En cumprimento dos artigos 9.3 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procederase a dar publicidade á encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia, ordenada por Resolución do conselleiro de Sanidade, con data do 7 de febreiro de 2020, coas seguintes características:
1. A actividade obxecto da encomenda é realizar os traballos de apoio para a realización das probas selectivas correspondentes a diversas categorías de persoal a celebrar os días 8, 9 e 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020, en xornada de mañá e tarde, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na correspondente resolución, relativos ás obrigas da entidade encomendante, as directrices de execución e o cronograma das actividades a desenvolver.
As categorías convocadas son: persoal de servizos xerais, enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental, fisioterapeuta, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, médico/a de familia de atención primaria, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria
2. A Fundación Semana Verde de Galicia é unha fundación do sector público autonómico de acordo co artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na medida que o seu patrimonio fundacional, con carácter de permanencia, está formado en máis dun 50 % por bens e dereitos achegados ou cedidos pola Xunta de Galicia. De acordo co artigo 47 da citada Lei 16/2010, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Xunta de Galicia.
3. As probas selectivas a que se refiren as actividades encomendadas desenvolveranse os días 8, 9 e 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde