composición dun grupo no ámbito desta convocatoria.

b) Cumprir, como mínimo, un dos seguintes requisitos:

b.1) Ter polo menos tres (3) proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 € cada un, ou ter polo menos un (1) proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000 €, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2019.

b.2) Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000 € (ou superior a 80.000 € cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2019.

b.3) Para as solicitudes do SUG: ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG na convocatoria do ano 2016.

b.4) Para as solicitudes alleas ao SUG: ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados no programa Feder-Interconecta, Conecta-Peme ou noutras actividades financiadas pola Gain entre os anos 2016 e 2019, ou ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas na convocatoria do ano 2016.

c) Cumprir, polo menos, dous dos seguintes criterios de produción científica no período do 1 de xaneiro de 2017 ao 31 de decembro de 2019:

c.1) Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos dez (10) publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

c.2) Libros publicados: polo menos tres (3) (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de tres (3) autores/as).

c.3) Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos tres (3) teses para os grupos do SUG e polo menos dúas (2) para o resto de entidades alleas ao SUG.

c.4) Patentes en explotación en que a entidade solicitante sexa titular: polo menos unha (1) patente (ou catro (4) rexistros de propiedade intelectual de software ou catro (4) rexistros de variedades vexetais).

c.5) Acordos de explotación ou empresas (EBT) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos un (1) acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2017, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

c.6) Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos un (1) liderado de proxecto.

3. Contía e duración.

As axudas terán unha duración máxima de catro anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por unha contía estrutural máis outra variable asociada á evolución na xeración de recursos por parte do grupo como un indicador xenérico da súa competencia e capacidade de consolidación, e distribuirase por anualidades de acordo cos seguintes módulos:

1. Módulo estrutural anual: composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 €, tendo en conta os ingresos medios do grupo, co obxectivo de axustar o orzamento ás posibilidades reais de execución anuais en función do número de solicitudes avaliadas positivamente e dos recursos dispoñibles.

2. Módulo variable anual, acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro de 2019, segundo os seguintes tramos:

– Ingresos medios de 150.000 a 300.000 €: ata 20.000 € anuais.

– Ingresos medios de 300.001 a 400.000 €: ata 30.000 € anuais.

– Ingresos medios superiores a 400.000 €: ata 50.000 € anuais.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1. Certificado da composición do grupo emitido pola entidade solicitante, a que se indique o código e/ou denominación do grupo. A composición certificada será a completa do grupo na data de publicación desta orde de convocatoria. Nesta certificación e para os grupos do SUG farase constar, de xeito específico, os membros do grupo que pertencen a campus periféricos e, no caso de entidades alleas ao SUG, o persoal investigador de centros periféricos da entidade solicitante localizados nas provincias de Lugo ou Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

2. Certificado de ingresos de I+D competitivos, computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, expedido pola entidade solicitante.

3. Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda. O formato obrigatorio desta memoria está no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinada polo coordinador ou coordinadora do grupo de investigación.

5. Control.

Ao remate de 2021 realizarase unha avaliación parcial do cumprimento dos obxectivos de consolidación que foron recollidos na resolución individual de concesión. Ademais, realizarase unha avaliación final ao remate da última anualidade. Nestas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores seleccionados polo grupo na memoria descritiva da solicitude. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Aqueles grupos que non obteñan unha cualificación final favorable non poderán presentar solicitude de axudas deste programa, en ningunha das súas modalidades, durante un período de dous anos.

ANEXO II

Modalidade B. Grupos con potencial de crecemento (GPC)

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D, amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do Sistema galego de I+D+i.

2. Requisitos.

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

a) Ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos tres (3) investigadores/as. Cada investigador/a unicamente poderá formar parte da composición dun grupo no ámbito desta convocatoria.

b) Cumprir, como mínimo, catro dos seguintes requisitos de actividade no período do 1 de xaneiro de 2017 ao 31 de decembro de 2019:

b.1) Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D: superiores a 80.000 € (ou superior a 40.000 € cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas).

b.2) Proxectos competitivos activos no período: polo menos dous (2) proxectos de importe superior a 15.000 € cada un ou polo menos un (1) proxecto de importe superior a 50.000 €.

b.3) Contratos ou convenios con empresas ou institucións: polo menos dous (2) contratos ou convenios, de importe superior a 15.000 € cada un.

b.4) Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos tres (3) publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

b.5) Libros publicados: polo menos dous (2) (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de tres (3) autores/as).

b.6) Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos dúas (2) teses para os grupos do SUG e polo menos unha (1) para o resto de entidades alleas ao SUG.

b.7) Patentes en explotación en que a entidade solicitante sexa titular: polo menos unha (1) patente (ou dous (2) rexistros de propiedade intelectual de software ou dous (2) rexistros de variedades vexetais).

b.8) Empresas creadas a partir de resultados de investigación do grupo: polo menos unha (1) empresa. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2017, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

b.9) Participación, como socio/a ou líder, en proxectos de programa marco da UE: polo menos unha (1) participación.

b.10) Para as solicitudes do SUG: ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva da convocatoria do ano 2016 ou grupos con potencial de crecemento na convocatoria do ano 2017 do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG.

b.11) Para as solicitudes alleas ao SUG: ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados no programa Feder-Interconecta, Conecta-Peme ou noutras actividades financiadas pola Gain entre os anos 2016 e 2019, ou ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva da convocatoria do ano 2016 ou grupos con potencial de crecemento na convocatoria do ano 2017 do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas.

3. Contía e duración.

As axudas serán de aplicación por un período de tres (3) anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 20.000 € na primeira e de 35.000 € na segunda e terceira.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1. Certificado da composición do grupo emitido pola entidade solicitante, en que se indique o código e/ou denominación do grupo. A composición certificada será a completa do grupo na data de publicación desta orde de convocatoria. Nesta certificación e para os grupos do SUG farase constar, de xeito específico, os membros do grupo que pertencen a campus periféricos e, no caso de entidades alleas ao SUG, o persoal investigador de centros periféricos da entidade solicitante localizados nas provincias de Lugo ou Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

2. Certificado de ingresos de I+D competitivos obtidos polo grupo de investigación computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, expedido pola entidade solicitante.

3. Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda. O formato obrigatorio desta memoria atópase no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinada polo coordinador ou coordinadora do grupo de investigación.

5. Control.

Ao remate de 2021 realizarase unha avaliación parcial do cumprimento dos obxectivos de consolidación que foron recollidos na resolución individual de concesión. Ademais, realizarase unha avaliación final ao remate da última anualidade. Nestas avaliacións teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores seleccionados polo grupo na memoria descritiva da solicitude. De non superar estas avaliacións, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Aqueles grupos que non obteñan unha cualificación final favorable non poderán presentar solicitude de axudas deste programa, en ningunha das súas modalidades, durante un período de dous anos.

ANEXO III

Modalidade C. Proxectos de excelencia

1. Obxecto da axuda.

Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades:

1. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

2. Requisitos.

As entidades beneficiarias descritas no artigo 3 da convocatoria poderán, para cada solicitude, presentar como persoas candidatas aqueles investigadores/as que cumpran os seguintes requisitos, segundo as liñas de reforzo a que opten:

1. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: persoal investigador con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC, remate o desfrute desa axuda no ano 2019 ou 2020.

A axuda unicamente estará vixente sempre e cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, e non se poderá transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal das convocatorias dos anos 2015, 2016, 2017, 2018 que tomasen posesión efectiva da súa praza nesa categoría nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 antes da publicación desta convocatoria e ao cal non se lle concedeu unha axuda nas convocatorias dos anos 2016, 2017 e 2018.

Para as solicitudes alleas ao SUG, a liña de reforzo de traxectorias emerxentes estenderase ao persoal investigador adscrito ao programa Miguel Servet que tomase posesión efectiva da súa praza, nesa categoría, nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 alleas ao SUG, e antes da publicación desta convocatoria.

Os proxectos unicamente poderán ter unha duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato ao investigador ou investigadora e sempre e cando permaneza no programa Ramón y Cajal ou Miguel Servet e na entidade beneficiaria pola que opte, e non se poderá transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

En ambas as liñas, o persoal investigador que lidere estes proxectos non poderá ter unha axuda activa, como investigador ou investigadora principal nesta modalidade en anos anteriores, ou dos programas de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento ou do ERC, ou ben solicitala ao abeiro desta convocatoria; se durante o prazo de vixencia o investigador ou investigadora principal obtén unha axuda de GRC, GPC ou do ERC, deberá renunciar á axuda concedida ao abeiro desta orde.

En ambas as liñas, a persoa investigadora responsable do proxecto deberá contar cun equipo mínimo de investigación formado por un mínimo de dúas (2) persoas (sen contar o investigador ou investigadora principal), que deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) As tres (3) persoas que formen o equipo mínimo deben prestar servizos na mesma entidade beneficiaria durante a vixencia do proxecto.

b) Só un (1) de todos os/as membros do equipo poderá ter categoría de profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria, investigador/a científico de organismos públicos de investigación ou científicos/as titulares de organismos públicos de investigación. Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático/a ou profesor/a de investigación de organismos públicos de investigación.

c) Para as solicitudes do SUG, os/as estudantes predoutorais poderán ser membros do equipo, sempre que exista unha vinculación cunha universidade do SUG mediante contrato ou matrícula. No caso das entidades solicitantes alleas ao SUG, a vinculación será mediante contrato coa entidade solicitante.

3. Contía e duración.

1. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento anual á institución a que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €.

2. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento anual á institución a que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2020 e de 25.000 € para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024.

O persoal investigador que iniciou o contrato Ramón y Cajal no período comprendido entre o 1.1.2018 e o 30.1.2019, e non estea xa desfrutando da axuda, recibirá un complemento de 25.000 €, que se percibirá na anualidade 2020.

3. Para que se poidan atender gastos nunha anualidade é necesario que a persoa investigadora que lidera o proxecto manteña a vinculación laboral durante un mínimo de catro (4) meses nese ano.

4. Documentación complementaria.

Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:

1. Certificado emitido pola entidade solicitante en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 2 deste anexo, indicando a composición do equipo coas categorías contractuais e profesionais de cada un dos/das seus/súas membros.

2. Memoria descritiva do proxecto de investigación. O formato obrigatorio desta memoria está no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinado polo investigador ou investigadora principal do proxecto.

5. Control.

Ao remate da axuda realizarase unha avaliación final do cumprimento do proxecto de investigación financiado. Nesta avaliación terase en conta a coherencia da traxectoria de execución con respecto á memoria presentada, a calidade do traballo realizado e a súa repercusión no ámbito científico. De non superar esta avaliación, aplicarase o establecido no artigo 17 desta orde. Complementariamente, e tamén no caso de non superar esta avaliación, as persoas que teñen a condición de investigador ou investigadora principal do proxecto non poderán formar parte do equipo mínimo de grupos de investigación en convocatorias análogas de consolidación e estruturación de grupos de investigación durante un período de dous anos desde o remate do proxecto.

ANEXO IV

Criterios de avaliación modalidades A e B

Criterios

Puntuación máxima

A) Estrutura/organización de investigación: tamaño do grupo, mecanismos de xestión e organización e infraestruturas. Ata un total de 5 puntos.

Composición, estrutura, interdisciplinariedade e coherencia do grupo e da súa actividade.

4

Liderado feminino do grupo (coordinadora).

1

B) Actividade investigadora (no período 2017-2019): tomando en consideración o tamaño e a composición do grupo. Ata un total de 65 puntos.

Teses de doutoramento defendidas no período.

3

Contratados/as pre e posdoutorais, procedentes de convocatorias competitivas.

5

Proxectos de convocatorias de ámbito estatal.

6

Proxectos de convocatorias de ámbito internacional.

8

Contratos e convenios con empresas ou institucións.

6

Ingresos por contratos, convenios e convocatorias.

6

Publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science.

Libros e capítulos de libros publicados.

Publicacións de actas de congresos internacionais.

Resultados de creatividade artística (para grupos de Arquitectura e Belas Artes).

23

Participación como editor/a (xefe/a ou asociado/a) en comités editoriais de revistas científicas indexadas en SCOPUS/WoS.

2

Outros criterios, segundo o perfil do grupo: máximo 6 puntos.

– Ter integrado persoal investigador beneficiario directo dunha axuda do Consello Europeo de Investigación (ERC). Axuda activa no período.

– Patentes en explotación e rexistros de variedades vexetais.

– Empresas creadas a partir de resultados de investigación do grupo.

– Para as solicitudes das ramas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas ou de grupos que se consideren de investigación básica, unha puntuación adicional por produción científica de excelencia.

5 puntos

3 puntos

3 puntos

3 puntos

C) Estratexia do grupo de investigación. Ata un total de 25 puntos.

Calidade e viabilidade da proposta de desenvolvemento do grupo.

Estratexia de aplicabilidade dos resultados que alega o grupo.

25

D) Puntuación da comisión de selección. Ata 5 puntos.

No caso das universidades do SUG, participación no equipo de investigadores/as dos campus periféricos, isto é, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Para o resto de entidades alleas ao SUG, participación no equipo de investigadores/as dos centros periféricos das entidades solicitantes localizados nas provincias de Lugo ou Ourense, así como na comarca de Ferrolterra.

5

Puntuación total máxima

100

ANEXO V

Criterios de avaliación modalidade C

Criterios

Puntuación máxima

a) Calidade científico-técnica do proxecto. Ata un total de 35 puntos.

Relevancia e novidade científica dos obxectivos en relación co estado de coñecemento da área; viabilidade das hipóteses, adecuación da metodoloxía e técnicas instrumentais.

35

b) Viabilidade do proxecto. Ata un total de 20 puntos.

Deseño e plan de traballo da investigación; adecuación dos recursos humanos e materiais ao plan de traballo.

20

c) Capacidade científico-técnica do equipo de investigación para a realización do proxecto, contribucións recentes relacionadas co tema do proxecto e a traxectoria do investigador que solicita a axuda. Ata un total de 45 puntos. Teranse en conta só os méritos posteriores ao 1 de xaneiro de 2014.

c.1) Capacidade de formación de novos/as investigadores/as (teses de doutoramento dirixidas polos/as membros do equipo. Nº contratados/as pre e posdoutorais, procedentes de convocatorias competitivas).

5

c.2) Proxectos de convocatorias de ámbito autonómico, estatal e internacional.

12

c.3) Contratos e convenios con empresas ou institucións.

5

c.4) Produción científica (artigos e libros).

17

c.5) Patentes en explotación (*).

3

c.6) Empresas creadas a partir de resultados de investigación de persoas integrantes do equipo. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2014, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

2

c.7) Liderado feminino.

1

Puntuación total máxima.

100

(*) Dado que as solicitudes das ramas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas adoitan ter dificultades para obter puntos polo rexistro e explotación de patentes, os 3 puntos máximos deste criterio poderanse acumular ao máximo de 17 puntos que se conceden por produción científica,empre que cumpran altos niveis de excelencia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file